O Reino Suevo en Galicia: Orixe, Etapas e Legado Histórico

Francés2,92 KB

O priscilianismo concíbese como un movemento encadrable no primeiro cristianismo.

A chegada dos suevos a Hispania

A situación do Imperio romano a partir do século III vaise deteriorando nun proceso imparable; os pobos xermánicos van invadir o imperio antes de que este desapareza. Un destes pobos foi o dos suevos, que xunto con vándalos e alanos atravesaron o río Rin no ano 406, chegando rapidamente a Hispania. No ano 411, o emperador Honorio establece ou firma un pacto cos suevos concedéndolles o asentamento na zona máis occidental da península. Eles asentáronse preferentemente no convento bracarense (conventus Bracara) e fixeron da actual Braga o centro do seu reino.

Coñecemos a súa chegada por dous historiadores contemporáneos que son Orosio e Hidacio. Despois da morte destes autores, desaparece a información durante case 100 anos, reaparecendo xa só para contarnos o final do reino.

Etapas históricas do Reino Suevo

A traxectoria do reino pódese dividir en catro etapas principais:

  1. Chegada e asentamento: Dirixidos por Hermérico. Durante os primeiros anos mostraron un gran interese por asimilarse coa poboación e cultura que encontraron.
  2. Expansionismo: A partir do ano 429 hai un cambio radical de actitude, tendo lugar varias campañas militares contra Lusitania, Bética e Tarraconense, ata que van ser vencidos polos visigodos no ano 456. Os visigodos saquearon Braga e o reino suevo entra na órbita de dependencia dos visigodos.
  3. Os anos escuros: Tras ser derrotados polos visigodos descoñecemos case todo pola falta de fontes, pero si hai un dato importante: volven converterse á relixión arriana.
  4. Desaparición do reino suevo: A partir do 550 o rei suevo Teodomiro e o seu sucesor levaron a cabo unha serie de campañas militares contra os visigodos, pero isto vai significar a desaparición do reino suevo cando Leovixildo (arredor do 585 / 555) o incorpora definitivamente ao reino visigodo.

Transcendencia e legado histórico en Galicia

Os suevos representan para a historia de Galicia a primeira experiencia dun estado independente, aínda que hoxe hai que velo con certas matizacións; é dicir, o que fixeron foi posibilitar unha serie de transformacións estruturais:

  • Definiron os límites xeográficos de Galicia.
  • Puxeron as bases da organización local e comarcal.
  • Consolidaron a organización da Igrexa e a definitiva cristianización do territorio.

A figura máis destacada da igrexa sueva foi Martín de Dumio (San Martiño de Dumio). No plano patrimonial e relixioso, destaca especialmente o mosteiro de San Pedro de Rocas.

Descargar

PDF Word HTML