O Renacemento e a Expansión Europea

Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,34 KB

O Renacemento Italiano

Xurdiu en Italia e difundíuse por Europa. O novo estilo desenvolveuse no Quattrocento (en Florencia cos Medici) e no Cinquecento (cando a capital da arte trasladouse a Roma).

A Arquitectura

Os arquitectos crearon un espazo harmonioso cos elementos. Aplicaron a simetría. Utilizaron o lintel, o friso e a columna gregos, o arco de medio punto e a cúpula romana.

A Pintura e a Escultura

Os pintores crearon a mitoloxía clásica, escenas relixiosas, o retrato psicolóxico e a natureza das figuras. Utilizaron as leis da perspectiva (estudo da xeometría e avance dos instrumentos ópticos). Os escultores representan o humano con proporcionalidade e harmonía. Realizáronse esculturas exentas, relevos, bustos e estatuas ecuestres. Os pintores do Quattrocento querían representar proporción e equilibrio, e no Cinquecento volume, movemento, emocións e sentimentos.

Expansión do Renacemento en Europa

O Renacemento expandiuse polo século XVI e a introdución do novo estilo foi a clave.

Alemaña

A partir da Reforma Luterana, os pintores alemáns realizaron retratos, paisaxes e cadros mitolóxicos. O Renacemento foi introducido por Alberte Durero, pintor. As súas obras plasman a proporción e harmonía do corpo humano. Sobresaíron Hans Holbein o Mozo e Lucas Cranach o Vello.

Francia

O Renacemento chegou a finais do século XV. O impulso final tivo lugar baixo o reinado de Francisco I, gran humanista e mecenas. Destaca a arquitectura, coa construción de palacios e castelos. Nas fachadas, ordes arquitectónicas clásicas e nos tellados inclinados, remátase con chemineas e bufardas.

O Renacemento en España

En España tivo un desenvolvemento tardío pola forza do gótico e introduciuse o novo estilo a partir do século XVI.

Pintura. Orixinalidade do Greco

Os pintores renacentistas españois adoptaron a nova linguaxe renacentista e centráronse en temas relixiosos. Valencia foi un centro artístico moi activo.

O Greco

Doménikos Theotokópoulos (xenio da pintura renacentista española). De novo viaxou a Italia onde aprendeu todo e despois instalouse en Toledo. As súas obras tiñan un cromatismo moi vivo no que predominan tonalidades azuladas e avermelladas, e as súas composicións repletas de figuras alongadas que inflúen espiritualidade.

Arquitectura

- Plateresco: elementos decorativos en edificios góticos. Delicados relevos.
- Clasicista: modelos arquitectónicos clásicos (columnas, linteis e frontóns).
- Herreriano: ausencia decorativa, liñas rectas e volumes cúbicos.

Escultura e Imaxinaría Relixiosa

A escola española plasmou sentimentos relixiosos, en busca de espiritualidade. Escultores traballaron a madeira policromada. Bartolomé Ordoñez, Alonso Berruguete e Juan de Juni.

Recuperación Económica e Desigualdade Social

Crecemento da Economía

Durante o século XV, nos reinos peninsulares recuperáronse as actividades económicas.

Na Coroa de Castela

Estendeuse a actividade gandeira das ovellas merinas e flandres a través dos portos cantábricos. A nobreza defendeu os seus intereses a través da Mesta, á que lle outorgaba dereitos de pasto. A expansión dos pastos supuxo a perda de terras cultivables e obrigaba á importación de cereais. A exportación de la dificultou o desenvolvemento da industria téxtil.

Na Coroa de Aragón

Fernando aboliu os "malos usos", a partir de aí os campesiños pobres melloraron. En Cataluña impuxéronse aranceis para protexer as manufacturas dos tecidos. Os portos recibiron máis actividade comercial.

Desigualdades e Priviléxios Sociais

Moita desigualdade económica, o 90% da poboación eran campesiños e artesáns e o resto nobres e altos cargos do clero. En Castela estableceuse o morgado, forma de asegurar a lealdade á coroa das grandes familias nobres. En Aragón, o retroceso demográfico fixo que comerciantes e artesáns aumentasen a súa influencia social.

Chegada a un Novo Continente

Causas das Expedicións Marítimas

Importante o comercio de produtos orientais no século XV, pero o Imperio Otomán impediuno. A partir de aquí os estados europeos comezaron a explorar o océano para encontrar rutas cara á India e Asia. Isto impulsou a navegación e creáronse novos instrumentos como o compás, o astrolabio e o portolano. Tamén a carabela.

Expedicións Portuguesas

Os portugueses estableceron colonias comerciais para alcanzar a India. Bartolomeu Dias chegou ao sur de África e Vasco da Gama chegou á India en 1498. Estas viaxes crearon un monopolio portugués do comercio da seda e especias en Europa.

O Proxecto Precolombino

Cristovo Colón estaba convencido de que a Terra é redonda e que se podía chegar á India polo oeste do Atlántico. En 1492 os Reis Católicos financiaron o seu proxecto e asinaron as Capitulacións de Santa Fe.

Erro de Colón

Colón estudou e consultou aos sabios da antigüidade e aos seus contemporáneos. Contradicindo á xente, dicía que a Terra é redonda e que se pode alcanzar Asia cara ao oeste, pero cometeu erros nos cálculos que fixeron que durante 20 anos crera que chegara a Asia.

Entradas relacionadas: