Relacións de Formación e Funcións da Inspección Educativa
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,41 KB
Relacións de Formación
Relacións de formación:
A escola e os seus profesionais forman os pais en diversos aspectos en conexión coa educación dos seus fillos (Escola de Pais).
Os pais, asesorados polos profesionais da escola, emprenden actividades educativas cos seus fillos no marco do fogar familiar.
Os pais, no seno da escola, interveñen na programación e realización de actividades educativas.
Os pais, cos medios e asesoramento da organización escolar, desenvolven accións formativas entre o propio colectivo de pais e alumnos.
A escola e os pais, en colaboración, organizan e promoven actividades de extensión educativa para a comunidade da que forma parte o centro escolar.
Principais Funcións Específicas da Inspección
Principais funcións específicas da inspección:
Garantir o cumprimento da lexislación vixente en materia educativa.
Detectar, analizar, corrixir e solucionar as situacións problemáticas que se presenten nos centros escolares, implantando as medidas que se estimen oportunas.
Ofrecer asesoramento técnico e colaborar no deseño dos proxectos educativos dos centros.
Avaliar e controlar a calidade da ensinanza.
Desempeñar unha labor de información e coordinación entre os distintos elementos que interveñen no proceso educativo, e entre os que forma parte a comunidade escolar (Funcións de control, de avaliación, de coordinación, de asesoramento).
Principios básicos da escala ECERS-S: Resalta a importancia das interaccións adulto-neno en situacións informais como son a chegada dos nenos ao centro, o uso do tempo da comida, e a atención á hixiene persoal; a calidade do espazo físico da aula que inclúe a variedade e calidade dos móbeis, a decoración, a organización do espazo, a seguridade, o confort, a luz, etc.; e a atención á estimulación e desenvolvemento en todas as súas áreas: linguaxe, motricidade fina e gruesa, creatividade e habilidades sociais.
Características da escala DAVOPSI: Trátase dun instrumento pensado para a avaliación da calidade da organización pedagóxica no contexto da escola infantil. Está pensado como un instrumento de autoavaliación (de carácter formativo) aínda que tamén pode ser empregado por un observador externo. Batería de catro escalas (puntuadas do 1 ao 5).