O Reformismo Borbónico en España e Galicia: Impacto das Reformas Ilustradas e o Desenvolvemento de Ferrol
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,36 KB
O Reformismo Borbónico en España: As Reformas Ilustradas de Carlos III
Carlos III, mantendo o seu poder absoluto, rodeouse de ministros ilustrados como Esquilache, Aranda, Floridablanca e Campomanes, que desenvolveron numerosas reformas económicas e político-administrativas. Estas reformas, aínda que moderadas e sen alterar as bases do sistema, buscaron modernizar o reino. Entre as máis destacadas atopamos:
- A mellora da agricultura para aumentar a produción co cultivo de novas terras.
- O fomento da produción artesanal e industrial con axudas para ampliar os vellos talleres.
- A renovación da educación.
- O apoio ao desenvolvemento do comercio, favorecendo a liberdade de circulación e eliminando o monopolio exercido ata entón por Sevilla e Cádiz.
- A defensa do valor do traballo como mérito de valía social.
- Propostas de modificación do réxime de propiedade.
- A defensa do poder do Estado fronte á Igrexa (regalismo).
Os resultados destas reformas foron irregulares debido a numerosas dificultades. Estas proviñan tanto da ignorancia e da miseria das masas populares como da oposición da maior parte da nobreza e do clero, grupos satisfeitos coa tradición e a sociedade vixente, o que paralizaba os cambios (como se viu no Motín de Esquilache). O seu propio fillo, Carlos IV, frearía as reformas ao identificar as ideas ilustradas coa revolución. Outras dificultades incluíron a vixilancia da Inquisición, a lentitude das reformas e a radicalización ideolóxica.
Galicia no Contexto do Reformismo Borbónico: O Papel Estratéxico de Ferrol
Por outro lado, a posición estratéxica de Galicia na defensa do Imperio colonial fixo que os Borbóns tratasen de reforzar a súa costa con baterías e castelos, principalmente, contra os ingleses que saqueaban as cidades costeiras ou capturaban os barcos cargados de mercadorías procedentes de América. Ferrol converteríase nun enclave fundamental grazas á implantación de diferentes institucións e instalacións vinculadas á súa posición xeoestratéxica:
- Ferrol convértese en 1726 na sede do Departamento Marítimo do Norte e unha das bases das Armadas Reais por decisión de José Patiño, ministro de Filipe V.
- En 1746, en tempos de Fernando VI, o Marqués de Ensenada iniciou a construción dos estaleiros e do Arsenal, o que supuxo a creación dun núcleo industrial nun territorio de economía esencialmente agraria. As instalacións navais eran das máis modernas da época e dos seus estaleiros saíron numerosos navíos de guerra. Ferrol converteuse na principal cidade de Galicia, medrando demograficamente, o que obrigou a construír novos barrios cun trazado en dameiro (plano hipodámico).
- Para a formación dos mandos militares da Armada creouse, en 1776, a Academia de Guardiamarinas.
Deste xeito, Ferrol converteuse na principal cidade de Galicia. A chegada masiva de xente obrigou a engadir ao núcleo orixinario, o Ferrol Vello, os novos barrios de Esteiro, para acoller aos traballadores, e o da Magdalena, ocupado principalmente polos oficiais da Armada; no seu deseño seguíronse trazados urbanísticos a base de cuadrículas (plano hipodámico) moi do gusto dos arquitectos ilustrados.