Reproducción en Angiospermas: A Flor e a Fecundación

Física2,46 KB

Reproducción en angiospermas

A flor das angiospermas consta de 4 verticilos modificados:

  • O cáliz, formado polos sépalos, con función protectora.
  • A corola, formada por follas de cores chamadas pétalos, con función protectora e de reclamo de insectos polinizadores.

O cáliz e a corola forman o periantio.

  • O androceo ou aparello reproductor masculino, formado por un conxunto de estambres. Cada estambre consta dun filamento e unha antera con dúas tecas; cada unha delas ten 2 sacos polínicos ou microsporanxios, onde están as células nai (2n) do pole.
  • O gineceo ou pistilo, aparello reproductor feminino, formado por un ou varios carpelos pechados con forma de botella (formados por estilo, estigma e ovario). O ovario contén un ou varios óvulos.

O androceo e a formación do pole

Nos microsporanxios están as células nai (2n) que, por meiose, darán 4 microsporas con dobre parede (exina e intina). Os núcleos das microsporas producen por mitose 2 núcleos (o vexetativo e o espermático); este último volve dividirse e, ao final, hai 3 núcleos haploides: 1 vexetativo e 2 espermáticos.

O gineceo e o saco embrionario

Cada óvulo ten dous tegumentos (primina e secundina) e un orificio, o micrópilo. No interior está o macrosporanxio ou nucela, onde se atopa a célula nai (2n) do saco embrionario, que por meiose dá 4 células haploides, das cales 3 degeneran. A outra forma o saco embrionario, cuxo núcleo sofre tres mitoses consecutivas, dando 8 núcleos haploides: 1 oosfera (gameto feminino), 2 sinérxidas (ao lado da oosfera), 3 antípodas e dous núcleos centrais que se fusionan e dan un núcleo secundario (2n) no centro.

Polinización e fecundación

Cando os grans de pole que arrastra o vento (polinización anemófila) ou que chegan a través dos insectos (polinización entomófila) se depositan no estigma, a exina rompe e a partir da intina fórmase o tubo polínico, que penetra polo micrópilo do ovario.

Deste xeito, un núcleo espermático fecunda a oosfera formándose o embrión, e o outro núcleo espermático fecunda o núcleo secundario (2n), orixinando un núcleo triploide (3n) do que se desenvolverá o endospermo ou albúmen, reserva alimenticia do embrión.

O ovario da flor transfórmase en froito, que alberga unha ou varias sementes.

Descargar

PDF Word HTML