O Reparto de África: Imperialismo e Conferencia de Berlín
Enviado por Chuletator online y clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,51 KB
O Reparto de África: Imperialismo e Colonización
Cando comeza a ocupación territorial de África, esta aínda tiña moito por descubrir. Vaise converter nun exemplo de imperialismo colonial. Repártese entre os países europeos. Só quedan independentes Etiopía e Liberia (este país é froito dun acordo da SDN para levar alí os antigos escravos).
A Conferencia de Berlín (1884-1885)
Creouse para coordinarse e evitar conflitos durante o reparto de África. Estivo dirixida por Bismarck. A idea era que non houbese conflitos, a realpolitik. Na conferencia decidiuse:
Libre circulación dos ríos Níxer e Congo
Independentemente do territorio polo que pasasen, todos os países podían usalos.
Estado Libre do Congo
Era propiedade privada do rei Leopoldo II de Bélxica e unha localización central. Cando Leopoldo morra, déixao ao seu país e este pasa a chamarse Congo Belga. Era un dos territorios máis ricos de África. Na conferencia chegouse ao acordo (con Leopoldo) polo que todas as potencias podían explotalo a cambio de diñeiro.
Dereito de ocupación efectiva
Para que un territorio se considerase colonia dun país, necesitaba haber unha ocupación permanente, organización, xente...
División de países
No congreso, cunha regra, dividiron África. Non tiveron en conta nada. Quedaron tribos inimigas nun mesmo país, separáronse familias, montañas (que dividían tribos) quedaron divididas...
Os Grandes Imperios Coloniais en África
Imperio Británico
Pretendían crear un imperio continuo entre O Cabo e O Cairo. Querían dominar África de norte a sur. Querían construír un ferrocarril que unise toda África (non o conseguiron por moi pouco).
Os británicos quedaron (sen contar o Congo) cos territorios africanos máis ricos. Era o que tiña máis territorios en África, e era o máis importante.
Á parte dese eixo norte-sur, tamén tiñan na costa occidental Gambia e Serra Leoa. Tamén Nixeria, no Golfo de Guinea. Parte deste imperio tamén dominaba Somalia, Kenia e Uganda.
Imperio Francés
Tamén quería un imperio continuo, de costa a costa, de oeste a este. Desde Dakar ata Djibuti. Dominaban toda a zona norte e oeste de África. Puxéronlle o nome de África Noroccidental Francesa con países como Alxeria, Tunisia, Sáhara e Marrocos. Debaixo dese territorio tiñan a África Ecuatorial Francesa, con Gabón e Guinea Francesa. Na zona oriental tiñan a illa de Madagascar. Era o segundo imperio máis importante.
Outros Imperios
Os Belgas
Tiñan o Congo.
Alemaña (unificada en 1871)
Non tiña colonias, pero quería ser unha gran potencia mundial. Guillerme II, que botou fóra a Bismarck e tiña como forma política a Weltpolitik, buscaba facer de Alemaña unha gran potencia custe o que custe. Como non tiñan colonias, impulsou a Conferencia de Berlín para reclamar colonias. A frase "busca un lugar baixo o sol" quería dicir que debían buscar colonias. Isto provocou enfrontamentos con Francia e Gran Bretaña para conseguir colonias en África e despois en Asia.
Entrou en conflitos con Francia, por Marrocos; e con Gran Bretaña por Tanganica. Tiña a África Suroccidental Alemá e a África Oriental Alemá. Conseguiu que lle cedesen Togo e Camerún.
Italia
Era dona de Libia (un país grande ao lado de Exipto). Desde alí quixo entrar en Etiopía, pero fracasou na conquista. Volveu intentalo e volveu fracasar.