A Revolución Agraria e Industrial: Transformacións Sociais e Económicas
Enviado por Chuletator online y clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en gallego con un tamaño de 8,64 KB
Ata o século XVIII, o sector agropecuario europeo caracterizábase polos sistemas de cultivo extensivos de subsistencia, con abundante barbeito (rotación trienal), baixos rendementos e escasas innovacións técnicas. A produción estaba influída polas condicións climáticas, provocando crises, desabastecemento e fame e, xunto coas epidemias, un forte incremento da mortalidade (crise de subsistencia).
Durante o século XVIII iniciouse en Inglaterra a revolución agraria e no século XIX estendeuse polos campos de Europa e América esta transformación dos sistemas de cultivo e do réxime da propiedade da terra que aumentaron a produción, o que significou o aumento da poboación e axudou a desenvolver a revolución industrial pola man de obra que viña dos campos ás cidades.
En Inglaterra introducíronse diversas transformacións agrarias, como un novo modelo de rotación de cultivos, o sistema Norfolk, para aproveitar a terra ao máximo. Así, para evitar o esgotamento dos nutrientes, drenouse o chan, empregáronse abonos e rotouse de forma cuatrienal combinando cereais (trigo) coa introdución de novas plantas forraxeiras (trevo e alfalfa) e tubérculos (patacas e nabos), como se pode ler no texto “consiste (...) produtiva”. Grazas a esta combinación, o chan non se esgotou, permitiu eliminar o barbeito, aumentando a superficie cultivada; e subministrouse alimentos á poboación e ao gando, a causa do crecemento da produción, como podemos confirmar en “por este método pódese aumentar o dobre ou o triplo a produción dos campos”.
Ademais desta nova técnica, tamén se melloraron as ferramentas agrarias co uso do ferro, perfeccionouse o arado e con innovacións técnicas como a sementadora mecánica, a malladora mecánica e a segadora mecánica. Así mesmo, apareceu unha nova mentalidade entre os propietarios agrícolas, influídos polo capitalismo, baseado na obtención do máximo beneficio, e comezaron a facer melloras para aumentar a produtividade dos campos.
Paralelamente, entre os ilustrados e liberais criticouse o réxime da propiedade da terra da época (vinculada, amortizada ou comunal) e defenderon un novo modelo de propiedade, a privada, baseada na explotación individual e na consideración da terra como unha mercadoría. Seguindo esta nova concepción, G. B. desenvolveu as actas de cerramento, polas cales se cerrarían os terreos para quen os pedise e tivera cartos para facelo e explotá-los, beneficiando aos campesiños ricos e á aristocracia rural.
A revolución agrícola axudou a desenvolver a revolución industrial, pois grazas a ela aumentouse a poboación considerablemente, o que produciu, axudado pola nova maquinaria, o éxodo rural dos campesiños ás novas cidades industriais e ás fábricas, é dicir, a chegada de man de obra barata.
A finais do século XVIII e comezos do XIX produciuse unha serie de transformacións económicas, políticas, sociais e ideolóxicas, relacionados coa revolución industrial e as revolucións liberais, que impuxeron un novo modelo económico: o capitalismo, sistema baseado no pensamento liberal, sendo o seu principal pensador A. Smith, que defendía a total liberdade económica como principio básico do capitalismo.
O capitalismo substitúe ao sistema feudal do Antigo Réxime co triunfo da burguesía sobre o clero e a nobreza. O concepto de capitalismo é recente e polémico, pois foi creado para designar de modo pejorativo polos socialistas e existen dúas acepcións: unha liberal, que defende a propiedade privada, a busca do máximo beneficio, a liberdade económica de contratación (traballo asalariado), na iniciativa empresarial, na libre competencia e na lei da oferta e a demanda; e outra socialista, que afirma que o capitalismo é un modo de produción que concentra os medios produtivos (capital) nunha minoría de posuidores (burguesía), e relacións de produción baseadas no traballo asalariado.
Segundo o socialismo, o obreiro convértese nunha mercadoría cun prezo rexido pola lei da oferta e da demanda e a diferenza entre o prezo final do produto e o seu salario (plusvalía) beneficia ao burgués. Os historiadores diferencian diversas fases no desenvolvemento do capitalismo: unha mercantil, relacionada coas actividades comerciais burguesas durante a Idade Media; outra industrial, coa revolución industrial; e unha última financeira, pola necesidade de capitais durante a segunda revolución industrial para iniciar novos negocios.
As características que definen ao capitalismo son:
- O capital, o conxunto de bens (terras, mercadorías...)
- A busca do máximo beneficio
- A liberdade económica absoluta e a lei da oferta e da demanda
- A desigualdade, dependencia e explotación
- Está suxeito a crises cíclicas
- O traballo asalariado, a división e a especialización das tarefas
A base das relacións de produción do capitalismo é a división das actividades e o traballo asalariado para lograr o máximo beneficio, pois, en vez de fabricar o produto completo, diversifícase en diferentes tarefas repartidas entre os obreiros e estes especialízanse nesa determinada función. No capitalismo, o traballo é unha simple mercadoría, como se pode ler na primeira liña “O traballo (...) mercado”; e, como unha mercadoría, o seu prezo está supeditado e rexido pola lei da oferta e da demanda, así cando hai moita oferta que supera a demanda, o prezo redúcese, e cando pasa o contrario, aumenta, “actuación (...) abunda”. Esta situación deuse ao longo do século XIX e XX, tempo no que a man de obra abundaba e os salarios dos obreiros, xunto coas súas condicións de traballo, eran pésimos, dando lugar ao nacemento do proletariado, que o único medio de vida que ten é a venda da súa forza de traballo.
Co proletariado tamén naceron as correntes ideolóxicas, sociais e anarquistas, que criticaron, xunto con protestas e loitas obreiras, estas condicións.
Entre finais do século XIX e o inicio da Primeira Guerra Mundial en 1914 producíronse unha serie de innovacións técnicas que dan lugar á segunda revolución industrial coa aparición de novas fontes de enerxía: o petróleo, co descubrimento da técnica do refinado e podendo ser usados os seus derivados como combustible dos novos motores de gasolina; e a electricidade, grazas a diversos inventos do século XIX, como a pila ou as lámpadas incandescentes, e usada na iluminación e como enerxía motriz para as máquinas. Aínda así, o carbón seguiu sendo a principal fonte de enerxía.
Ademais, tamén se renovaron os sectores industriais existentes, como o siderometalúrxico (novos metais) e o dos transportes (motores de explosión); e apareceron outros sectores novos, como o químico (produtos para a agricultura, a industria e o consumo) e a industria eléctrica (relacionado coa produción e distribución da electricidade).
Así mesmo, tamén se introduciron novas formas de organización do traballo a principios do século XX e principalmente en Estados Unidos, co obxectivo de reducir custos e aumentar a produción en menos tempo. Apareceu un novo modelo de organización do traballo baseado na racionalización da produción, especialización das tarefas, fabricación en serie e traballo en cadea. Un dos ideólogos foi Taylor, que estudou o traballo e reduciu os movementos dos obreiros; outro foi o norteamericano Ford. Este creou a fabricación en serie en cadeas de montaxe, así o traballo era dividido entre os obreiros, especializándose nunha tarefa determinada, como se pode ler no primeiro parágrafo “A clave (... expresión”, e as partes dos automóbiles eran levados a eles nunha cinta transportadora para que non se tiveran que desprazar, “e achegar (...) fábrica”. A este modelo denominóuselle fordismo, pero frustraba aos traballadores ao realizar sempre o mesmo, e subíronselles os soldos. Ford, co seu método de produción, conseguiu aumentar a produción de vehículos e reducir o seu tempo de fabricación. “A implantación (...) drasticamente”.
Outra característica da segunda revolución industrial foi a importancia do capital financeiro, pois era necesario cada vez máis capital para iniciar novos negocios, e acudiuse a novos sistemas de financiamento, como novos bancos ou sociedades anónimas por accións coa compra destas para recibir a cambio uns dividendos. Tamén se crearon novas formas de asociacións empresariais para abaratar custos e eliminar competencia, como o cartel, o trust e o holding. Como consecuencia, creáronse grandes imperios económicos que podían dominar o mercado e influír nos prezos, nun monopolio ou oligopolio, incumprindo o principio de libre competencia.