A Revolución Industrial e a Transformación Agrícola
Enviado por Chuletator online y clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,05 KB
COMO CAMBIOU A PRODUCIÓN DE BENS COA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
Onde e cando tivo lugar a Revolución Industrial? Gran Bretaña, mediados do século XVIII. Que factores explican que fora Gran Bretaña a pioneira e ser o primeiro país industrial? - Un sistema político no que o poder da monarquía estaba limitado polo Parlamento desde o século XVII e no cal a influencia da burguesía era grande. - Un crecemento da poboación que implicou (+demanda de produtos, +dispoñibilidade de man de obra para as fábricas). - A abundancia de recursos e materias primas (carbón). - Facilidade de transporte a través dunha ampla rede. - A posesión dun imperio colonial (por exemplo, India) que xerou un gran mercado para exportar a produción. A Revolución Industrial foi posible grazas a unha serie de cambios que se interconectaban, o que deu lugar a unha serie de revolucións: - Unha revolución agrícola que aumentou a cantidade de alimentos. - Unha revolución demográfica que incrementou a poboación. - Unha revolución tecnolóxica con novas máquinas e fontes de enerxía. - Unha revolución no transporte e no comercio. - Unha revolución nas finanzas permitindo financiar as empresas e facilitar os pagamentos.
A TRANSFORMACIÓN DA AGRICULTURA
No contexto da propiedade rural, na segunda metade do século XVIII, dase en Inglaterra unha nova estrutura da propiedade: grandes extensións de terras de labor e pastos pasan a ser de propiedade privada, sendo cercadas (enclosures). Implicou unha concentración da propiedade, onde os grandes propietarios conseguiron producir e aumentar os seus beneficios. A concentración da propiedade prexudicou aos campesiños pobres que non podían pechar (cercar) as terras e tiveron que vendelas. Convertironse en xornaleiros a cambio dun salario. Como consecuencia, ao haber moitos campesiños en busca de emprego, os salarios baixaron e tiveron que emigrar. Que substituíu a rotación cuadrienal? A trienal. Consistía en combinar os cereais coas plantas forraxeiras rotando os distintos cultivos. Como consecuencia, mellorou a fertilidade das terras e incrementouse o gando, aumentando a produción de carne e leite, mellorando a dieta humana. Que novas máquinas agrícolas xurdiron e aumentaron a produción? - A sementadora mecánica. - O novo arado de Rotherham que araba os campos con máis facilidade. - A máquina de vapor e a siderurxia.