Regulación de contidos sobre trastornos alimenticios en redes
Enviado por Chuletator online y clasificado en Deporte y Educación Física
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,43 KB
Proposta alternativa III
1. Acción de Sanidade contra a apoloxía da anorexia e bulimia
Sanidade solicita a Twitter o peche das contas que eloxian a anorexia ou a bulimia, buscando tamén o apoio da Unión Europea.
2. A postura de Twitter e a liberdade de expresión
Twitter opónse á solicitude apelando á liberdade de expresión. Cabe sinalar que, actualmente, propagar estas publicacións non está condenado.
Glosario de termos
- Petición: demanda, pedimento.
- Apoloxía: loa, eloxio.
- Rexeitaron: desbotar, refusar.
- Notifiquen: informar, comunicar.
- Delito: malfeito, infracción.
3. O impacto das redes sociais na saúde
Internet mantén webs e redes sociais, como Twitter, que fomentan a bulimia e a anorexia. Estas páxinas presentan estes trastornos alimenticios como estilos de vida perfectos. Aínda que o seu contido atenta contra a saúde, non existe persecución legal ao non haber unha lei que as prohiba.
Nestas redes sociais hai contas de usuario con estéticas baseadas en modelos e «princesas» que promoven:
- Apostas de perda de peso.
- Consellos para adelgazar rapidamente.
- Técnicas para vomitar sen que a familia se decate.
- Dietas restritivas.
- Fotos de famosos que perderon moito peso en pouco tempo.
A anorexia e a bulimia son enfermidades graves que afectan a millóns de persoas. É alarmante a existencia de defensores destas patoloxías que as consideran un canon de beleza. O contacto con estes perfís reforza condutas patolóxicas.
En definitiva, a situación non debe pasarse por alto. Twitter debería aceptar a petición de Sanidade e cómpre aprobar unha lei que penalice estes contidos e regule a idade e o índice de masa corporal das modelos en anuncios e revistas.
4. Análise gramatical
- Petición para que (l.1): conxunción adverbial final.
- Twitter alegou que… (l.2): conxunción que introduce unha subordinada substantiva de CD.
- Anorexia ou bulimia (l.5): conxunción coordinada disxuntiva.
- Por vía xudicial e é necesario (l.16): conxunción coordinada copulativa.
5. Observacións finais
Todas abertas agás rede, contas e hoxe.