Renovadores da Prosa Galega (1936-1976): Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,78 KB

A Prosa Galega entre 1936 e 1976: Os Renovadores

A Guerra Civil supuxo un freo no impulso que a Xeración Nós dera á prosa galega. Ata os anos 50 non se publicou en Galicia ningunha novela ou libro de relatos na nosa lingua. O primeiro foi A xente da Barreira (1950), de Ricardo Carballo Calero, que retrata a decadencia da fidalguía de finais do século XIX. As dificultades sociais e políticas da época dificultaron o desenvolvemento da prosa de ficción, e ata ben entrada a década de 1960 non se pode falar de tendencias claras, máis alá do esforzo individual de cada autor.

Entre 1936 e 1976, a prosa galega estivo representada por un grupo de narradores cunha forte individualidade literaria:

  • Álvaro Cunqueiro: Combina realidade e fantasía (realismo fantástico).
  • Ánxel Fole: Recupera a tradición do conto popular (realismo popular).
  • Eduardo Blanco Amor: Escritor realista de marcado carácter social (realismo social).
  • Xosé Neira Vilas: Escritor do mundo rural e a emigración.

Ánxel Fole

Un dos grandes mestres da narrativa breve en galego, fundamentalmente escritor de contos. Publica en 1953 Á lus do candil, catorce relatos baseados na mitoloxía popular (lobos, aparecidos, meigallos…) de ambientación rural e escritos coa técnica tradicional do conto oral:

  • Introdución: Sitúa a historia nun tempo e espazo concretos.
  • Desenvolvemento: De forma linear.
  • Conclusión: Sentenza de carácter didáctico.

Outra obra destacada é Terra brava, de temática máis misteriosa.

Álvaro Cunqueiro

As súas seis obras narrativas adoitan clasificarse en dúas liñas:

Narrativa Longa

Con personaxes míticos e ambientación en terras afastadas. Inclúe tres novelas con estrutura similar: coleccións de historias narradas por un testemuña.

  • Merlín e familia (1955): Episodios narrados polo paxe de Merlín, recreando a materia de Bretaña desde unha perspectiva galega.
  • As crónicas do Sochantre (1956): Novela humorística ambientada na Bretaña francesa durante a Revolución.
  • Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961): Protagonizada polo mítico mariñeiro, que inventa aventuras para manter o seu prestixio.

Libros de Semblanzas

Retratos de personaxes populares con protagonistas e espazos galegos.

  • Escola de menciñeiros (1960)
  • Xente de aquí e de acolá (1971)
  • Os outros feirantes (1979)

Eduardo Blanco Amor

A súa obra narrativa ten as seguintes características:

  • Ambientación en Ourense (Auria) entre 1900 e 1920.
  • Narración en primeira persoa.
  • Numerosos personaxes.
  • Temas: violencia, marxinación, educación represiva, adolescencia…

Obras destacadas:

  • A esmorga (1959): Unha das mellores novelas da literatura galega. Narra as últimas 24 horas de esmorga de Cibrán, o Bocas e o Milhomes por Ourense.
  • Os biosbardos (1962): Sete relatos curtos ambientados no Ourense de principios de século.
  • Xente ao lonxe (1972): Radiografía do Ourense de principios de século, a través da experiencia dun grupo de traballadores.

Xosé Neira Vilas

As súas obras caracterízanse por:

  • Ambientación no mundo rural de posguerra.
  • Protagonistas en conflito co medio, debido á opresión.
  • Temas: emigración, caciquismo, explotación…

Obras do ciclo do neno, ambientadas en Galicia:

  • Memorias dun neno labrego
  • Cartas a Lelo
  • Aqueles anos do Moncho

Entradas relacionadas: