Retrincos castelao

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,27 KB

                                CASTELAO (1886-1950) 

 A importancia de Castelao non reside só na súa obra literaria, ou mesmo Artística, que a ten, senón tamén no que simboliza a súa traxectoria vital, sobre todo no Que se refire á encarnación como símbolo de Galiza, similar a como foi no século XIX a Figura de Rosalía, pero a diferenza desta, as súas ideas políticas seguen vivas. Antes de ser un “ventureiro das letras” xa era un famosísimo debuxante que Puido ir a Madrid, pero preferiu vivir no lugar que amaba e ao que despois de entrar no Galeguismo dedicaría a súa vida e a súa obra. Como debuxante sempre escribiu os pés Dos debuxos en galego. Foron famosos as Cousas da vida, que aparecían nos xornais “Galicia”, “El Pueblo Gallego” etc.

Novela curta

 
Como os demais homes da súa xeración, Castelao comezou a súa carreira Literaria cunha noveliña curta, Un ollo de vidro, que fora lida nunha conferencia sobre Caricatura e humor no ano 1920 e que logo sae na editorial Céltiga de Ferrol no ano 1922. As características da súa obra narrativa xa aparecen aquí: combinación de Debuxos cun estilo persoal inconfundíbel e máis texto literario moi pulido. Mestura Equilibrada dun lirismo sentimental manifestado sobre todo no seu amor polos Personaxes, cun humorismo que fai sorrir, contando a historia cunha lingua popular moi Traballada literariamente. 7 A obra cóntanos a historia que un enterrador lle vende ao autor: nela un Esqueleto do cemiterio narra as historias que ve co seu ollo de vidro. Aparecen Emigrantes e personaxes variados da sociedade do momento: un republicano, un inglés, E mesmo un vampiro que en vida fora un cacique.
Cousas (1926 e 1929) é o libro máis orixinal de Castelao, son corenta e catro Relatos nos que combina dunha maneira sintética e harmoniosa o debuxo, que mostra o Intre preciso, e a narración. Xa no seu día Risco dixera que estaba facendo un xénero Literario novo:

As novelas condensadas

É unha obra que combina a modernidade e Orixinalidade co máis característico da nosa cultura e da nosa personalidade colectiva. Hoxe en día moitas literaturas experimentan con microrrelatos ou minirrelatos. Nas Cousas aparecen sobre todo tipos populares, labregos e mariñeiros, moitos emigrantes, Mesmo un negriño cubano, que tamén era galego: Panchito; aparecen animais: un burro Pacifista, e vilas mariñeiras asustadas pola presenza da luz eléctrica da escuadra inglesa Na ría de Arousa. Castelao mostra un grande amor polos personaxes a través dun humor Cheo de humanidade

A novela longa


En 1934 publica a súa única novela, Os dous de sempre, con debuxos do propio Autor e con capítulos tan traballados que parecen relatos autónomos, pero que ao ser a Historia de dous personaxes, Pedro e Rañolas, ao longo da súa vida, dannos unha novela Ao estilo das novelas picarescas. Nárrasenos a historia destes dous personaxes desde a Infancia até a madurez. Son dous personaxes antitéticos, Pedro é un ser pasivo que só se Preocupa por comer e non ten inquietudes de ningún tipo, mentres que Rañolas, unha Persoa eivada e marcado pola procedencia miserábel dos seus pais, é capaz de progresar E facerse reloxeiro despois de estar de emigrante en París. Ten un final inesperado: Rañolas obsesionado polas ideas anarquistas suicídase, mentres Pedro triúnfa Conseguindo o respecto e benestar que pretendía.
Retrincos
(1934) é unha colección de relatos autobiográficos de diferentes momentos da Súa vida: “O segredo” e “O inglés” na infancia arxentina, “Peito de lobo” de estudante En Rianxo, “O retrato” como médico no ano da gripe en Rianxo (1918), “Sabela” cando Recibe unha homenaxe como deputado republicano tamén en Rianxo.Os debuxos que Ilustran esta obra son de Carlos Maside. Os relatos están en función da frase final que Condensa o que está presente ao longo de todo o relato, seguindo aquí ao seu paisano Rafael Dieste.  

O ensaio

Castelao foi o director da sección de arte do Seminario de Estudos Galegos e Para o Seminario fixo os traballos de investigación sobre os cruceiros de pedra da Bretaña francesa e de Galiza, As cruces de pedra da Bretaña (1930) e As cruces de Pedra da Galiza, que aparece pouco despois da súa morte en 1950. Ten traballos sobre o humorismo, a caricatura e a arte galega, pero sobre todo o Que máis destaca é o ensaio político Sempre en Galiza (Bos Aires, 1944), obra de Referencia para o nacionalismo, na que recolle todo o seu pensamento político e o Traballo como parlamentario cando foi deputado en Cortes pola provincia de Pontevedra, durante a República e na cal describe a defensa do Estatuto de Galiza. Esta Obra foi escrita ao longo de varios anos, desde o seu desterro en Badaxoz até o exilio en 8Bos Aires. Consta dun “Adro”, que funciona como prólogo, do ano 1935, e logo de Catro Libros. No Libro Primeiro feito en plena Guerra Civil, fai unha defensa de Galiza Como nación con dereito a autogobernarse, para ao final soñar co futuro de Galiza ideal. No Libro Segundo escrito en Nova York, no buque “Argentina” reafirma as súas ideas e O seu concepto de Galiza, no Libro terceiro, o máis extenso, fai unha reflexión histórica Acompañada da teorización política sobre o modelo desexado para as nacións do Estado. Prometera unha segunda parte que non chegou a escribir, da que parece un anticipo o Seu Libro Cuarto. 

Cousas da vida


Humor gráfico

 
 Castelao foi un extraordinario debuxante, un expresionista intuitivo e Fundamentalmente lírico, que atopou na “caricatura modernista” o medio idóneo para Representar a singularidade do noso pobo. A técnica da caricatura concibida como “síntese” e “expresión” aplicouse a toda A natureza, viva e inerte. Era a representación máis pura, sinxela e auténtica da Realidade. Nos debuxos feitos coa técnica da “síntese expresiva” nada sobra, nada é Superfluo, só está o necesario esaxerado por defecto ou por exceso. Con esta técnica Publicou os seus debuxos de humor na revista “Vida Gallega” no ano 1909. Obtivo de Contado o éxito e poucos anos despois, rexeitou aquela obra. En 1915 comeza a súa madurez artística e intelectual e de 1916 a 1918 fará o álbum Nós cun criterio radicalmente oposto ao que seguira en “Vida Gallega”. Agora Rexeita o humorismo superfluo e ramplón, onde os personaxes populares facían rir aos Ricos lectores da revista. Prefire un humorismo popular que denuncie os males da Realidade para superala, como di na introdución do álbum Nós na publicación de 1931. Castelao foi un humorista que se interesou pola identificación cordial co débil. A Clave humorística de Castelao hai que procurala no humor popular galego, nos refráns, Contos, cantigas..., nos personaxes populares que usan da retranca, o Realismo, a Melancolía. Emprega o humorismo para espertar a conciencia colectiva do pobo galego. Na Súa obra gráfica diríxese a toda a colectividade para descubrir a verdadeira realidade Social do país. Podemos dicir da súa obra literaria e gráfica: “Velaí a verdadeira Galicia”; ao facelo en clave humorística non reclama a feble conmiseración, senón o Sorriso intelixente, comprensivo, solidario. O humorismo non é unha filosofía, aínda Que o humorista se asemelle ao filósofo, é unha actitude espiritual baseada no equilibrio Entre a estimación sentimental e o xuízo intelectual. O humorismo require da liberdade Interior do home. 

Teatro

 
Os vellos non deben de namorarse, estreada en Bos Aires pola compañía de teatro galega Maruxa Villanueva, en 1941, e publicada en Vigo en 1953, é a única peza Teatral de Castelao. É unha obra que pretende a modernización e renovación do noso Teatro, influído polo Teatro da Arte. Conta a historia en tres lances de tres vellos que namoran con tres mozas, Intervindo tamén os mozos. Os vellos representan a distintos sectores sociais, D. Ramón O fidalgo, D. Saturio o boticario e O señor Fuco, un labrego rico. As mozas acceden aos Amores por conveniencia ou necesidade, como é o caso de Pimpinela, e os mozos poden Participar sendo cómplices das mozas (o portugués) ou sendo vítima destes (o mozo, o Carabineiro). 9A obra conta cun prólogo e un epílogo. No epílogo reúnense os tres vellos no Cemiterio para comentar o que os levou á morte, reflexionar sobre as consecuencias dos Seus amores serodios e dar conta do final da historia. A obra é unha combinación de elementos populares en escenas tipicamente Galegas, con vangardistas, nas escenas expresionistas onde hai unha grande presenza da Música e a cor, sen contar coa utilización das máscaras que levan case todos os actores, Deseñadas para a estrea polo propio Castelao. A carón destes personaxes populares interveñen a Morte, os retratos dos pais de Don Ramón, que aparecen sen máscara, o Sapo e o esmolante. 

Entradas relacionadas: