Resumen os outros feirantes

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,31 KB

Os outros feirantes de Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981) estudou en Santiago Filosofía e Letras. Revelouse como un excepcional Poeta vangardista e neotrobadoresco. Tras a guerra comeza a súa profesión de xornalista e retoma a actividade literaria.

Desde os anos 60 convértese nun escritor de éxito e recibe homenaxes e recoñecementos públicos como o Premio Conde de Godó pola

súa obra xornalística, recollida nos volumes “El Envés” e “Laberinto y Cía”. Ingresou na Real Academia Galega (1963), foi nomeado doctor Honoris causa (1980) pola Universidade de Santiago de Compostela. Outras obras súas son
Merlín e Familia (novela), Escola de menciñeiros

(relatos)
, Herba aquí e acolá (poesía), A noite vai coma un río (teatro), Tesouros novos e vellos (ensaio)...

Os outros feirantes son unha serie de relatos que retratan personaxes imaxinarios e algúns, incluso, poderían ser reais. Neles presenta a forma de Pensar dos galegos e as circunstancias do seu vivir, contando feitos curiosos das súas vidas mediante o humor e a fantasía.

Os personaxes destas historias son persoas moi curiosas que teñen en común que son galegos. Tamén hai personaxes fantásticos: unha fada (en “Pechado Po defunción”), o gatipedro (en “Marcelino Pardo”), un anano (en “O enano das burlas”), animais que falan (en “O cabalo de Alberte Merlo” ou “O corvo

Estanislao”). Como esta obra é un conxunto de moitos relatos, cada historia ten o seu protagonista. De feito case todos os relatos levan por título o nome da Persoa que os protagoniza (“Xosé Liñeiras”, “Rosa Martiño”, “Manuel Suárez”...) agás uns poucos como “A voadora de Serantes”, “O loro das Esmelgas” ou

“Pechado po defunción”.

Esta obra, ao estar constituída por moitos relatos, trata diversos temas. Nalgúns relatos como “Manuel Suárez”, “O Partiquino Ramírez”, etc. Faise referencia á Emigración. Noutros, como “Marcelino Pardo” ou “ Xosé Regueira” alúdese á marcha dos homes ao servizo militar. Ambas as dúas situacións moi comúns na Galicia

daquela época, xa que, como dixen anteriormente, en xeral, conta costumes e feitos curiosos, mesturados con feitos fantásticos que lles sucedían aos galegos naquel Tempo. Eran persoas que non saían da súa terra salvo por circunstancias como as mencionadas.

Álvaro Cunqueiro utiliza, polo xeral, a terceira persoa para narrar estes relatos e, por tanto, trátase dun narrador Omnisciente que coñece todo sobre os personaxes. Pero non sempre é así e ás veces ten dúbidas sobre certos trazos dos seus Personaxes. Nalgunhas historias fala en primeira persoa e pode haber trazos no narrador do Cunqueiro real, por exemplo en “Louro de Paredes” ou “Fuco da Pedrosa”.

Utiliza unha lingua moi variada, aínda que con incorreccións (“Cruña” en vez de Coruña, “Xuanceda” en vez de Xanceda), Castelanismos (“conocido” por coñecido, etc.).

Na meirande parte dos relatos os sucesos ocorren de xeito lineal, agás nalgúns como “Penedo da Silvosa”, onde o Protagonista conta nunha taberna historias que lle sucederon no pasado.

Os espazos desta obra teñen en común en todos os relatos que se trata dun ambiente rural. Todas as vilas que se nomean Pertencen a Galicia (Santiago, Ordes, Mondoñedo, Lugo, Corbelle...) aínda que tamén se citan lugares a onde os galegos Emigraban nesa época, como, por exemplo, América.

Esta é unha obra interesante e divertida, xa que nos mostra o xeito de pensar dos galegos naquela época dunha forma Curiosa, contando relatos cheos de fantasía e humor. 

Entradas relacionadas: