O Rexurdimento Cultural e Político de Galicia no Século XX

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 9,33 KB

O presente documento explora os movementos culturais e políticos que marcaron o rexurdimento de Galicia a principios do século XX, destacando figuras clave e as súas contribucións. Iniciativas como as de Álvarez e organizacións como Solidaridad Gallega e Acción Gallega sentaron as bases para o desenvolvemento do galeguismo.

Cronoloxía de Eventos Clave

  • 1905: Ingreso de Ramón Cabanillas na RAG (Real Academia Galega).
  • 1916: Fundación das Irmandades da Fala.
  • 1920: Publicación do primeiro número da revista Nós.
  • 1923: Creación do Seminario de Estudos Galegos.

Irmandades da Fala

En 1916, Antón Vilar Ponte promoveu a Irmandade da Fala da Coruña coa finalidade de reivindicar a lingua e a cultura de Galicia.

Obxectivos das Irmandades da Fala:

  • Cooficialidade entre o galego e o castelán.
  • Autonomía integral para Galicia.
  • Ingreso na Liga das Nacións.
  • Estudar unha relación federal con Portugal.
  • Igualdade de dereitos entre o home e a muller.

As Irmandades da Fala crearon as editoriais Céltiga e Nós, e xornais e revistas como A Nosa Terra e Nós. Tamén fundaron o Seminario de Estudos Galegos.

Seminario de Estudos Galegos

Institución formada por estudantes e profesores da Universidade de Santiago que formaban parte das Irmandades da Fala.

Obxectivos:

  • Estudar e divulgar o patrimonio cultural galego.
  • Formar investigadores.
  • Utilizar o galego no ámbito científico.

Partido Galeguista

Primeiro partido político nacionalista xurdido en Galicia. Acollía a persoas de moi diferentes ideoloxías, pero cun obxectivo común: a consecución dunha maior autonomía para Galicia, así como o seu recoñecemento como nación.

Ramón Cabanillas

A súa primeira obra foi No desterro. En Vento Mareiro aparece o himno composto por el para Acción Galega. Colaborou coas Irmandades da Fala e escribiu en A Nosa Terra. Acabou sendo a principal voz lírica do agrarismo e do galeguismo. Ingresou na RAG.

A súa obra literaria:

Caracterízase por harmonizar a tradición estética dos autores do Rexurdimento coas grandes correntes anovadoras do seu tempo, como o Modernismo. Mostra unha inclinación cara ao sensual e o colorista, o gusto polo exótico ou a procura dos elementos mitolóxicos. O Modernismo en Cabanillas mantense vinculado co compromiso social e cultural do pobo galego, afastado da simple evasión estética.

Poesía lírica:

Obras: No desterro, Vento Mareiro, Da Terra Asoballada e A Rosa de Cen Follas.

Direccións temáticas:

  • Poesía cívica: Poesía comprometida co agrarismo e o nacionalismo das Irmandades da Fala. Aparece unha exaltación da aldea fronte á cidade, unha idea de Galicia como unidade colectiva e unha chamada á rebelión.
  • Poesía intimista: Lembra a Rosalía. Sentimento amoroso e conmoción ante a paisaxe.
  • Poesía costumista: Presenta matices humorísticos ou irónicos, así como novidades formais de carácter modernista.

Poesía narrativa:

  • Na Noite Estrelecida (1926): Obra na que recupera os temas da materia de Bretaña, situando a acción en Galicia. Consta de 3 sagas: A Espada Escalibor, O Cabaleiro do Santo Graal e O Sono do Rei Artur.
  • O Bendito San Amaro (1925)
  • Samo (1958)

O teatro:

Pola importancia do teatro como medio de popularización da nosa historia e da nosa cultura, publicou:

  • A Man Santiña
  • O Mariscal: Drama centrado no mariscal Pardo de Cela na oposición galega ao centralismo dos Reis Católicos.

Grupo Nós

Nos primeiros anos do século XX, a lingua galega adquire novos ámbitos expresivos, desenvolvéndose o ensaio e a narrativa. Vai aparecer agora unha nova xeración de escritores que explorará outras formas de expresión distintas da lírica.

Os membros máis destacados, coñecidos como Xeración Nós ou Xeración das Irmandades, son: Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas e os irmáns Villar Ponte. Representan unha xeración de inadaptados. Séntense inconformistas, insatisfeitos e cheos de rebeldía. Foron quen de europeizar a cultura galega e acadaron universalizala para dialogar con outras culturas e estar no mundo desde a nosa propia idiosincrasia.

A revista Nós estaba dirixida por Vicente Risco e tiña o propósito de elevar a cultura galega a un nivel semellante ao das culturas do seu contorno.

Características da Xeración Nós:

  • Orixe pequeno-burguesa.
  • Formación universitaria de todos os seus membros.
  • Evolución desde diferentes posicións ideolóxicas.
  • Inconformismo e inadaptación co mundo.
  • Aposta pola modernidade.
  • Creadores do ensaio e da prosa modernos.

Castelao

Participou nas Irmandades da Fala, na revista Nós e na fundación do Partido Galeguista. É un dos principais impulsores do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia.

Características da súa obra:

  • Achegamento ás clases populares.
  • Comprensión e identificación coa idiosincrasia dos galegos.
  • Brevidade, ausencia de adornos, ritmo...
  • Emprego de estratexias de verosimilitude.

A obra de Castelao:

Foi un artista polifacético, xa que destacou como debuxante, pintor, ilustrador, literato, ensaísta e orador.

Principais obras literarias:

  • Un Ollo de Vidro
  • Cousas
  • Retrincos
  • Os Dous de Sempre
  • Os Vellos Non Deben Namorarse
  • Sempre en Galiza

Vicente Risco

Fundou a revista La Centuria. Máis tarde, ingresou nas Irmandades da Fala e publicou a súa Teoría do Nacionalismo Galego, coa que adquiriu un enorme prestixio como teórico do galeguismo. É un autor de produción teatral e poética, tamén é narrador e ensaísta.

Teatro e ensaio:

  • A súa única obra teatral é O Bufón de El-Rei.
  • A súa obra ensaística é moi variada, destacando Nós, os Inadaptados e Mitteleuropa.

A narrativa:

Abandona o ruralismo e pasa ao intelectualismo. O seu primeiro relato é Do Caso que lle Aconteceu ao Doutor Alveiros.

O intelectualismo e o didactismo pódense ver nos relatos A Velliña Vella ou en A Trabe de Ouro e a Trabe de Alquitrán. A súa obra máis salientable é O Porco de Pé, na que realiza unha parodia humorística de personaxes do seu tempo. Personaxes destacados: Don Celidonio e o Doutor Alveiros.

Otero Pedrayo

Ingresou nas Irmandades da Fala e no Partido Galeguista. Máis tarde, sería profesor na Universidade de Santiago e converteuse nun símbolo do galeguismo.

Obras:

  • Bocarribeira
  • Os Camiños da Vida
  • Arredor de Si
  • A Romaría de Xelmírez
  • O Desengano do Prioiro
  • Síntese Xeográfica de Galicia

A súa obra:

Temas:

  • A realidade e a historia de Galicia.
  • A decadencia da fidalguía e a chegada da modernidade.
  • O cristianismo.
  • A necesidade de conservar a tradición.

Estilo:

  • Gusto polas descricións detalladas e adornadas.
  • Abundancia de digresións.
  • Preferencia polas oracións longas.
  • Presenza da erudición do autor.

As Vangardas e a Xeración de 1922

Aparecen grupos de artistas mozos que rexeitan as tradicións culturais. Xorden movementos como o Futurismo, o Cubismo, o Dadaísmo e o Surrealismo, que difundían as súas ideas por medio de manifestos de carácter provocador. Crearon moitas técnicas novas, o que produciu unha gran renovación literaria, sobre todo poética.

A Renovación Poética en Galicia

Distínguense tres movementos principais:

  • O Imaxinismo: Representado por Luís Amado Carballo (libros como Proel, O Galo). Poesía onde atopamos unha paisaxe humanizada.
  • O Neotrobadorismo: Recupera as estruturas formais da lírica medieval e mesmo algúns dos seus temas. Destacan Fermín Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro.
  • O Vangardismo: Representado polos poetas que asumiron propostas dos movementos de vangarda. Entre eles, Álvaro Cunqueiro, Manuel Luís Acuña e Manuel Antonio.

Manuel Antonio

Publicou poemas en periódicos e revistas, e só un libro: De Catro a Catro, o seu poema máis importante. Emprega unha linguaxe formal e renovadora.

Rafael Dieste

Autor de obras narrativas, teatro e ensaio, é o principal prosista da Xeración de 1922.

Obras destacadas:

  • Dos Arquivos do Trasno
  • A Fiestra Valdeira

Entradas relacionadas: