O Rexurdimento e as Vangardas: Cabanillas, Manuel Antonio e Risco na Literatura Galega
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 8,38 KB
RAMÓN CABANILLAS: Biografía e Traxectoria
Nace en Cambados en 1876 nunha familia fidalga. Estuda nun seminario en Santiago e traballa na administración de Cambados. Emigra a Cuba en 1910, onde se pon en contacto co **galeguismo** e co **agrarismo**.
En 1915 regresa a Galicia e participa activamente nas *Irmandades da Fala* (1916) e no sindicalismo agrarista. Forma parte do *Partido Galeguista*. Convértese en membro da RAE. Pasa tempo en Madrid en 1936. Cando a República perde a guerra, volve para Galicia, xa baixo o réxime de Franco. Nos primeiros anos da ditadura non pode escribir en galego; cando a represión diminúe, será dos primeiros autores en retomar a escrita en galego. Morre en 1959.
Obra Poética
A súa obra está moi influenciada pola poesía do **Rexurdimento**, sobre todo a de Rosalía (na poesía intimista) e a de Curros (na poesía cívica), ademais do **Modernismo hispanoamericano**. Emprega imaxes relacionadas cos sentimentos e coas artes (pintura e musicalidade).
Cando está en Cuba escribe No destello, Da terra asoballada (con poesía cívica) e Vento Madeira (con poesía intimista).
Tipos de Poesía
- Lírica: Expresa sentimentos.
- Costumista: Ás veces cunha visión humorística.
- Intimista: Expresa sentimentos que relaciona con Rosalía de Castro, con temas como o amor, a tristura e a **morriña**.
- Cívica-social: Busca a crítica social.
- Agrarista: Defende os labregos, en contra dos caciques.
- Nacionalista: Defende Galicia, a lingua e a historia. Reivindica a Galicia como nación.
- Narrativa: Conta unha historia non habitual. A obra máis importante é Na noite estrelecida.
Na noite estrelecida
Trata o tema da **Materia de Bretaña** (Artur, a Táboa Redonda, Merlín) ambientado en Galicia. A espada *Escálibur* atópase na Illa de Sálvora. Mestura elementos celtas, cristiáns e nacionalistas.
Estrutura e Temas
- A espada de Escálibur: Merlín atopa a espada e sinala que quen sexa capaz de retirala do penedo converterase en rei. Conseguirao Artur.
- Os cabaleiros do Santo Grial: Son os da Táboa Redonda e deciden ir na busca do **Santo Grial**. Atópao Galahaz porque é puro e ten todas as virtudes.
- O sono de Artur: Morre ou cae nun profundo sono. Emprende unha viaxe nunha barca. Espertará/resucitará cando Galicia acade un futuro glorioso como o seu pasado glorioso.
Outras Obras
O bendito San Amaro: Cóntanos a historia deste santo galego, un home que, ao cometer un crime, cambia de vida. Convértese de ladrón a santo.
AS VANGARDAS: Contexto e Movementos
As vangardas xorden a comezos do século XX con cambios radicais. O contexto político inclúe o **fascismo** e o **nazismo**. Hai unha crise profunda coa Primeira Guerra Mundial e a Segunda Guerra Mundial. A ciencia avanza moito (aparece a figura de **Freud**, co principio do pracer).
Nace a aviación, o submarino, a radio. En 1917 estala a **Revolución Rusa** (comunismo e toma de control das empresas polos obreiros). As cidades medran (grande urbanización). Caracterízase polo **antisentimentalismo** e a mestura de xéneros e artes.
Os Ismos (Movementos de Vangarda)
Son diferentes movementos que duran pouco tempo e buscan a orixinalidade:
- Futurismo: Créao Marinetti. Defende as máquinas e a tecnoloxía, despreza o pasado. As obras transmiten movemento e fortaleza. Toma a ideoloxía fascista.
- Cubismo: Créao Picasso. Consiste en dividir a realidade en formas xeométricas e ver a realidade simultánea.
- Dadaísmo: Créao Tzara. É un movemento de protesta, mediante o humor e a burla.
- Surrealismo: Créase en base ás ideas de Freud. O subconsciente descúbrese mediante a hipnose e a análise dos soños. Destacan Dalí e, en literatura, André Bretón. Emprega técnicas como a **escritura automática**.
- Creacionismo: Créao Vicente Huidobro. A poesía non debe imitar o mundo real nin transmitir sentimentos. Emprega a imaxe.
- Expresionismo: Expresa sentimentos de angustia ante unha realidade que non gusta.
- Fauvismo: Consiste na esaxeración das cores.
As Vangardas Galegas
Aparecen en Galicia entre 1920 e 1930. En 1922 publícase o manifesto Mais alá, decisivo para as vangardas de Galicia (Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro). Este manifesto defende romper co pasado e critica os escritores galegos que escriben en castelán. Salvan a Rosalía, pero atacan a Valle Inclán.
FERMÍN BOUZA BREY
A súa obra principal é Nao senlleira, un libro que imita a Idade Media tratando a sociedade e a busca existencial.
MANUEL ANTONIO
É o maior poeta vangardista da literatura galega e un dos maiores de Europa. Nace en Rianxo en 1900. Estuda náutica. Morre de tuberculose con 30 anos (1930). Critica autores do Rexurdimento. Os seus poemas son creacionistas con respecto á realidade. Os movementos vangardistas de Antonio van dende o emprego de **caligramas** ata o antisentimentalismo.
De catro a catro
É o seu libro máis importante. Contén 19 poemas que describen unha viaxe en barco, onde non aparecen os seres humanos (humanización). Os temas principais son o poeta, o mar e os elementos do barco. A viaxe é circular (comeza e remata no mesmo punto), transmitindo o sentimento de **soidade**, desamparo e morte.
Símbolos ligados ao mar
- Barco: A viaxe.
- Mar: A soidade.
- Vento: O paso do tempo.
VICENTE RISCO
Nace en Ourense en 1884. Amigo da infancia de Otero Pedrayo e Xocas. Forman parte do grupo *NÓS*. Vicente Risco é o intelectual do grupo, home de gran cultura. Evoluciona a un **galeguismo universal**.
Acabará sendo director da revista *NÓS* e ideólogo do nacionalismo galego. No seu libro *Teoría do nacionalismo galego*, defende que Galicia ten tres fundamentos: **lingua, terra, raza**. É moi tradicionalista católico e despreza o materialismo, defendendo o espiritual. Está influído polo nazismo e fascismo no tema da raza. Participa no *Partido Galeguista*. En 1936 forma o *Dereita Galeguista*. Apoia o Estatuto de Autonomía e o golpe de Estado da Guerra Civil. Morre en 1963.
Obra Narrativa
Emprega o humor mediante a **ironía**, a **retranca** e a **sátira**.
- Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros: O doutor Alveiros descobre a tumba de Tutankamón. A obra ten humor e ultratumba (por exemplo, cando chega á tumba, un montón de esqueletos comezan a aplaudirlle e soan como castañolas).
- O lobo da xente: Historia dun lobishome e de como vencelo. Tema paranormal e de ultratumba.
- Trabe de ouro e a trabe de alcatrán: As mouras gardaban os tesouros recollidos baixo a terra. Serían dous: a trabe de ouro ou a trabe de alcatrán. As mouras deixan o seu peite de ouro; se o roubamos, acabaremos na trabe de alcatrán, envelenados nós e todo o noso pobo. Tema fantástico.
- Os europeos en Argentas: Situados na Ourense da súa época, búrlase de certos personaxes. Tema humorístico que pode chegar a ser cruel.
- O porco de pé: A obra narrativa máis importante de Risco. Temas humorísticos. Don Celidonio chega a ser alcalde. Emprega figuras como a **hipérbole**, enumeracións e **animalización**. Acaba mandando queimar a biblioteca municipal.
Ensaios
- Teoría do Nacionalismo Galego: Defende que Galicia está fundamentada pola lingua, terra e raza.
- Nós, os inadaptados: A evolución do grupo *Nós*. Un grupo de mozos que se dan conta de que o sentido da súa vida está en Galicia.
- Mitteleuropa: Viaxe á Europa central de Risco nos anos 30, na que amosa a súa admiración polo nazismo.
Teatro
O bufón de El-Rei: Historia dun bufón (o mal) que delata a relación amorosa da raíña e dun capitán (o ben).