Reino de Galicia (Séculos XII-XIII): Sociedade e Literatura
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,16 KB
O Reino de Galicia nos séculos XII e XIII
O Reino de Galicia nace nos séculos XII e XIII da man dos pobos suevos. Desde os seus comezos, comprende un territorio máis amplo que o que posúe actualmente a nosa comunidade, pois abrangue tamén parte de Asturias e de León e o norte de Portugal. Porén, en 1139, Afonso Henriques consegue a independencia de Portugal, converténdose no primeiro monarca deste territorio. No ano 1157, após o falecemento de Afonso VII, o reino divídese entre os seus fillos: Fernando II herda o Reino de Galicia e Sancho III o Reino de Castela. A pesar das múltiples mudanzas políticas, os séculos XII e XIII, época coñecida como a Era Compostelá, constitúen un período de esplendor na historia galega.
Sociedade e Feudalismo na Galicia Medieval
O modelo social imperante na sociedade medieval, de carácter estamental, é o feudalismo. Este sistema vincula as clases sociais máis baixas cos señores feudais mediante un pacto de vasalaxe, polo cal os primeiros pagan unha renda para poder cultivar as terras dos segundos a cambio de protección.
Literatura Galego-Portuguesa: Lírica Medieval
A Baixa Idade Media representa unha etapa de apoxeo para a literatura galego-portuguesa, nomeadamente na lírica. A lírica medieval pode dividirse en dous grandes grupos:
- Lírica profana: Composta por cantigas de amor, de amigo, de escarnio e maldizer.
- Lírica relixiosa: Composta polas Cantigas de Santa María de Afonso X.
Prosa Medieval en Galego-Portugués
A prosa medieval é máis tardía que a lírica e o seu corpus está composto integramente por obras traducidas doutras linguas romances. Divídese segundo a súa intencionalidade:
Prosa Literaria: Ciclos Temáticos
- Ciclo bretón ou artúrico: Desenvolve a chamada materia de Bretaña, isto é, lendas sobre o rei Artur e a súa corte (Livro de Joseph de Arimatea, Livro de Merlín, Livro de Tristán).
- Ciclo clásico ou troiano: Recrea episodios da materia de Roma, centrándose na guerra de Troia (Crónica Troiana, Historia Troiana).
- Ciclo carolinxio: Presenta a materia de Francia e narra parte das historias do emperador Carlomagno e do cabaleiro Roldán (Pseudo-Turpín).
Prosa Haxiográfica Medieval
Recolle textos centrados na vida de santos (Miragres de Santiago).
Prosa Non Literaria Medieval
- Prosa tabeliónica: Engloba textos lexislativos, manuais profesionais, regulamentos, escritos notariais, etc. É o grupo do cal se conserva maior número de testemuños (Tratado de Alveitaria, Livro dos Cambeadores de Santiago, Sete Partidas de Afonso X).
- Prosa historiográfica: Comprende obras en que se mestura realidade e fantasía, aproximándoas á narrativa de ficción (Livros de Linhagens, General Estoria de Afonso X, Crónica Xeral de Afonso X).