Restauración Borbónica: Claves do Sistema Político Canovista

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en español con un tamaño de 4,18 KB

A Restauración Borbónica e o Sistema Político Canovista

O pronunciamento de Martínez Campos en decembro de 1874, acollido favorablemente polo exército e as forzas políticas conservadoras, significou a restauración da monarquía na persoa de Alfonso XII, o único fillo varón de Isabel II. O político clave do movemento foi Antonio Cánovas del Castillo, que asumiu a rexencia ata o regreso do rei en xaneiro de 1875.

As Bases do Sistema Canovista

As bases deste sistema seguen o modelo que Cánovas pretende crear para superar os problemas dos tempos de Isabel II, rematar co monopolio do poder por parte dos moderados, rematar cos pronunciamentos, eliminar a participación dos militares na vida política, elaborar unha constitución coa que poidan gobernar dous partidos, e pacificar o país, rematando cos conflitos.

Xorde a Constitución de 1876, baseada nos principios do liberalismo conservador (doutrinario, censatario), con valores supremos: monarquía, relixión, propiedade privada. A soberanía é compartida entre o rei e as cortes. Sufraxio censatario dende 1890. Monarquía: poder moderador (veto, convocar cortes...). Cortes bicamerais, confesionalidade do estado, pero tolerante con outras crenzas, declaración de dereitos remite a leis posteriores.

Bipartidismo e Quenda Pacífica (Turnismo)

O sistema canovista consiste na alternancia no poder dos chamados partidos dinásticos, conservador e liberal. O líder do partido conservador era Cánovas e o líder do partido liberal Sagasta. Os outros partidos teñen un papel irrelevante no sistema e o exército está subordinado ao poder civil e ao rei; a cambio os militares teñen certa autonomía, elevados orzamentos e postos no senado. O rei non debe intervir na vida política, e é o xefe supremo do exército. Con este sistema, Cánovas, logra estabilidade e non haberá pronunciamentos.

Os Conflictos Bélicos

A consecuencia inmediata da derrota carlista foi a abolición definitiva do réxime foral, pero logran convenios económicos similares. O final da guerra carlista permitiu acabar de xeito máis doado coa insurrección cubana, a Guerra dos Dez Anos. Como resultado da actuación militar e da negociación cos insurrectos, en 1878 asinouse a Paz de Zanjón, na que se incluía unha ampla amnistía, a abolición da escravitude e promesas de reforma. Pero o incumprimento da lugar a un novo conflito, a Guerra Chiquita (desde 1879)

Os Partidos Dinásticos

O funcionamento do sistema político deseñado por Cánovas requería a existencia de dous grandes partidos dinásticos que se alternasen no poder. Esta quenda de partidos cumpriuse escrupulosamente ata finais do século XIX, cando a crise de 1898 puxo en xaque o sistema.

  • Cánovas fora o líder do partido Alfonsino (Sexenio), converteuno en partido liberal-conservador, coñecido por partido conservador.
  • Sagasta fora progresista, defensor da constitución do 69. Funda o partido liberal-fusionista, coñecido como partido liberal.

Son chamados partidos dinásticos por aceptar a monarquía alfonsina como base do sistema, por riba da constitución, aceptar a alternancia no poder, o acordo tácito: as leis deben servir para gobernar calquera dos dous partidos. Tras a morte de Alfonso XII asinan o Pacto de El Pardo para apoiar a rexente e garantir a estabilidade do modelo político.

As semellanzas entre estes partidos son a defensa da monarquía de Borbón e da Constitución de 1876, da propiedade privada, do modelo de estado unitario e centralista. Son partidos notables e pertencen á oligarquía e á clase media, están de acordo en manipular as eleccións.

Pero tamén teñen diferenzas que son: o sufraxio, os conservadores o queren censatario e os liberais universal masculino, as reformas, os conservadores son inmobilistas e os liberais son máis reformistas: Lei de asociacións, fin da escravitude, Código Civil.

O funcionamento da quenda pacífica: se o partido no poder ten algún problema e é criticado, o rei chama ao xefe do partido da oposición a formar goberno. Disolución cortes. O novo goberno convoca eleccións e gáñaas. Hai maioría parlamentaria que apoia ao novo goberno.

Entradas relacionadas: