Redes Inalámbricas: Tipos, Características e Estándares WLAN

Enviado por Chuletator online y clasificado en Electricidad y Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,84 KB

Redes Inalámbricas: Conceptos Fundamentais

Empregan un medio sen cables (non guiado) para a transmisión da información mediante ondas electromagnéticas. O seu emprego está amplamente estendido debido ao soporte tecnolóxico existente e á mobilidade que proporcionan.

Tipos de Redes Inalámbricas

  • Redes Persoais (WPAN)

    (Wireless Personal Area Network): Interconectan dispositivos na contorna próxima dun usuario (poucos metros). Exemplo: Bluetooth.

  • Redes Locais (WLAN)

    (Wireless Local Area Network): Interconectan dispositivos nun local, piso, planta, edificio ou campus. Exemplo: Wi-Fi.

  • Redes Metropolitanas (WMAN)

    (Wireless Metropolitan Area Network): Interconectan dispositivos nun barrio, pobo ou cidade. Exemplo: WiMax.

  • Redes Amplas (WWAN)

    (Wireless Wide Area Network): Interconectan dispositivos e redes en toda unha rexión, país ou conxunto de países. Exemplos: 3G, 4G.

Características das WLAN

  • Natureza do sinal: Ondas electromagnéticas.
  • Medio ou canle: Medio non guiado (sen cables) que pode atravesar diversos materiais con facilidade.
  • Antenas: Todos os dispositivos inalámbricos deberán dispor delas para conectarse.
  • Alcance: As WLAN teñen un alcance limitado. O tipo de ondas, a potencia de emisión, a tecnoloxía de modulación e o tipo de sensibilidade das antenas determinarán o alcance ou cobertura dos dispositivos da rede.
  • Capacidade: As WLAN teñen unha capacidade limitada. Non poden coexistir dúas sinais que utilicen o mesmo tipo de ondas nunha mesma zona.
  • Velocidade de transmisión: A súa capacidade tamén limita a súa velocidade, xa que nunha mesma zona, unha sinal non pode comezar ata que non finaliza outra transmisión.
  • Mobilidade: Ao non haber cables, a mobilidade é unha característica fundamental dos dispositivos que interconectan.
  • Escalabilidade: Son facilmente escalables, é dicir, poden crecer de forma sinxela.
  • Requisitos de seguridade: As redes inalámbricas requiren de protocolos de seguridade para protexer a información e o acceso á rede.

Vantaxes e Inconvenientes das WLAN

Vantaxes:

  • Mobilidade
  • Flexibilidade
  • Facilidade de instalación
  • Menor custo de instalación e mantemento
  • Escalabilidade

Inconvenientes:

  • Alcance limitado
  • Velocidade de transmisión
  • Seguridade (requírese protección adicional)

Estándar IEEE 802.11 para WLAN

O estándar 'IEEE 802.11' define o emprego dos niveis inferiores da arquitectura OSI (capas física e de enlace de datos), especificando as súas normas de funcionamento nunha WLAN. Os protocolos da rama 802.x definen a tecnoloxía de redes de área local e redes de área metropolitana.

O grupo de traballo 802.11i está dedicado a reducir as vulnerabilidades das WLAN.

Arquitectura IEEE 802.11

O estándar 802.11 define unha arquitectura composta por unha serie de elementos lóxicos e físicos, dous modos de operación e unha colección de protocolos e especificacións agrupados en dúas capas: a capa física ou PHY e a de control de acceso ao medio ou MAC.

Compoñentes Físicos das Redes 802.11

Estación (STA)

Unha estación (STA) é calquera dispositivo que implementa o estándar 802.11. Pode facer referencia a unha computadora, un portátil, etc.

Puntos de Acceso (AP)

Un punto de acceso (Access Point ou AP) é unha estación especializada que dispón de polo menos dúas interfaces de rede distintas: unha por cable e outra inalámbrica.

Entradas relacionadas: