Redes Informáticas e Seguridade
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Informática y Telecomunicaciones
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,27 KB
Wifi
Conxunto de protocolos de interconexión sen fíos por radiofrecuencia na banda 2,4 GHz - 5 GHz.
Bluetooth
Protocolo de comunicación sen fíos que emprega radiofrecuencias próximas aos 2,4 GHz e permite un alcance de 10 m.
Rede Informática
É un conxunto de ordenadores e dispositivos electrónicos conectados entre si cuxa finalidade é a de compartir recursos.
Tipos de Redes
- PAN (Personal Area Network): Rede de área persoal. Interconexión de dispositivos na contorna do usuario, cun alcance de escasos metros. Consideramos unha rede PAN formada por un móbil e unha PDA conectados entre si.
- LAN (Local Area Network): Rede de área local. Interconexión de varios dispositivos na contorna dun edificio, cun alcance limitado pola lonxitude máxima dos cabos ou alcances das antenas sen fíos. Exemplo: a rede do instituto.
- MAN (Metropolitan Area Network): Rede de área metropolitana. Rede formada por un conxunto de redes LAN que interconecta equipos na contorna dun municipio. Emprégase o Wimax: protocolo de internet sen fíos de comunicación 802.16MAN que emprega radiofrecuencias de entre 2.5 GHz e 5.8 GHz. Precisa de antenas especiais e o seu alcance está próximo aos 50 km.
- WAN (Wide Area Network): Rede de área ampla. Interconecta equipos nunha contorna xeográfica moi ampla, como pode ser un país ou un continente.
Tarxeta de Rede
Trátase dun dispositivo cuxa función é a de recibir información e enviala aos demais ordenadores. Conéctase á placa base mediante un bus PCI.
Bus PCI
É un bus conector de dispositivos periféricos que se atopa na placa base. Adóitanse conectar a este tipo de portos as tarxetas gráficas e de son.
Cabos de Conexión
Conexións polas que se transmiten datos. Clasifícanse en:
- Conexión por cabos de pares trenzados: a que máis se emprega.
- O cabo coaxial: empregado no pasado.
- O cabo de fibra óptica: nun futuro próximo, e se o seu prezo o permite, acabará por impoñerse.
Redes sen Fíos
A conexión sen fíos de dispositivos realízase a través de ondas electromagnéticas que se propagan entre unha antena emisora e outra receptora cunha distancia de 50 e 100 m.
Tipos
- Wireless PCI: Conéctanse á placa base.
- Wireless USB: Conéctanse a un porto USB.
- Wireless PCMCIA: Conéctanse a través da fenda de expansión dos ordenadores portátiles.
- Wireless miniPCI: Integradas na placa para portátiles e consolas.
Servidor de Impresión
Son dispositivos capaces de transformar impresoras USB ou de porto paralelo en impresoras de rede Ethernet ou con wifi.
Seguridade Informática
É o conxunto de accións, ferramentas e dispositivos que teñen como obxectivo dotar a un sistema informático de integridade e confidencialidade.
- Sistema íntegro: Impídelle modificar a información a calquera usuario que non estivese autorizado.
- Sistema confidencial: Impide visualizar datos aos usuarios que non teñen privilexios no sistema.
Malware
Software creado para instalarse nun ordenador alleo sen o coñecemento do seu usuario. A súa finalidade é a de alentar o funcionamento ou destruír arquivos.
Contra que nos debemos protexer?
- Contra nós mesmos.
- Contra os accidentes e as avarías.
- Contra os usuarios intrusos.
- Contra os malwares.
Virus Informático
É un programa que se instala no ordenador sen o coñecemento do seu usuario, que busca propagarse a outros equipos e executar as accións para as que foi deseñado.
Verme Informático
É un tipo de virus cuxa finalidade é a de se multiplicar e infectar todos os nodos dunha rede de ordenadores. Alentan o funcionamento dos ordenadores infectados e de toda a súa rede.
Backup
Copia de seguridade ou de respaldo realizada a un conxunto de arquivos, sistema operativo ou disco duro completo. A copia de respaldo almacénase en soportes físicos extraíbles ou noutros discos do sistema.