Relacións semánticas e clases de palabras

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,27 KB

Hiponimia

É a relación de significado entre un termo máis específico (subordinado) e outro máis xeral: can-animal, caravel-flor, león-mamífero (hipónimo-hiperónimo)

Hiperonimia

É a relación de significado entre un termo máis xeral e outro máis específico: mamífero-gato (hiperónimo-hipónimo).

Cohiponimia

É a relación entre hipónimos dun mesmo hiperónimo: can/gato (en relación a mamíferos).

Antonimia

Oposición de significados, relación de incompatibilidade.

Complementarios ou privativos

Exclúense un ao outro, non admiten graduación, comparación. Ex: esquerda-dereita.

Antónimos graduais

Non se exclúen totalmente, hai graos intermedios. Ex: frío-quente.

Inversos ou recíprocos

Son dous aspectos dunha mesma relación ou concepto, a presenza dun supón a existencia do outro. Ex: avoa/neta, vender/comprar.

Aseverativas (enunciativas ou declarativas)

Expresan ou informan dun feito ou pensamento obxectivo. Poden ser afirmativas ou negativas. Ex: onte vin o partido // non atopei o móbil na cociña // é un vídeo interesante // a min non me gusta a pizza.

Exclamativas

Expresan emocións ou sentimentos como dor, ledicia, sorpresa... Ex: canto o sinto! // eu non quero vivir así! // este ano vou aprobar si ou si!

Moi similares ás anteriores son as desiderativas ou optativas: expresan un desexo en ton exclamativo. Ex: ogallá mellore a túa nai! // quen me dera convosco voar! // que che vaia ben na vida, meu!

Interrogativas: úsanse para facer preguntas e acostuman empezar por un pronome interrogativo. Ex: onde deixaches o móbil? // cantas horas lle dedicas a diario ás redes sociais?// ti como preparas os exames de Educación Física?

Imperativas ou exhortativas: expresan unha orde, un mandado, unha prohibición. Tamén similares ás exclamativas. Ex: non me volvas coller o móbil sen permiso! // deixa xa de fuchicar na tableta! // facedes os deberes agora mesmo!

Fonética

/a/: central, aberta. //: posterior, media aberta. /o/: posterior, media pechada. /u/: posterior, pechada. /i/. anterior, pechada. /e/: anterior, media pechada. /ε/: anterior, media aberta.

/b/: oclusiva, bilabial, sonora. Grafemas b,v /d/: oclusiva, dental, sonora. /g/: oclusiva, velar, sonora. Grafemas: g (+a,o,u), gu (+e,i). Gheada dialectal. /p/: oclusiva, bilabial, xorda. /t/: oclusiva, dental, xorda. /k/: oclusiva, velar, xorda. Grafemas: c (+a,o, o), qu (+e,i), k (ab. e estranxei.). /f/: fricativa, babiodental, xorda. /θ/: fricativa, interdental, xorda. Grafemas: z (final, +a,o,u), c (+e,i). Seseo dialectal. /s/: fricativa, alveolar, xorda. /∫/: fricativa, palatal, xorda. Grafema x. /t∫/: africada, palatal, xorda. Grafema ch. /m/: nasal, bilabial, sonora. /n/: nasal, alveolar, sonora. /µ/: nasal, palatal, sonora. Grafema ñ. /η/: nasal, velar, sonora. Grafema nh. /l/: lateral, alveolar, sonora. /λ/: lateral, palatal, sonora. Grafema ll (moi escasa nos falantes). //: golpeada, alveolar. /r/: vibrante, alveolar. Grafema r (inicial, despois de n,s,l) ou rr.

Entradas relacionadas: