Redifusión, Podcasting, Redes Sociales y Buscadores Web
Redifusión: permite suscribirse a un conjunto de canales de información y posibilita la consulta de fuentes que ofrezan confianza en este servicio. Tres elementos principales:
- Fuente web: canal que proporciona información actualizada.
- Feeds: ficheros en formato XML que contienen información que se distribúe desde la fuente web hasta el usuario.
- Agregadores de feeds: recolectores que permiten leer los archivos de información.
Podcasting: relacionado coa redifusión web, os arquivos de información son de audio ou vídeo. Os elementos principais son os mesmos que na redifusión web: os feeds pasan a chamarse podcasts e os agregadores, clientes de podcasting. Existen varias opcións:
- Subscrición a un sitio web: similar á redifusión web.
- Consulta a un directorio de podcasts: similar aos buscadores web.
- Streaming: posibilidade de escoitar os seus arquivos sonoros a través de Internet.
- Descarga de arquivo: poder escoitar os contidos favoritos sen conexión a Internet.
Rede social: extensas plataformas de comunicación que fan posible a conexión entre persoas e organizacións de forma aberta ou restrinxida. Funcionan a través de Internet (virtuais). Características:
- Perfil persoal (páxina onde o usuario inclúe os seus datos).
- Contacto con amigos, blogs, fotos e vídeos.
- Comentarios de entradas e fotografías.
- Ferramentas de comunicación interna (é posible comunicarse de modo privado por mensaxería e correo electrónico).
- Grupos de usuarios, xogos e acceso desde dispositivos móbiles.
Navegador web: programa que se executa no ordenador cliente e que permite visualizar páxinas web. Pode establecer conexións con servidores FTP para descargas e con servidores de correo electrónico, e tamén para chatear. Para distinguir o tipo de servizo antepóñese un prefixo ao nome de dominio, conformando un URL. Os seus elementos son:
- Protocolo: para obter o recurso buscado.
- Delimitador: xeralmente ://
- Nome do servidor: onde se atopa o recurso.
- Nome do recurso.
Buscador: aplicación que serve para indexar arquivos almacenados noutros servidores. Tipos:
- Índices temáticos: un equipo de especialistas clasifica as páxinas en diferentes categorías.
- Motores de busca: un crawler rastrexa Internet, relaciona enderezos co seu contido e analiza a base de datos do buscador.
- Metabuscadores: lanzan consultas sobre outros buscadores e ofrecen unha clasificación de resultados.
Posicionamento en buscadores ou SEO: favorece a visibilidade dun sitio web, de xeito que, ao realizar a consulta, o noso sitio aparecerá nos primeiros postos da lista.