Relatos da Terra: Unha Colección de Narracións Galegas
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,98 KB
Relatos da Terra
Sobre a morte do Bieito
Neste conto cóntase que morreu o Bieito, e un dos que levaba a caixa sentiu un ruído dentro da caixa. El pensou en dicirllo á xente e á familia, pero non se atreveu a dicilo porque lle daba moita vergoña se despois estaba morto de verdade. El quedou coa intriga e á noite foi ao camposanto cunha sacha para desenterralo e saber a verdade. Nestes intres oíu uns pasos de persoa e decidiu marchar sen que o viran.
De como morreu o Ramires
O Ramires era un indiano que volvía de emigrar vinte anos nas terras de Catamarca. O Ramires está case a punto de morrer, acompañado da súa muller e do seu fillo. Tanto o cura da aldea como o sancristán intentan convencelo para que morra como bo cristián, pero el négase.
O regreso
Resenda ten un fillo que se chama Andrés. El emigrou para Mouramia e a súa nai non volveu ter noticia del. Todos os veciños din que ela tiña unhas moedas aforradas para o seu fillo. Ela ao cabo duns anos sente ruídos na casa e comeza a chamar polo seu home, que estaba morto, para meterlle medo ao ladrón. Ela coa intriga ergueuse e vai ver quen andaba alí e atopouse co seu fillo xunto ao lume. Ao día seguinte Resenda estaba morta.
A luz en silencio
Un home que vive na cidade, ten que vir á aldea por culpa duns papeis. Os papeis tenos que arranxar cunha persoa de confianza que lle coidaba todo. El queda só na casa pola noite para buscar os papeis. El comeza a sentirse inseguro e a notar a presenza de alguén, polo que acende tres mistos. Cando baixa á sala descobre que está só.
Historia dun xoguete
Un mariñeiro entreténse na goleta facendo un barco de madeira, ao que lle vai chamar Nosa Señora do Carmen, como a propia goleta. El ten a idea de, cando chegue a casa, penduralo nela. Pero non vai chegar por culpa dunha tormenta. Ten que tirar o barco que fixera, e ese barco atopouno un rapaciño na praia. A nai recoñeceuno e colgouno na súa casa e comeza a vestirse de loito pola morte do seu marido.
O vello moreno
Están varios homes nunha taberna cerca dun porto falando de mulleres. O vello moreno comeza a contar a historia dunha muller que lle fora infiel ao seu marido. Ela, cando soubo que este volvía, comeza a poñer bonita a casa. Pero o seu marido non chega. En vez do seu marido chégalle un baúl con roupa e cousas para o fillo e moitos cartos.
O vagamundo
O narrador conta a historia dun vagamundo que non quixo nin estudar, nin traballar o campo nin ir navegar. El é un traficante de tabaco. Sempre anda con roupa vella e mal vestido. Vai detrás dunha muller espiando mentres que esta ía lavar a roupa. El é descuberto por outro home e este golpéao.
O vello que quería ver o tren
Un vello que vive na montaña non quería morrer sen ver un tren. Entre el e mais o neto convencen á familia para ir. Eles van nun carro de bois. Cando están alí vese chegar a fumeira da locomotora e despois o convoi. O neno queda asombrado, sen embargo o avó queda algo triste porque di que aínda hai moitos máis mundos que ver.
O neno suicida
Un neno suicídase dun disparo e un vagamundo conta a historia na taberna. A historia di que cara 1830 un vello apareceu espido nun camposanto. O vello en vez de ir de novo a vello ía de vello a novo. Pero de novo comezou a ter medo por se volvía a entrar no ventre de súa nai, entón é cando decide suicidarse.
Na morte de Estreliña
Estreliña era unha nena moi obediente e moi simpática, sempre estaba rindo. Un día ela morreu e a súa nai e a súa irmán choraron por ela.
O grandor do mundo
Trata sobre un home que decide marchar dez anos para Buenos Aires e volver despois rico. Pero ao chegar ao porto decátase de que o mundo é moi grande. Pasados os dez anos volve pobre e non rico como el esperaba.
Pampín
Pampín é un mozo que vive na costa e que sempre axuda a todos sen pedir nada a cambio. El sempre leva encima súa unha cana. El ten esperanzas de navegar algún día.
Espanto de nenos
Uns nenos están xogando nun almacén en día de choiva. Un dos nenos mira cara arriba e ve un ollo que os está observando. Hoxe todos os nenos son mozos e non se sabe ben de todo como foi o caso.
Na ponte de ferro
Conta que un home fala con outro home sobre a ponte do tren no golfo de México. El fálalle sobre o traballo e as viaxes. O outro pregúntalle que quería facer e el di que quería montar un quiosco.
Nova York é noso
Trata dun neno que está xogando cos outros nenos na praia. Ese día vén o seu pai de Nova York e os outros nenos non lle preguntan por ese tema. El non se atreve a sacar esa conversa. Cando ía marchar dixo: "Nova York é noso".
O caso dos tres fornos
Conta que un home traballa limpando un dos tres fornos que ten un barco. Un día, o maquinista dille que ten que limpar os tres e el négase. Vai xunto ao capitán e dille que con que limpe un xa chega. O home, como sabía que tiña a razón, decide limpar os tres. Ao acabar de limpalos chegan ao porto de Marsella e pídelle ao capitán que lle pague. O capitán non lle paga. El decide marchar para unha taberna e á noite vén o capitán e rógalle que volva ao barco.
Once mil novecentos vinte e seis
Conta que un home esperta dun nicho. El sabe que está morto, e lembra que un doutor o fixo durmir 10000 anos. Ao espertar estaba no ano 11926. Levaba moitas cousas nos petos. Entre elas unha chave coa que abre o caixón e unha lanterna coa que se axuda para atopar a fechadura. Tamén ten un reloxo cunha caveira e dúas tibias, polo que entende que lle queda pouco de vida. Cando sae do nicho descobre que Santiago de Compostela desaparecera. El diríxese cara o mar. No camiño atópase a un neno e mais un home comendo unha perna que estaba colgada dunha árbore. Bota a correr cara o mar. Cando chega ao mar dispáralles. De repente el esperta.
O drama do cabalo de xadrez
Nun taboleiro de xadrez están todas as pezas menos o cabalo branco. El chega tarde e protesta porque quere ter todos os movementos posibles. Comezan o debate e o rei negro mete presión para comezar. Comeza a partida e unha torre e un bispo teñen envexa un do outro. A luz vai indo a menos porque unha torre quedou durmida. O cabalo que protestaba morre.
Un conto de reis
Un xornalista ten que escribir un conto de reis para o periódico. El vai á taberna e escoita un conto dun mariñeiro que traballara cun rei e que coñecera a un tradutor. Na taberna entra un mozo e marcha rápido. Atrás del vai o mariñeiro. O xornalista perségueos pero non os dou logrado seguir. El non se atreveu a contalo. O mozo que entrou e saíu era o tradutor.
De como veu a Rianxo unha balea
Unha balea atópase no porto de Rianxo e a xente comeza a dispararlle para matala. Ela é rodeada por lanchas, porque non a daban amarrado. Ao subir a marea a balea marcha e vai morrer a Vilagarcía de Arousa, onde está o seu esqueleto.