A Represión e a Recuperación da Lingua Galega durante o Franquismo

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,63 KB

A Lingua Galega durante o Franquismo: Represión e Resistencia

A Represión Lingüística (Décadas de 1940 e 1950)

En poucos lugares do Estado se deu unha represión tan forte como en Galicia. O novo réxime ditatorial tivo importantes apoios, como a Igrexa e os bancos. Nesta época, o Partido Galeguista quedou na clandestinidade.

Prohibición e Estigmatización

Co réxime, o uso do galego fóra do ámbito familiar e laboral ou en contextos non coloquiais estaba estritamente prohibido nas escolas, administracións e espazos públicos. Calquera defensa do galego era vista como un acto antipatriótico, e quen a expresase era sospeitoso de separatismo.

O Proceso de Desgaleguización

Durante o franquismo, o proceso de desgaleguización evidenciouse en catro fenómenos principais:

  • Incremento do uso do español entre a poboación nas zonas urbanas.
  • Penetración do castelán no mundo rural.
  • Aumento da presenza de persoas monolingües en castelán.

Nesta situación influíron as modificacións dos contextos sociais e dos tipos de hábitat, as estruturas estatais e o impacto sociolingüístico da emigración.

O Exilio e a Clandestinidade

O galeguismo interior enmudeceu, e foron os exiliados os que mantiveron vivo o proceso de recuperación lingüística e cultural iniciado polas Irmandades da Fala. Promovían:

  • A publicación de libros.
  • A emisión de programas de radio en galego.

Síntomas de Recuperación e Normalización (Décadas de 1950 e 1960)

A finais dos anos 40 comezaron a producirse síntomas dunha lenta recuperación, inicialmente en ámbitos literarios.

Hitos Culturais e Editoriais

Será nos anos 50 cando se constituíu a Editorial Galaxia, que naceu considerando que a lingua é o principal sinal de identidade de Galicia e defendendo o seu prestixio.

Nos anos 60 producíronse cambios importantes, destacando:

  • A iniciativa da Real Academia Galega de celebrar os cen anos da publicación de Cantares Galegos de Rosalía de Castro (R. de C.), co que ficou instaurada a celebración do Día das Letras Galegas.
  • A prensa comezou a incorporar o galego nas súas páxinas.

Movemento Social e Académico

Neste momento comezáronse a crear asociacións culturais que conseguiron burlar a clandestinidade (como O Facho na Coruña). A demanda de oficialidade do idioma cobrou cada vez máis forza en numerosos ámbitos da sociedade. Moitas persoas novas, educadas no castelán, reintegráronse no galego.

Tivo unha importancia simbólica a creación da Cátedra de Lingua e Literatura Galegas na USC (Universidade de Santiago de Compostela).

Fundouse o Instituto da Lingua Galega (ILG), coa misión de iniciar un labor de investigación científica sobre o idioma.

O movemento da Nova Canción Galega empregou o galego nas súas cancións e contribuíu a normalizar o idioma no ámbito musical.

A Agonía do Réxime e a Visibilidade do Galego

No período de agonía do franquismo percibíronse máis síntomas da recuperación social do galego: carteis e reivindicacións en galego, comunicados en prensa, etc. Nos medios de comunicación destacou a aparición do programa Panorama de Galicia en TVE-Galicia. Isto demostraba na práctica en moitos fogares que o galego tamén era apto para un medio moderno como a televisión.

Entradas relacionadas: