Ramón Cabanillas e a Galicia do Século XX: Literatura e Contexto Histórico
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,56 KB
Ramón Cabanillas: Vida e Obra Literaria
Biografía de Ramón Cabanillas
Ramón Cabanillas adquire unha sólida formación clásica. Aos trinta e catro anos marchou para A Habana, e en 1915 retorna a Galicia. Colabora coas Irmandades da Fala e escribe nun periódico, converténdose na principal voz do agrarismo. Cinco anos despois ingresa na Real Academia Galega. Entre as súas obras destacan O Mariscal, sobre a figura de Pardo de Cela, e Na noite estrelecida, un poemario de carácter narrativo.
A Obra Literaria de Cabanillas
A obra de Cabanillas pasa por diferentes etapas, o que impide clasificala dentro dunha única corrente literaria. Asimila a estética dos autores do Rexurdimento (Rosalía, Curros, Pondal) e as correntes anovadoras do seu tempo. Destaca a súa inclinación cara o sensual e o colorista, o gusto polo exótico e a procura de elementos mitolóxicos.
Poesía Lírica de Cabanillas
Entre as súas obras de poesía lírica destacan:
- No desterro
- Vento mareiro
- A rosa de cen follas
Tipos de Poesía Lírica
- Poesía cívica: Recolle o facho prendido por Curros para crear unha poesía comprometida co agrarismo e o nacionalismo.
- Poesía intimista: Lembra a Rosalía nalgúns aspectos.
- Poesía costumista: Presenta matices humorísticos ou irónicos.
Poesía Narrativa
A súa obra de poesía narrativa, Na noite estrelecida, recupera os temas da materia de Bretaña, como os cabaleiros da Táboa Redonda e a procura do Santo Graal. Este poemario consta de tres sagas de carácter narrativo.
O Teatro de Cabanillas
No ámbito teatral, destacan as obras: A man da Santiña, de tema amoroso e ambiente fidalgo; e O Mariscal, centrada na figura de Pardo de Cela, símbolo da oposición galega.
Galicia entre 1916 e 1936: Sociedade, Economía e Cultura
Sociedade, Economía e Política en Galicia
A Galicia de comezos do século XX segue marcada por un forte atraso económico, continúa a ter un asentamento maioritariamente rural e un importante fluxo migratorio cara a América. Durante as tres primeiras décadas do século XX prodúcense importantes cambios sociais e culturais na rexión.
Formas de Goberno
Neste período, Galicia experimentou tres formas de goberno:
- Monarquía: Caracterizada pola alternancia no poder entre conservadores e progresistas.
- Ditadura de Primo de Rivera: Supuxo a perda de liberdades básicas.
- II República Española: Implicou a modernización de moitos aspectos económicos e sociais.
O Agrarismo Galego
O agrarismo foi un movemento reivindicativo do campesiñado galego xurdido no século XX. Entre as súas demandas principais estaban mellorar as condicións de vida dos labregos e solicitar a propiedade da terra para quen a traballaba.
As Irmandades da Fala
No ano 1916, Antón Vilar Ponte promoveu as Irmandades da Fala coa finalidade de reivindicar a lingua e cultura de Galicia. Os seus obxectivos incluían:
- Cooficialidade entre galego e castelán.
- Autonomía integral para Galicia.
- Relación federal con Portugal.
- Igualdade de dereitos entre home e muller.
O Seminario de Estudos Galegos
O Seminario de Estudos Galegos foi unha institución formada por estudantes e profesores da Universidade de Santiago que formaban parte das Irmandades da Fala. Os seus obxectivos eran:
- Estudar o patrimonio cultural galego.
- Formar investigadores.
- Utilizar o galego no ámbito científico.
O Partido Galeguista
O Partido Galeguista foi o primeiro partido político nacionalista xurdido en Galicia. Naceu en 1931 e acollía no seu seo persoas de distintas ideoloxías.
Orde dos Elementos na Oración e Riqueza Léxica
Riqueza Léxica e Estilo na Redacción
Nos nosos escritos debemos coidar a expresión utilizando un léxico amplo e preciso. Un erro moi común á hora de redactar é botar man das palabras comodín cun significado moi amplo (por exemplo, "cousa", "chisme"...). Outra das carencias máis comúns nas redaccións refírese ao uso das conxuncións, sendo moi abundante abusar da conxunción copulativa "e" para enlazar ideas.
A Literatura Galega nos Comezos do Século XX
Contexto Sociopolítico e Cultural
Nos comezos do século XX xorden acontecementos de carácter sociopolítico e cultural, como o movemento agrario e o galeguismo nacionalista, que van modificar e transformar a realidade galega anterior.
Reestruturación das Clases Sociais
No ámbito sociolóxico do primeiro terzo do século XX dáse unha reestruturación das clases sociais marcada por:
- Redención foral: Promovida polos movementos agrarios, supuxo o derrubamento da fidalguía e o acceso do campesiñado á propiedade da terra.
- Consolidación dunha burguesía industrial e financeira.
- Desruralización incipiente.
O Movemento Agrario e as súas Reivindicacións
O movemento agrario ou agrarismo, froito das sociedades agrarias, partidos e sindicatos agrícolas, loitará pola transformación do campo galego. Nace como reacción aos grandes males do campo galego: o estancamento da estrutura agraria minifundista, a pervivencia dos foros e o problema da gandería.
Factores que Favoreceron o Movemento Agrario
Esta nova situación de loita viuse favorecida por tres factores significativos:
- Un cambio de actitude no campesiñado pola chegada de cartos da emigración.
- A implantación do sufraxio universal.
O movemento agrario nace como unha loita anticaciquil e como reivindicación da propiedade da terra.
Asociacións Agrarias Destacadas
Asociacións como Solidaridad Gallega, Unión Campesina, Los Antiforistas de Teis e Acción Gallega buscaban asociar agricultores, defender intereses comúns, suprimir o caciquismo e loitar contra os impostos e os arbitrios.
Acción Gallega será o primeiro intento serio de formar un partido agrario galego. Os seus obxectivos eran a extinción dos foros, a extirpación do caciquismo e o progreso xeral de Galicia. O agrarismo, liderado por Basilio Álvarez, adquire un ton revolucionario, o que levou á persecución por parte da Garda Civil.