Protección e Xestión dos Espazos Naturais en Galicia: Lei 5/2019 e Figuras de Conservación
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 10,86 KB
Figuras de Protección de Espazos Naturais Protexidos (ENP)
- Reserva Natural: PORN, PRUX.
- Parque Nacional: PORN, PRUX.
- Árbores Senlleiras: Dentro de monumentos naturais.
- Paisaxe Protexida: Plan de xestión.
- Rede Natura 2000 (ZEC, ZEPA): Plan de xestión.
- Reservas da Biosfera: Plan de xestión (UNESCO).
- Humidais Protexidos: Convenio de Ramsar. Plan de xestión.
- ENIL: Espazo Natural de Interese Local.
- EPIN: Espazo Privado de Interese Natural.
- Microreserva: Menor a 20 ha, PORN, PRUX.
- Plan Director: Plan de xestión integral, común para varios espazos.
- Zonificación Reserva da Biosfera: Zona núcleo, zona tampón e zona de transición.
- Xeoparques: Declarados pola UNESCO como Reservas da Biosfera. Non se pode declarar ENIL nin EPIN en zonas onde sexa Rede Natura 2000 na rede galega de EP.
- Monumento Natural: Declaración da Xunta de Galicia.
Posta en Valor do Patrimonio Natural
Parque das Illas Atlánticas
- PORN: Plan de Ordenación de Recursos Naturais; non se declara sen este documento.
- PRUX: Plan Rector de Uso e Xestión. Protección, conservación e usos xerais.
- Rede Natura 2000: A ZEPA non implica ZEC. Primeiro é LIC (Lugar de Importancia Comunitaria); cando pasa a ser ZEC (Zona Especial de Conservación), deixa de ser LIC, sendo esta a declaración previa.
- ZEPVN: Derógase coa Lei 5/2019.
- OSPAR: Convenio sobre a protección do medio mariño do Atlántico Norte.
Outros Espazos Protexidos
- Costa de Dexo: Zona ZEC. Plan director de monumento natural: As Catedrais.
- Serra do Cando: ZEC (Zona Especial de Conservación). LIC da Comunidade Europea. A Rede Natura 2000 é de ámbito europeo.
- Lei 5/2019: Patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.
- Árbores Senlleiras: Comeza en 2007 a creación do Catálogo de Árbores Senlleiras.
- ZEPVN: Derógase na Lei 5/2019. O ZEC é BIC (Ben de Interese Cultural), plan de xestión do parque botánico. Propón o propietario ou o concello segundo a propiedade.
EPIN e ENIL
EPIN: Refuxio nacional de Galiñeiro, área de especial interese paisaxístico, fortaleza de Galiñeiro (BIC), especies en perigo de extinción (Succisa pinnatifida). Usos: Forestal, gandeiro, agrícola… Actividades: Censos, inventariado…
ENIL: Río Gafos, BIC: declarado pola Xunta. Actividades: Permite un aproveitamento.
Preguntas sobre o Uso Público do Medio Natural
1. Define acceso restrinxido:
Modelo de entrada a un equipamento ou zona, sometido a autorización, limitado a certos grupos ou cupos predeterminados de visitantes, xa sexa temporalmente ou de forma definitiva.
2. Que función ten o uso público para o desenvolvemento local?
Favorecer accións capaces de xerar un beneficio económico nas comunidades locais, tales como marcas de produtos de calidade, plans de desenvolvemento sostible ou programas de divulgación conxunta.
3. Que requisitos debe cumprir unha actividade realizada nun espazo natural para ser considerada de uso público?
Debe estar dirixida ao uso recreativo, educativo, científico, estético, paisaxístico ou ás culturas locais.
5. Cales son 5 dos contidos máis relevantes dos instrumentos de planificación e xestión dos ENP?
Obxectivos, valores a protexer, usos e aproveitamentos, medidas de conectividade ecolóxica e memoria económica/financeira.
6. Que tipos de funcións do uso público hai?
Para a conservación, para a xestión dos ENP, para o desenvolvemento local e para interactuar co visitante.
7. Cales son as modalidades de control de acceso?
Acceso controlado, acceso restrinxido, acceso sometido a tarifa e mecanismos de control e disuasión.
8. Cales son as modalidades de control de acceso?
Acceso controlado, acceso restrinxido, acceso sometido a tarifa e mecanismos de control e disuasión.
9. Que instrumentos de planificación e xestión dos ENP hai?
Plan de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN), Plan Rector de Uso e Xestión (PRUX), Plan de xestión, Normas de xestión e de conservación.
10. Para quen está destinado o uso público?
Para o público en xeral ou pode estar orientado especificamente para colectivos con demandas e características particulares.
14. Diferenza a promoción da información e a extensión nun ENP:
A primeira é a comunicación en medios e campañas para dar a coñecer o espazo; a segunda é a que se presta aos visitantes; e a terceira é prioritaria, pois vai destinada á poboación local para que coñeza os valores patrimoniais e actúe de forma responsable na conservación dos mesmos.
Preguntas Título II Lei 5/2019 (2CS)
1. Que é un Monumento Natural?
Espazo ou elemento da natureza constituído basicamente por formacións de notoria singulariedade, rareza ou beleza, que merecen especial protección. Considéranse tamén monumentos naturais os seguintes elementos que fosen expresamente declarados como tales: as árbores senlleiras e monumentais, as formacións xeolóxicas, os xacementos paleontolóxicos e mineralóxicos, os estratotipos e os demais elementos da xea que reúnan un interese especial pola singularidade ou a importancia dos seus valores científicos, culturais ou paisaxísticos.
2. En función dos bens e dos valores que se deben protexer e dos obxectivos de xestión por cumprir, os espazos naturais protexidos regulados nesta lei clasifícanse nas seguintes categorías:
- Reserva natural
- Parque
- Monumento natural
- Zona húmida protexida
- Paisaxe protexida
- Espazo protexido Rede Natura 2000
- Espazo natural de interese local (ENIL)
- Espazo privado de interese natural (EPIN)
5. Que son as zonas húmidas protexidas?
As extensións de marismas, pantanos, turbeiras ou superficies cubertas de auga, sexan estas de réxime natural ou artificial, permanentes ou temporais, estancadas ou correntes, doces, salobres ou salgadas, incluídas as extensións de auga mariña nas cales a profundidade en marea baixa non exceda de seis metros, que á vez cumpran unha función de importancia internacional, nacional ou autonómica na conservación dos recursos naturais e que sexan declaradas como tales.
6. Os espazos protexidos Rede Natura 2000 están constituídos por:
Lugares de Importancia Comunitaria (LIC), ata a súa transformación en Zonas Especiais de Conservación (ZEC), e Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA).
7. A quen corresponde a responsabilidade de xestión dos EPIN?
Ás persoas promotoras da súa declaración, que deberán ser as propietarias ou as titulares dun dereito de uso dos terreos. Pola súa vez, poderán subscribirse acordos de cesión total ou parcial da súa xestión con entidades de custodia do territorio.
8. Que zonas constitúen a Rede Galega de Espazos Protexidos?
Os principais ecosistemas, as paisaxes ou os hábitats presentes en Galicia necesarios para asegurar o mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e a preservación da diversidade xenética. Espazos naturais protexidos de competencia autonómica declarados e que se declaren no futuro nalgunha das categorías enumeradas no artigo 22.1 da Lei 5/2019, agás as liñas g) e h) (os EPIN e os ENIL).
10. A memoria da tramitación dun EPIN ou ENIL debe ir acompañada da documentación correspondente, que é:
A acreditación da conformidade das persoas propietarias ou titulares dun dereito de uso, e o acordo de Pleno do concello ou concellos correspondentes.
14. Nomea 4 tipos de áreas protexidas por instrumentos internacionais:
- Zonas húmidas de importancia internacional (Convenio RAMSAR).
- Xeoparques (declarados pola UNESCO).
- Áreas para a protección do medio mariño do Atlántico do Nordés (Convenio OSPAR).
- Reservas da Biosfera (declaradas pola UNESCO).
15. Describe as funcións de conservación das Reservas da Biosfera:
A función de conservación contribúe á conservación das paisaxes, dos ecosistemas, das especies e da variación xenética.
18. Que son os Plans Reitores de Uso e Xestión (PRUX) e cal é o seu ámbito de aplicación?
Son instrumentos de planificación da xestión dos parques e reservas naturais, aplicables ao seu ámbito territorial e, de existir, á súa zona periférica de protección.
22. Quen pode elaborar unha proposta de Reserva da Biosfera e cales hai declaradas en Galicia?
Poderán iniciar a elaboración a consellería competente en materia de conservación do patrimonio natural, outras administracións ou outras entidades que poidan efectuar a proposta.
25. Que é a zonificación dos espazos naturais?
É a delimitación de diferentes áreas para as que se designarán límites xerais e específicos.
29. Cando non é necesario facer unha avaliación ambiental dun plan ou proxecto?
Cando non causa afección apreciable a un espazo da Rede Natura 2000.
30. Que documento se pode pedir para saber se un proxecto afecta a un espazo protexido?
Un informe do órgano competente na xestión dese espazo.
31. Que debe garantir un proxecto para ser autorizado nun espazo da Rede Natura 2000?
Que non prexudica a integridade do espazo protexido.
34. Cales serán os espazos prioritarios, na administración autonómica, para garantir a conectividade ecolóxica e o prazo máximo?
Os cursos fluviais, as vías pecuarias, as áreas de montaña e outros elementos do territorio lineal ou continuo.
35. Cal é a motivación para declarar un parque natural?
Grandes espazos con beleza das paisaxes, os seus ecosistemas, ou a singularidade da súa flora, fauna e diversidade.
36. Que dereitos pode exercer a Administración sobre certos bens inmobles en espazos naturais protexidos?
Os dereitos de tanteo e retracto.