Resumo Corrixido: Misterio e Sobrenatural en Doroña-Vilamaior

Enviado por Chuletator online y clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,29 KB

Resumo

Teresa chega a casa e ve que o seu irmán Xavier lle enviou un sobre moi grande. Empeza a lelo e, dentro dese sobre, había unha nota e outro sobre. Teresa leu a nota do primeiro sobre, que dicía que se non volvía saber nada del, debía levar ese sobre ao inspector Sotillo e que, por favor, non lese a carta de dentro.

Pasaron os días e Teresa non recibiu noticias do seu irmán.

Teresa non puido aguantar e decidiu ler o sobre.

A primeira nota dicía que se estaban a ler esa nota era porque quedaban poucas horas de vida. Despois, contaba a vida de Adrián, o seu amigo. Adrián era un famoso pintor, e Xavier coñecíanse desde pequenos.

Xavier empezou a contar que el e Adrián víanse todos os anos en Galicia, pero que a última vez foi diferente.

Xavier e Adrián estaban sentados na terraza dun café cando viron un anuncio nun xornal que dicía que se vendía unha casa enmeigada. Entón, Xavier díxolle de broma a Adrián que non se atrevía a comprala, pero Adrián tomouno en serio.

Despois, Xavier tivo que irse a Quebec. Cando Xavier volveu de Quebec, pasou pola oficina de correos e atopouse cunha caixa moi grande chea de cartas. Xavier foi a casa e alí organizou as cartas. Moitas eran de Adrián. Ordenounas cronoloxicamente e empezou a lelas.

Cartas de Adrián

Na primeira carta, Adrián contaba a Xavier que preguntara pola casa encantada e que tiña pensado comprala. Que non puido falar cara a cara co dono, pero que falaron por teléfono. Que a casa estaba nun sitio chamado Doroña-Vilamaior e que esperaba que Xavier fose visitalo pronto.

No seguinte sobre, Adrián contou a Xavier que xa comprara a casa e que fora vela, e que era preciosa. Que esperaba instalarse a vivir alí e que esperaba ansioso que Xavier fose visitalle. Outra das cartas xa era diferente: Adrián contaba a Xavier que lle chamaban por teléfono e escoitábase un ruído estraño, e que ao desenchufar o teléfono, igual soou. Ademais, enviábanlle faxes todos cheos de letras desordenadas e sen sentido. Mesmo os habitantes do pobo eran moi estraños co tema desa casa; cando el preguntaba acerca dela, ninguén contestaba, coma se tivesen medo a algo.

Na seguinte carta que Xavier leu, Adrián contaba que cada vez eran máis as chamadas e os faxes, e que un día, ao recibir un, quedou observándoo e decatouse de que era coma unha especie de sopa de letras na cal poñía: “Adrián, socorro!”

Adrián estaba moi asustado e pensou que sería unha broma dalgún gracioso, pero un día recibiu un fax diferente que dicía: “Socorro! Arriba!”

Adrián, seguindo asustado, subiu ao faiado da casa e viu que había un baúl. Abriuno e, dentro, viu que había moitos libros e estívoos mirando. Despois, enriba dunha mesa, viu un que lle chamou a atención. Estivo a miralo: eran pinturas dalgúns pintores, e había un retrato que lle chamou moitísimo a atención. Non era ningunha obra mestra, era unha moza sentada á beira dunha xanela nunha habitación, cunha expresión triste, pero dalgunha maneira captou a súa atención, tiña algo. Adrián baixouno para logo botarlle unha ollada.

Cando xa era de noite, Adrián foi mirar o libro e decatouse de que o retrato cambiara: agora a moza estaba a durmir. Adrián non llo podía crer, así que foi coller a súa cámara de fotos e fíxolle unha, para comprobar se fora a súa imaxinación ou pasara realmente. Ao día seguinte, Adrián volveu mirar o libro e viu que realmente non estaba tolo, a imaxe volvera a cambiar.

Pasaron os días e Adrián cada día cría menos, pero tiña moitas fotos que o demostraban. Un día esa foto tivo outro cambio máis importante: a moza da foto esta vez estaba anicada no chan e na parede escribira unha mensaxe que dicía: “Socorro Adrián”.

Un día, observando a foto, decatouse de que a xanela da imaxe era a mesma que a da súa casa, pero que correspondía a unha parte da casa na que non había ningunha habitación, ou iso parecía. Adrián xa non podía máis, así que decidiu tirar o tabique para ver se había outra habitación. Ao tirar a parede, Adrián confirmou todas as súas dúbidas: efectivamente, alí había outra habitación. Ao entrar, viu que non había nada na habitación, pero si que había outra porta. Adrián foi abrila e viu que a habitación era moi pequena e que no centro había unha trampilla. Adrián foi abrila, pero non puido, e como era de noite, decidiu abrila ao día seguinte.

Cando se levantou, foi á habitación e abriu a trampilla. Non había nada dentro, pero facía moita peste. Quixo entrar, pero non se atreveu e decidiu entrar pola tarde. Pola tarde, entrou.

A chegada de Xavier

Nas cartas de Adrián xa non se dicía nada máis e Xavier decidiu ir a Doroña. Cando chegou á casa, viu que Adrián non mentira e que era verdade que a casa era preciosa. Xavier entrou e viu que na casa non había ninguén e foi directamente á cociña, que era onde Adrián tirara o tabique, e viu que alí non había ningún buraco, pero que o taparan hai pouco porque o cemento aínda estaba fresco.

Xavier foi durmir, cando de súpeto soou o fax. Era unha estraña mensaxe como as que lle contaba Adrián, pero poñía outras cousas: dicía: “Xavier, axúdame!” Xavier foi ver o libro e alí estaba ese retrato; a moza estaba a durmir. Ao día seguinte, Xavier volveu mirar o libro e viu que a imaxe cambiara. Adrián tiña razón. Rapidamente, colleu un pico e foi romper a parede, e entrou no cuarto. Vio a trampilla e estaba aberta. Adrián tiña que estar alí. Cando de súpeto, Xavier viu unha forma moi rara na trampilla. Xavier foise correndo e encerrouse no seu cuarto. Non puido durmir porque os ruídos non pararon en toda a noite.

Á mañá seguinte, Xavier decidiu entrar e foi ao cuarto. Entón, viu unha nota e púxose a lela. Era de Adrián, dicía que se fose, que corría un gran perigo, que lle deixase, que eles tiñan fame. A Xavier non lle importou e baixou, pero levou unha chea de leña para facer lume, xa que o lume o purificaría todo.

As cartas de Xavier xa non dicían nada máis.

O final

Teresa, moi nerviosa, lévalle as cartas ao inspector Sotillo, e os dous fóronse a Doroña. Cando chegaron á casa, viron que había unha chea de xente e fume; a casa estaba en chamas. Cando apagaron o lume, Teresa entrou, pero non viu nada.

Teresa foi dar unha volta polas montañas para despexarse e alí viu o libro. Colleuno e foi á casa. Reuníu follas e ramas secas e queimou o libro. O libro empezou a facer ruídos estraños e a saír fume negro, pero Teresa non se foi de alí. Ao momento, pararon os ruídos e o fume. Ese foi o momento en que Teresa soubo que todo acabara, e que Xavier e Adrián poderían descansar en paz.

Tema

Trata dun escritor que se chama Xavier, que despois de volver de Canadá, envía á súa irmá un sobre con historias sobre o seu amigo Adrián e el. Xavier atópase cunha chea de cartas enviadas polo seu amigo e, asustado polo que lle contaba, foi axudalo, pero el non sabía o que había nesa casa enmeigada. Ao final, Xavier e Adrián morren.

Estrutura interna

  • FORMULACIÓN: Dende que Teresa le as cartas que lle envía o seu irmán Xavier ata que Adrián compra a casa.
  • NÓ: Dende que a Adrián mándanlle mensaxes estrañas ata que Xavier queima a casa.
  • DESENLACE: Cando Teresa chega a Doroña e queima o libro.

Personaxes

Principais:

  • Adrián: É un famoso pintor, que despois de estar moito tempo no estranxeiro volve á súa casa.
  • Xavier: É un famoso escritor, amigo de Adrián desde pequeno.
  • Teresa: É a irmá de Xavier, é unha persoa moi valente.

Secundarios:

  • Sotillo: É o inspector ao cal Teresa dálle as cartas do seu irmán, Xavier.

Tempo histórico

A época é actual, as accións ocorren no inverno.

Espazo

A maioría das accións ocorren nun lugar chamado Doroña-Vilamaior.

Opinión persoal

Este libro gustoume moito porque foi o único libro que empezaba a ler e non podía parar, e porque os libros de misterio gústame moito.

Entradas relacionadas: