O Rexurdimento Galego: Contexto, Ideoloxía e Obra de Rosalía, Curros e Pondal
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 7,98 KB
Antecedentes do Rexurdimento Galego
- Período anterior: Os Séculos Escuros.
- O Rexurdimento comeza no Século XIX.
- Está vinculado co desenvolvemento da Ideoloxía Galeguista, que defende a cultura, a lingua e a literatura como piares da identidade galega.
- Representantes clave: Pondal, Rosalía de Castro e Curros Enríquez.
Contexto Histórico e Sociopolítico
Contexto Socioeconómico
- Sociedade predominantemente rural.
- Aumento da agricultura e da pesca, diminución da industria.
- Vías de comunicación desfasadas; o ferrocarril tardou en chegar.
- O Sistema Foral provocou unha forte emigración (estimada en 900.000 persoas).
- A poboación que volvía estaba envellecida e pobre, o que xerou escaseza de forza de traballo e un alto número de mulleres solteiras.
Evolución do Galeguismo
Provincialismo (1833)
Tras a morte de Fernando VII, constrúese un Estado Liberal cunha nova división territorial. Galicia divídese en catro provincias. O provincialismo reivindica a unidade das catro como unha entidade única, apoiándose en trazos comúns como o idioma e a cultura.Rexionalismo (1880)
Galicia comeza a considerarse unha rexión diferenciada con dereito a autonomía política e administrativa. O idioma é un aspecto clave. Existían dous sectores: liberais e conservadores. Líderes: Manuel Murguía e Alfredo Brañas.Nacionalismo (Século XX)
Desenvolveuse coas Irmandades da Fala e co Partido Galeguista.Axentes da Castelanización no Século XIX
Factores que contribuíron á expansión do castelán e á minorización do galego:
- Escola: O aumento das escolas, onde só se falaba castelán, converteuse nun dos principais focos de expansión.
- Administración: Reforzouse a administración, onde o uso do castelán era exclusivo.
- Prensa Escrita: Publicada sempre en castelán.
- Burguesía: Composta maioritariamente por burgueses de orixe foránea, que utilizaban o castelán.
- Emigración: Afectou en menor medida, pero a saída de galegos reduciu o número de falantes de galego na terra.
Aspectos da Situación Lingüística
- Aspectos Negativos:
- Diminución de falantes, lingua minorizada, prexuízos lingüísticos.
- Aspectos Positivos (Defensa):
- A lingua era maioritaria no ámbito popular, converteuse en lingua da literatura e da cultura grazas á defensa activa do idioma galego.
Rosalía de Castro: Obra e Compromiso
Cantares Gallegos (1863)
A súa publicación o 17 de maio marca o Día das Letras Galegas porque inaugurou a literatura galega contemporánea.
- Prólogo (Tres obxectivos):
- Reivindicar a lingua galega na escritura.
- Denunciar a marxinación de Galicia e a explotación das persoas galegas.
- Combater a imaxe negativa de Galicia e manifestar as dificultades de escribir sen unha lingua estandarizada.
- Estrutura (36 poemas):
- Poemas Inicial e Final: O primeiro, a voz poética pídelle á meniña gaiteira que cante en galego, e ela acepta e canta os Cantares Gallegos. O último é unha despedida, onde a meniña gaiteira escúsase por cantar con pouca graza toda a fermosura de Galiza.
- Temáticas:
- Temática Costumista: Reflicte a personalidade colectiva do pobo galego e recrea aspectos da vida cotiá tradicional.
- Temática Social: Denuncia a situación social que vivían os galegos nese tempo: pobreza, desprezos, etc.
- Temática Intimista: Vivencias e sentimentos persoais (ex: medo). Séntese unha persoa marcada pola soidade e a desgraza.
Follas Novas (1880)
Publicada en galego.
- Prólogo (en prosa): Explica que as publica obrigada por compromisos. O ton é pesimista.
- Temática: Combina poesía intimista con poesía social e reivindicativa. Mostra solidariedade co pobo galego, especialmente coas mulleres campesiñas.
- Estrutura (137 poemas):
- Poesía Intimista (Invadida polo pesimismo, reflicte sentimentos como a saudade e a perda da ilusión):
- Vaguedás (20 poemas)
- Do Íntimo (36 poemas)
- Varia (40 poemas)
- Poesía Social e Reivindicativa (Denuncia o atraso económico de Galicia e as inxustizas, centrándose nas mulleres campesiñas, polas que mostra admiración):
- Da Terra (9 poemas)
- As Viúvas dos Vivos e as Viúvas dos Mortos (31 poemas)
- Poesía Intimista (Invadida polo pesimismo, reflicte sentimentos como a saudade e a perda da ilusión):
- Exemplos de poemas: Unha vez tiven un cravo, Negra sombra, A xustiza pola man, Tecín soa a miña tea.
O Papel de Rosalía no Século XIX
Contexto da Muller e de Galicia
No Século XIX, o papel da muller era ser nai e coidar da familia, sen ter cultura nin educación. O galego era considerado unha lingua rústica, e Galicia significaba atraso e ignorancia. O pobo galego sufría abusos que xeraron problemas sociais e os leváronon a emigrar.A Figura de Rosalía
Rosalía non cumpría cos roles establecidos e fíxose escritora. Escribiu en galego, defendendo o idioma como unha lingua válida para a cultura e a literatura. Defende a cultura e a idiosincrasia de Galicia fronte á imaxe negativa da época. Denuncia as inxustizas contra o pobo galego, empatiza coas campesiñas e fai fincapé na emigración.Manuel Curros Enríquez: Poesía Cívica e Social
Curros Enríquez foi o máis novo dos autores e o que tivo maior popularidade en vida, debido á súa linguaxe sinxela e popular e á súa forte mensaxe de carácter cívico e social, que atendía á situación do momento.
Aires da Miña Terra (1880)
- Introdución: Xustifica o emprego do galego.
- Liñas Temáticas dos Poemas:
- Liña Social (Predominante): Denuncia a opresión e defende a liberdade, mostrando o seu ideario galeguista, progresista e democrático. Temas: tiranía, penosas condicións dos galegos, abusos de poder.
- Liña Intimista: Recolle momentos clave da súa vida e, en ocasións, unha visión angustiada da existencia. Temas: nacemento do fillo, morte da nai, soidade.
- Liña Costumista: Tres poemas longos que encabezan o libro e cos que gañou un certame: A Virxe do Cristal (o máis significativo), Unha voda en Einibó, O gaiteiro de Penalta.
- Encomenda Final: Deixa sentado o seu compromiso cívico.
O Divino Sainete (1888)
- Formato: Longo poema narrativo, escrito en tercetos octosilábicos, con carácter satírico-burlesco.
- Temática: Os personaxes viaxan nun tren por sete vagóns que simbolizan os sete pecados capitais.
- Obxectivos:
- Criticar a Igrexa Católica e as institucións do goberno.
- Defensa das principais figuras do Rexurdimento.
- Sátira de inimigos persoais, como o Bispo de Ourense ou Pardo Bazán.