Raíces da Lingua Galega e Protagonistas do Rexurdimento Literario
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 6,99 KB
Lusofonia
O portugués, xunto co galego, naceu dunha mesma lingua, da lingua galego-portuguesa que se falou na antiga Gallaecia romana desde o século IV ata o século XIV.
A diverxente evolución sociopolítica deu lugar a dous idiomas semellantes pero ben diferenciados que comparten unha orixe en común.
Conxunto de países que teñen o portugués como lingua oficial:
- Brasil
- Portugal
- Mozambique
- Guinea-Bissau
- San Tomé e Príncipe
- Timor Leste
- Guinea Ecuatorial
O galego moderno
No século XIX produciuse o Rexurdimento literario da lingua galega. As ideas do romanticismo, que en toda Europa exaltaban os trazos diferenciadores dos pobos e nacións, favorecendo o desenvolvemento dunha ideoloxía galeguista, que tiña como obxectivo fundamental a defensa de Galicia e do seu idioma.
En 1833 o Reino de Galicia desaparece oficialmente como unidade administrativa e é substituída polas catro provincias actuais.
A intensificación do proceso centralista e uniformador, alcanza tamén o sistema educativo. En 1857 a Lei Moyano, declara a alfabetización obrigatoria en castelán en todo o Estado.
Economicamente seguimos nun sistema tardofeudal. E a inmigración convértese na única opción para algúns.
A maioría da poboación segue usando o galego como lingua habitual pero o proceso de imposición continúa. Esta era a lingua maioritaria dos gobernantes, das elites e a única considerada apta nos contextos formais.
Literatura
Era o máis novo dos tres autores do Rexurdimento. No ano 1877 participa nun certame poético ourensán concursando nas tres modalidades posibles: tipo popular, costume popular e lenda popular. Gañou nas tres categorías, cos poemas “O gaiteiro”, “Unha voda en Enibó” e “A Virxe do Cristal”, respectivamente. Traballaba como funcionario de Facenda.
Aires da miña terra
En 1880 publica Aires da miña terra. Foi denunciado polo bispo de Ourense, por considerar blasfemas tres composicións do libro. Condenado á excomuñón e logo absolto, a súa popularidade medrou moito por enfrontarse ás inxustizas da Igrexa. Curros é, sobre todo, un poeta social. As ideas fundamentais da súa poesía cívica son:
- Curros cría na función social da poesía. Os intelectuais tiñan a obriga de permanecer ao lado do pobo, explicándolles as razóns das inxustizas de que eran obxecto, ensinándolles. Ademais, indicaba o camiño a seguir.
- Estaba en contra da ignorancia e a superstición que gobernaban a vida das persoas analfabetas. Para el o coñecemento era o primeiro paso para o progreso, idea fundamental fronte ao escurantismo e a irracionalidade da Galicia profunda. Só o progreso económico, material, traería consigo asemáis o progreso como nación.
- Amosa unha actitude abertamente anticlerical. Denuncia a hipocrisía da Igrexa Católica, a súa ambición e ansia de poder, a manipulación das persoas co seu maniqueísmo, e o seu posicionamento a favor dos poderosos e non dos pobres. Todo isto significaba, para Curros, un afastamento definitivo da mensaxe orixinaria de Cristo e, xa que logo, inaceptable.
- Algúns poemas son costumistas (os menos), como por exemplo os tres poemas premiados no certame ourensán que están incluídos en Aires. Do resto, algún poema costumista aparece apenas como motivo inicial, que logo dá paso a un poema social. Ten asemáis algún poema intimista.
O divino sainete
No ano 1894 publica O divino sainete, sátira anticlerical. Nesta obra coñecemos ao Curros satírico, referente da poesía social posterior ou do esperpento valle-inclanesco. É un texto fundacional para a literatura galega. Parte da parodia da Divina Comedia, de Dante, e relata unha suposta viaxe a Roma, acompañado do fantasma de Francisco Añón, para obter perdón polos seus pecados no xubileu celebrado polo papa León XIII. No tren no que viaxan pasan por sete vagóns, que representan os sete pecados capitais, e onde sentan personaxes reaccionarios da vida pública galega que os encarnan. A crítica será, sobre todo, en contra dos opresores do pobo e dos inimigos do renacer da literatura galega.
Pondal
Queixumes dos Pinos
A vocación cívica da poesía de Pondal amósase nas seguintes liñas temáticas:
- A lembranza do pasado celta
- A liberación do pobo galego
- A procura do ideal iberista
- A paisaxe, desde unha perspectiva panteísta.
Celtismo
Os historiadores precisaban coñecer as raíces e o pasado de Galicia, para xustificar o proceso de afirmación nacional e as reivindicacións administrativas e sociais. A defensa do idioma e do país foron asumidos pola poesía dos precursores. Grazas a isto nace a Teoría da Orixe Céltica. Soster a procedencia céltica significaba demostrar a singularidade galega como nación fronte ao resto dos pobos hispánicos, é dicir, o celtismo é o soporte dunha ideoloxía política de carácter galeguista. As teses das orixes celtas aparecen por primeira vez na primeira metade do século XIX nas obras de historiadores como Verea Aguiar ou Antolín Faraldo. Posteriormente Manuel Murguía en Historia de Galicia contribúe a sustentar o mito céltico. Na poesía de Pondal o celtismo de Galicia é un apartado decisivo. Convencido de que os topónimos galegos ocultaban antropónimos de remotos guerreiros, Pondal inventou os protagonistas dos seus poemas a partir dos ditos topónimos. A misión destes protagonistas é que as súas fazañas sirvan de exemplo para os galegos modernos. A de Pondal é converterse nun poeta visionario que será quen instrúa e guíe o pobo para construír o futuro de Galicia.
O Helenismo
A influencia da cultura helenística, clásica e moderna, aparece en Pondal en motivos como:
- a alusión aos piñeiros como exércitos dispostos ao combate,
- o sentimento heroico, a rudeza espartana
- a morte pola patria.
Nesa ética castrense, aprécianse elementos que se refiren á virilidade e á enerxía (o elemento masculino) fronte ao débil, feble, o compoñente feminino.
A Natureza
- A concepción da natureza baséase na relixiosidade panteísta herdada dos celtas. A terra está viva, e a súa voz chega a nós como o elemento que perdura desde os tempos dos heroes, a voz da natureza é a dos devanceiros. O bardo interpreta esta voz e dá unha mensaxe clara: predicar a liberdade e retornar á patria celta.
Os Eoas
Epopea que escribe con dobre propósito: demostrar a validez do galego para cantar os máis elevados feitos por un lado, e converterse el mesmo no poeta nacional. Nesta obra encontramos unha síntese do seu mundo poético: celtismo, bardismo, para elaborar unha xesta universal, hispánica e galega: a conquista de América como misión sagrada, a de espallar o cristianismo por todo o novo continente. Faino desde a tese de que Colón era galego.