Revolución Industrial: Conceptos, Inventos e Protagonistas
Enviado por Chuletator online y clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,78 KB
Conceptos Clave da Revolución Industrial e Economía
Anarquismo
Anarquismo: ideoloxía social e política do século XIX que se basea en tres principios: a exaltación da liberdade do individuo, a defensa da propiedade colectiva e a oposición a calquera forma de organización xerárquica do Estado.
Cartel
Cartel: asociación de empresas dedicadas á mesma rama de actividade, que chegan a acordos para controlar a produción e distribución, fixando prezos e compartindo beneficios (concentración horizontal).
Fordismo
Fordismo: método de traballo consistente na produción de coches de forma estandarizada e tamén masiva cun custo menor, o que permitiu estender o seu consumo a sectores máis amplos da poboación.
Holding
Holding: forma de organización empresarial na que unha sociedade financeira controla outras empresas mediante a adquisición da maioría das accións.
Industria Siderúrxica
Industria siderúrxica: industria que emprega diversas técnicas de tratamento do mineral de ferro para obter diferentes tipos de aliaxes.
Liberalismo Económico
Liberalismo económico: doutrina económica desenvolvida durante a Ilustración, formulada por Adam Smith, que defende a mínima interferencia do Estado na economía, xa que é a lei da oferta e da demanda a que regula o mercado. O interese persoal e a busca do máximo beneficio son o motor da economía.
Ludismo
Ludismo: movemento obreiro que adquiriu auxe en Inglaterra a partir de 1811, e cuxas accións se baseaban nas revoltas espontáneas e desorganizadas, co obxectivo de destruír as máquinas das industrias.
Marxismo
Marxismo: ideoloxía social e política do século XIX establecida por Marx e Engels, que definía a existencia de dúas clases sociais enfrontadas: burguesía e proletariado (loita de clases), e que propoñía que os traballadores debían levar a cabo unha revolución para destruír o capitalismo e acadar o poder.
Monopolio
Monopolio: dereito exclusivo dunha empresa a comercializar un produto.
Revolución Agrícola
Revolución agrícola: período de desenvolvemento agrícola que comeza en Gran Bretaña e que abarca desde o século XVIII ata mediados do XIX. Produciuse un aumento da produción agrícola, polo aumento dos rendementos na agricultura, grazas, entre outras cousas, á desaparición do barbeito coa introdución de novos métodos de rotación de cultivos.
Revolución Demográfica
Revolución demográfica: importante crecemento da poboación mundial que comeza a producirse ao longo do século XIX, polo mantemento de altas taxas de natalidade e unha forte redución das taxas de mortalidade.
Revolución Industrial
Revolución industrial: transformacións socioeconómicas, tecnolóxicas e culturais acontecidas entre finais do século XVIII e o século XIX, consistentes na introdución da máquina que substitúe a man de obra artesanal, a aparición de novas fontes de enerxía como o carbón, a emigración da poboación do campo á cidade, a concentración da man de obra en fábricas, o crecemento da poboación e o fenómeno da urbanización.
Sociedade Anónima
Sociedade Anónima: sociedade cuxo capital atópase dividido en accións.
Taylorismo
Taylorismo: método de traballo que consiste na organización científica do traballo. Nela, o obreiro realiza unha parte concreta do proceso produtivo, eliminando os movementos inútiles e rentabilizando ao máximo a man de obra.
Trust
Trust: unión de empresas dun mesmo sector que se reúnen de forma estable para reducir a competencia e fixar os prezos de mercado no seu propio beneficio, controlando todas as etapas de produción dun artigo (concentración vertical).
Inventos e Inventores Destacados da Era Industrial
- Máquina de vapor: Watt.
- Barco de vapor: Robert Fulton.
- Locomotora Rocket: George Stephenson.
- Motor de explosión: Nikolaus Otto.
- Avión: Irmáns Wright.
- Primeiros automóbiles: Daimler e Benz.
- Triciclo con motor: Karl Benz.
- Motor diésel: Rudolf Diesel.
- Lanzadeira voante: John Kay.
- Spinning-jenny: Hargreaves.
- Water-frame: Arkwright.
- Mule-jenny: Crompton.
- Tear mecánico: Cartwright.