O Rexurdimento Galego: Contexto Histórico, Literario e Lingüístico

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,05 KB

1. A Situación de Galicia e do Galego

  • A sociedade segue marcada pola pobreza (moita emigración, principalmente a América). O galego segue desprestixiado: continúa a diglosia.
  • Nace o galeguismo (provincialismo, rexionalismo) que pide autogoberno para saír do atraso. Gran defensa do galego como sinal de identidade.

2. A Situación da Literatura: O Rexurdimento

Prodúcese o Rexurdimento: movemento de recuperación da lingua galega escrita no século XIX.

Características do Rexurdimento

  • Literatura comprometida co País (aborda os problemas dos galegos e emprega o galego).
  • É predominantemente poética (sen normas era máis fácil de escribir e de publicar).
  • Presenza de vulgarismos, castelanismos e dialectalismos (debido á ausencia de gramática normativa).

Causas e Motivacións

  • O galego era a lingua maioritaria.
  • Os ilustrados defenderon a lingua.
  • Os galeguistas empregan o galego porque é o noso sinal de identidade.
  • O galego é empregado para convencer os galegos de que participen nos feitos da época.

Influencias Estéticas

  • Romanticismo: defensa dos marxinados.
  • Realismo: arte útil para cambiar a realidade. Os poemas teñen que servir para cambiar a sociedade.

Etapas do Rexurdimento

  • Primeiro terzo: Textos illados que defenden ou denuncian causas da época.
  • Segundo terzo: Primeiros libros con forte compromiso galego. O primeiro libro foi A Gaita Gallega.
  • Terceiro terzo (Pleno Rexurdimento): Libros plenamente en galego. Marco: 17 de maio de 1863, coa publicación de Cantares Galegos de Rosalía de Castro.

3. Análise do Poema "A Galicia"

Autor: Xoán Manuel Pintos, tamén autor de A Gaita Gallega (obra bilingüe).

Características e Interpretación

  • Estilo: Literatura comprometida co País e realista.
  • Intención: Defender e denunciar a situación galega.
  • Xénero: Soneto.
  • Falante: O gaiteiro, que sente pena por Galicia.
  • Tema: O maltrato que recibe Galicia.
  • Recursos estilísticos:
    • Galicia é a oínte: personificación.
    • "Galicia boi de palla": metáfora (os galegos realizan traballos pesados).
    • "O aguilón que che meten é de aceiro": metáfora (Galicia é maltratada).
  • Conclusión: Galicia é sumisa. O poema cumpre a función de Arte Útil, reflectindo a emigración e a falta de autoestima do galego. Galicia non ten dereito ao amor dos seus fillos.

4. Glosario de Termos Lingüísticos Fundamentais

Oración
Unidade lingüística con sentido completo e verbo.
Predicado Nominal
Predicado que ten un verbo copulativo.
Monolingüismo
Situación que se dá nos territorios nos que só se desenvolve un idioma.
Frase
Unidade lingüística intermedia entre a palabra e a oración (sen verbo).
Palabra
Unidade mínima con autonomía e significado.
Adverbio
Palabra invariable que expresa tempo, lugar, modo, etc.
Texto
Unidade con sentido completo.
Artigo determinado
Palabra variable que presenta un substantivo que representa algo xa coñecido.
Núcleo
Función desempeñada pola palabra máis importante da frase.
Fonema
Unidade mínima da lingua oral.
Preposición
Palabra invariable que normalmente une palabras.
Letra
Unidade mínima da lingua escrita.
Acento
Forza que recae na sílaba tónica.
Til
Signo gráfico que levan algunhas palabras na sílaba tónica.
Adxectivo epíteto
Adxectivo que representa unha calidade que xa é propia do substantivo ao que modifica.
Conxunción
Palabra invariable que normalmente une oracións.
Sinónimas
Palabras co mesmo significado.
Palabras homófonas
Palabras que soan igual.
Campo semántico
Palabras que tratan do mesmo tema.
Diglosia
Situación que se dá nos territorios nos que hai dúas linguas, pero unha é máis valorada que outra porque se emprega nos ámbitos considerados máis importantes.
Predicado
Función desempeñada pola Frase Verbal na oración.
Verbo copulativo
Verbo que actúa como nexo; non expresa ningunha acción.
Familia léxica
Palabras que comparten lexema.
Palabra simple
Palabra que só ten un lexema; ademais pode ter morfemas.
Dialecto
Variante territorial dunha lingua.
Palabra composta
Palabra con máis dun lexema; ademais pode ter morfemas.
Determinante
Función desempeñada polas palabras que acompañan o substantivo.
Indefinido
Palabra que fai referencia a unha cantidade ou a unha identidade, de forma imprecisa.
Palabra derivada
Palabra cun lexema e un prefixo/sufixo; ademais pode ter morfemas.
Suxeito
Función desempeñada pola Frase Nominal que realiza ou padece a acción na oración.
Demostrativo
Palabra variable que sitúa no espazo ou no tempo.
Pronome persoal tónico
Pronome persoal con forza propia e que, polo tanto, pode aparecer na conversa sen necesidade de verbo.
Palabra parasintética
Palabra composta e derivada á vez, ou derivada dúas veces; ademais pode ter morfemas.

Entradas relacionadas: