Reino de Galicia e Lírica Medieval Galego-Portuguesa

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,94 KB

O Reino de Galicia na Idade Media

Orixe e Evolución do Reino

O Reino de Galicia xurdiu cos pobos suevos no século V. O seu territorio era maior que o actual; tamén formaban parte del parte de Asturias e de León e o norte de Portugal. No 1128, Afonso Henriques conseguiu a independencia de Portugal e, co seu falecemento no 1157, o reino dividiuse en dous para os seus fillos: o Reino de Galiza e o Reino de Castela.

Esplendor Medieval (Séculos XII-XIII)

Os séculos XII e XIII foron un período de esplendor na historia galega: aumentou a poboación, comezaron a desenvolverse as cidades...

Sociedade e Cultura

Na cultura, o Camiño de Santiago fixo de Santiago o núcleo relixioso máis importante de Occidente e servía de vía de entrada e difusión da arquitectura románica e da literatura en lingua romance. A sociedade era feudal e xurdiu unha nova clase social: a burguesía.

A Literatura Galego-Portuguesa Medieval

Apoxeo e Decadencia

A Baixa Idade Media foi unha etapa de apoxeo para a literatura galego-portuguesa; o galego-portugués era unha lingua de prestixio. O Camiño de Santiago atraeu moitas persoas e, por isto, importáronse técnicas literarias doutros lugares.

No século XIII xurdiu a lírica medieval galego-portuguesa, que se divide en dous grupos:

  • Lírica profana: cantigas de amor, amigo e escarnho e maldizer.
  • Lírica relixiosa: Cantigas de Santa María de Afonso X.

Desde mediados do século XIV, a lírica galego-portuguesa entrou en decadencia. Isto coincide co nacemento da escola galego-castelá.

Axentes da Lírica Medieval

Os axentes transmisores da lírica medieval foron:

  • Trobadores: compuñan as cantigas e eran nobres ou do clero.
  • Xograres: interpretaban as cantigas.
  • Segreis: compuñan os seus textos e viaxaban polas cortes interpretando as cantigas en troca dun salario.
  • Soldadeiras: eran bailarinas que acompañaban a xograres e segreis cando executaban as cantigas.
  • Menestreis: executaban a música das cantigas.

Xéneros da Lírica Medieval Galego-Portuguesa

Cantigas de Amigo

Características e Orixe

  • Temática: amorosa.
  • Suxeito lírico: unha muller.
  • Obxecto lírico: home amado ao que se lle chama "amigo" con frecuencia.

A cantiga de amigo é a mostra máis antiga da lírica galego-portuguesa e o único xénero medieval autóctono. Son fontes das cantigas de amigo a lírica popular e as kharxas mozárabes.

Subxéneros das Cantigas de Amigo

  • Mariña: contén referencias ao mar.
  • Cantiga de romaría.
  • Bailada: inclúe unha invitación á danza.
  • Alba: inclúe o momento de despedida dos amantes ao amencer.

Personaxes Típicos

  • A amiga: doncela que está triste pola ausencia do amado.
  • Amigo: aparece afastado da amiga, mais tamén pode lamentarse por estar separado dela.
  • Nai da amiga: aconsella a filla sobre a relación ou prohíbelle velo.
  • Irmás ou amigas da protagonista: escoitan as queixas amorosas da amiga.

Sóense empregar símbolos para aludir aos namorados, como a auga, o mar...

Cantigas de Amor

Características e Amor Cortés

  • Temática: amorosa.
  • Suxeito lírico: un home.
  • Obxecto lírico: unha dama da que o home está namorado e á que habitualmente se lle chama "senhor".

A cantiga de amor nace como adaptación ao contexto cultural galego-portugués da chanson do sur de Francia. Réxese polo amor cortés: a dama (a senhor) e o sentimento de amor están idealizados, non se identifican cunha muller ou cun sentimento real. Para chegar a merecer o amor da dama, o trobador ten que pasar polos estados de:

  • Fenhedor
  • Precador
  • Entendedor
  • Drutz

O fin último é alcanzar o joi ou goce dos namorados.

Campos Semánticos

Os campos semánticos das cantigas de amor son:

  • Louvanza da dama: a senhor é descrita como unha muller extraordinaria tanto física como moralmente.
  • Amor do poeta: o trobador confesa os seus sentimentos pola senhor.
  • Reserva da dama: ante a confesión do trobador, a senhor móstrase esquiva.
  • Coita de amor: o sufrimento ao non ser correspondido fai que o trobador teña unha pena intensa que pode levalo á loucura de amor.

Cantigas de Escarnho e Maldizer

Características e Temas

  • Temática: satírica e burlesca.
  • Suxeito lírico: un home.
  • Obxecto lírico: varía segundo o tema.

Conservamos arredor de 430 cantigas de escarnho e maldizer. As de escarnho utilizan xogos de palabras equívocos, e as de maldizer fan unha crítica aberta e directa de defectos, vicios e corruptelas.

Tipos de Sátira

Temas comúns inclúen:

  • Sátira política: céntrase nos conflitos bélicos.
  • Sátira literaria: parodia do amor cortés.
  • Sátira moral: grupo de composicións que garda máis relación co sirventés provenzal.
  • Sátira de costumes, social e de escarnio persoal: parodian determinadas modas e costumes sociais.

Entradas relacionadas: