A Prosa e o Teatro Galego no Século XX e XXI: Evolución e Autores

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,58 KB

A Prosa a Finais do Século XX e Comezos do XXI

A prosa galega actual aumenta o seu número de obras debido á expansión do galego. Prodúcese unha serie de cambios con respecto á novela anterior. A finais dos 70, aparecen innovacións formais e temáticas con Carlos Casares ou Anxo Rei. Nos anos 80, gaña forza a novela fronte ao teatro, e nos 90, dase o boom literario. Prodúcese unha literatura comercial, con temática policíaca, e unha literatura máis autóctona con temas como o realismo. Tamén se desenvolve unha literatura infantil de temática variada.

Nos autores de longa traxectoria literaria, atopamos a Xosé Luis Méndez Ferrín, que mantén unha serie de constantes nos seus escritos. Nas súas obras recrea a preocupación revolucionaria, os soños, a morte, ten novos espazos literarios abertos e pechados, personaxes metamórficos e desenlaces sorprendentes. Escribiu O crepúsculo e as formigas, Crónicas de Nós e Amor de Artur, recreando unha linguaxe variada e simbolista.

Carlos Casares, cunha lingua culta e simple e un estilo sinxelo, fala de conflitos sociais e da alma humana, nun ambiente urbano con personaxes do clero... Na primeira etapa, máis autobiográfica e chea de técnicas renovadoras, atopamos Xoguetes pra un tempo novo, e na segunda etapa, máis realista, recollemos Os mortos daquel verán.

Na primeira promoción, escritores nados nos 30 e 40, publicando nos 70, atopamos a Xosé Fernández Ferreiro con Corrupción e morte de Brigitte Bardot (comercial) e Os últimos fuxidos (memorialista), a Xavier Alcalá, con Nas catacumbas, e a Alfredo Conde con Sempre me matan.

Na segunda promoción, nados nos 40 e 50 e publicando nos 80, temos a Víctor F. Freixanes con A cidade dos césares, a Suso de Toro, máis crítico e subversivo con Tic-tac, e a Manuel Rivas, máis tradicional, con O lapis do carpinteiro.

Na terceira promoción, escritores dos 50 e 60 que publican nos 90, atopamos a Xosé Carlos Carneiro, con Ébora, e a Antón Riveiro Coello con As rulas de Bakunin, e finalmente, nos escritores de novo milenio, continuadores destes, escriben Para dicir abril de Xosé Vázquez e Herba moura de Teresa Moure.

O Teatro a Finais do Século XX e Comezos do XXI

A partir da década dos setenta, o teatro galego sofre unha gran recuperación con respecto a etapas pasadas. Consolídanse autores como Raúl Dans ou Xesús Picón. Ao mesmo tempo, conviven compañías xa creadas anteriormente, como Antroido. Destaca o labor do Centro Dramático Galego como potenciador da nosa dramaturxia.

A Xeración dos 80 abandona os temas de corte social, e aborda novas temáticas dende perspectivas moi variadas. Tamén se distingue a utilización da ironía e o humor, a parodia ou o anonimato.

Algunhas das súas obras recollidas nesta etapa son Á alba pide comigo vivir, de Miguel Sande, ou Era nova e sabía o malvaísco, de Inma Souto. Os principais autores destacados son Xesús Picón, que pasa da creación de farsas satíricas e esperpénticas, con O pauto, ás relacións humanas, con Crisálidas, ou Miguel Anxo, que realiza un teatro culturalista relacionado co amor ou a sociedade, destacando A casa dos afogados.

Xa na Xeración dos 90, aparecen novos autores con obras menos simbólicas cás anteriores, pero cunha estrutura coidada. Algunhas obras son as de A actriz de Xino ou Unha rosa é unha rosa de Suso de Toro.

Os autores máis destacados son Cándido Pazó con Binomio de Newton, Raúl Dans con Martis e Miguel Anxo que recrea vellos argumentos en Historias peregrinas.

Por último, na actualidade desenvólvese o teatro do novo milenio, cun aumento de escritores, obras e premios. En xeral, os autores buscan a predominación da representación fronte á creación, para atraer a maior cantidade de público posible. Unha das compañías deste teatro é Compañía Lagarta Lagarta.

O Galego no Primeiro Terzo do Século XX

Neste período, que abrangue dende 1900 ata o comezo da Guerra Civil en 1936, xorden diversas iniciativas e fundacións a prol do galego.

No ano 1906 xorde a RAG (Real Academia Galega), de lema "recolle, corrixe e renova" e presidida por Manuel Murguía, que ten como finalidade velar pola pureza da lingua.

Un movemento moi importante é o realizado pola Liga Agraria de Acción Galega entre 1912 e 1915, con personaxes como Cabanillas.

Entradas relacionadas: