A Renovación da Poesía Galega: As Irmandades da Fala e os seus Autores
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,57 KB
A Poesía das Irmandades da Fala
A literatura galega de comezos do século XX é de carácter tradicional, cunha forte presenza de elementos costumistas e ruralistas. A renovación chegará na época das Irmandades da Fala e do Grupo Nós.
Os escritores máis representativos deste período son Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas.
- Son autores nos que se percibe a tradición do século XIX e tamén anuncian a renovación do século XX.
- Ambos militaron no Agrarismo, movemento que ten lugar no primeiro terzo do século XX e que tiña como obxectivo principal a redención dos foros.
Antonio Noriega Varela
Biografía
- Naceu en Mondoñedo.
- Realizou estudos no seminario.
- Tivo unha breve simpatía co Agrarismo. O seu desterro á Raia Seca e Trasalba permitiulle coñecer o saudosismo portugués e alcanzar a súa maduración poética.
Obra
Coñecido como o "poeta da montaña".
Era moi perfeccionista. Só escribiu un único libro: Do ermo.
Características da obra
Primeira etapa
Tema: Expresa a dureza da vida campesiña e representa as súas festas.
Forma: Reproduce o falar propio dos labregos.
Segunda etapa
Tema: Presenta unha paisaxe onde o poeta está só coa natureza. Amosa tenrura cara aos aspectos máis humildes da natureza (franciscanismo).
Forma: Utiliza os sonetos. Presenza de cultismos.
Significación
Inicia a corrente neovirxilianista ("paisaxismo humanístico") que continuarán autores como Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé María Díaz Castro.
As Irmandades da Fala
- Xorden en 1916.
- Desenvolven a cultura galega coa creación de editoriais, revistas, etc.
- Os escritores que militan nelas mostran un forte compromiso coa lingua, cos presupostos nacionalistas e coa renovación das liñas literarias.
- Introducen a idea dunha literatura moderna, pero tamén fiel aos sinais de identidade galegos e á tradición decimonónica.
- Ramón Cabanillas é o seu autor máis representativo.
Ramón Cabanillas
Biografía
- Realizou estudos no seminario.
- Emigración: Durante a súa etapa na emigración, publicou as súas primeiras obras.
- Regreso: Ao seu regreso, milita nas Irmandades da Fala, converténdose no voceiro poético desta agrupación.
Obra
A súa obra caracterízase pola súa extensión e variedade de rexistros.
Poesía lírica
- Poesía social e combativa: Con influencia de Curros Enríquez e eco do ideario agrarista.
- Poesía intimista: Seguindo a liña de Rosalía de Castro.
- Recreación do celtismo ossiánico.
- Costumismo tinguido de modernismo.
Poesía narrativa
A súa obra cume neste xénero é Na noite estrelecida.
Nela, recolle, actualiza e dá proxección ideolóxica á Materia de Bretaña.
Tema de Na noite estrelecida
Combina elementos tradicionais con elementos novos:
- Elementos tradicionais: mitos célticos, idealismo cabaleiresco, misticismo e tradición cristiá.
- Elementos novos: alegorización da Materia de Bretaña, a "saudade" como sentimento étnico e o modernismo.
Forma
- Predominio do descritivo sobre o narrativo.
- Emprego dunha lingua culta.
- Presenza de elementos modernistas:
- Abundancia de adxectivos (cromáticos, sensoriais...).
- Métrica variada, con uso do verso alexandrino, o octosílabo e a combinación de heptasílabo con alexandrino.
Significación
Cabanillas representa a síntese perfecta entre a tradición literaria do século XIX e as influencias renovadoras (como o Modernismo), poñendo esta combinación ao servizo do ideario nacionalista.