O Renacemento: Unha Viaxe pola Arte e a Historia do Quattrocento e Cinquecento

Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en español con un tamaño de 3,59 KB

O Renacemento: Contexto, Características e Legado Artístico

Chamamos Renacemento a un período cultural e artístico que se estende cronoloxicamente durante os séculos XV (o Quattrocento) e XVI (o Cinquecento). Este movemento caracterízase principalmente pola volta á antigüidade clásica.

Un Novo Horizonte: Transformacións Sociais e Culturais

Tras a crise do século XIV, que fin á Idade Media, comeza neste período unha lenta recuperación demográfica e económica, coa expansión do comercio e o crecemento das cidades. En Europa, pouco a pouco os monarcas iranse impondo aos señores feudais, xurdindo así os Estados Modernos e as Monarquías Autoritarias. Esta será tamén a época dos grandes Descubrimentos Xeográficos (Colón, Magallanes) e das divisións no seo da Igrexa Católica; primeiro serán os protestantes da man de Lutero e máis tarde en Inglaterra o Anglicanismo da man de Henrique VIII.

Ao mesmo tempo, vaise producindo un avance do pensamento racional e científico, e a difusión do coñecemento grazas á aparición da imprenta.

A Arte Renacentista: O Retorno á Clasicidade

No campo da arte vólvese á pureza das formas artísticas da cultura grega e romana; non é estraño, pois, que o movemento xurdira en Italia, xa que aquí estaban moito máis vivas as formas artísticas que caracterizaran a arte da antigüidade. Italia, que nestes momentos se atopa dividida nunha serie de estados independentes, será a cuna do Renacemento; cada un destes estados estaba dominado por unha importante familia de burgueses que actuaban como mecenas (protectores) de artistas.

O Quattrocento: Florencia, Berce da Innovación

O Quattrocento: Florencia, a inicios do século XV, era unha cidade orgullosa de si mesma. Acababa de salvar a ameaza de invasión da poderosa Milán e mantiña as súas liberdades republicanas, gobernada por cidadáns. Florencia considérase a nova Atenas e así se vai comportar. Este clima de optimismo é propicio para o desenvolvemento das Belas Artes.

Neste ambiente artístico xorden un grande número de artistas destacados, dos que salientamos tres figuras clave:

  • Brunelleschi na arquitectura
  • Donatello na escultura
  • Masaccio na pintura

Outros artistas como o escultor Ghiberti gozarán de grande popularidade.

O Cinquecento: A Culminación do Renacemento

O Cinquecento: Podemos identificar o Cinquecento co período de Renacemento Pleno, que dura moi pouco tempo, como moito as tres primeiras décadas do século XVI. O Cinquecento supón a síntese das exploracións e investigacións iniciadas no Quattrocento en Florencia.

Agora o protagonismo artístico pasa a Roma grazas ao mecenado de papas como Xulio II e Sixto V. Tamén Venecia converterase en centro artístico con peculiaridades propias. É o século dos máximos xenios da creación artística:

  • Leonardo da Vinci
  • Miguel Anxo
  • Rafael Sanzio

Estes mestres representan a culminación do Renacemento. A influencia e estima destes autores foi tal nos tres séculos seguintes que en parte escurecen todo o Quattrocento.

Entradas relacionadas: