A Prosa e a Poesía Galega no Primeiro Terzo do Século XX: Nós e as Irmandades da Fala
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 5,9 KB
O Grupo Nós (Prosa do Primeiro Terzo do Século XX)
O Grupo Nós foi un núcleo de intelectuais que liderou a consolidación e modernización da prosa galega durante o primeiro terzo do século XX (período 1920-1936), influíndo tamén no ensaio.
Inicialmente interesáronse pola cultura galega e oriental, e en 1918 uníronse ao ideario galeguista e desenvolveron unha intensa actividade cultural e política. Fundaron a revista Nós (1920), fundamental para a súa difusión.
A prosa do Grupo Nós supón unha superación da temática costumista e ruralista e avanza na renovación estética e técnica, rompendo o bilingüismo diglósico e incorporando o monólogo interior e a ruptura temporal.
Autores e Obras
- Vicente Risco:
- Ensaio: Teoría do nacionalismo galego (xa citado).
- Narrativa: O porco de pé (sátira da burguesía), e relatos como Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (narrativa de ultratumba). Defende un galeguismo integral e cosmopolita.
- Ramón Otero Pedrayo:
- Ensaio: Obra ampla, centrada na conciencia ensaística de Galicia.
- Narrativa: Distingue dous grandes núcleos temáticos: a evolución da conciencia galega e a decadencia da fidalguía rural e da sociedade tradicional.
Obras Narrativas de Otero Pedrayo
- Os camiños da vida (novela realista sobre a decadencia de familias fidalgas).
- Arredor de si (novela psicolóxica cun protagonista que busca a plenitude).
Otero Pedrayo é un narrador descritivo e moroso, con moitas referencias culturais.
- Castelao:
- Narrativa: Caracterízase pola concisión e brevidade e o humor. A súa temática céntrase na denuncia das inxustizas que sofren os máis débiles, e na defensa das clases populares e do idioma.
- Obras: Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (narrativa ultrista), Cousas (45 narracións breves e ilustradas).
- Estilo: Recorrente uso de recursos expresivos (anáforas, comparacións, paralelismos...).
- Rafael Dieste (Xeración do 25): Aínda que pertence á Xeración do 25, comparte a modernización. A súa obra Os dous arquivos do trasno define a súa técnica narrativa pola brevidade, a mestura de elementos realistas e fantásticos, e a mestura do popular e do culto.
- Antonio Vilar Ponte: A súa novela Os nosos narra a vida de dous personaxes antagónicos.
As Irmandades da Fala (Primeiros Anos do Século XX)
As Irmandades da Fala (fundadas en 1916), foron asociacións culturais creadas a principios do século XX, cun papel decisivo na modernización da sociedade galega e na consolidación do nacionalismo galego.
O seu obxectivo principal era a defensa, dignificación e reivindicación da lingua galega, promovendo o seu uso na vida pública e na cultura.
Prosa e Ensaio
As Irmandades impulsaron a prosa, o ensaio e o teatro, xéneros pouco cultivados ata o momento, e comezaron a publicar obras científicas en lingua galega (como as do Seminario de Estudos Galegos).
Autores e Obras Destacadas
- Vicente Risco: Contribúe ás bases teóricas do nacionalismo coa súa produción ensaística, destacando Teoría do nacionalismo galego.
- Ramón Cabanillas: A súa produción narrativa inclúe Retrincos, cinco relatos autobiográficos de aparencia que van da infancia á idade adulta do autor.
- Outros Narradores: Antonio Villar Ponte, coa súa obra O home de nós. A revista A Nosa Terra xogou un papel fundamental para a difusión do ensaio.
- Narradores Continuadores do Século XIX: Como Antón Villar Ponte (co seu Os nosos), Manuel García Barros (As aventuras de Alberte Quiñoi), e Florencio Vaamonde Lores (Bestas bravas e Anxelica).
Poesía
A poesía deste período divídese en dúas correntes representadas por dous autores clave que marcan a continuidade co Rexurdimento:
- Escola Tradicionalista (Noriega Varela):
- Primeira Etapa: Carácter costumista e ruralista, influída polos poetas de finais do XIX. Busca a simplicidade e usa a lingua popular.
- Segunda Etapa: Carácter máis culto e refinado, con influencias do modernismo hispanoamericano (Rubén Darío). Poesía máis elaborada e coidada.
- Escola Renovadora (Ramón Cabanillas):
- Segue a tradición literaria do Rexurdimento, sen actualizar os temas. A súa poesía é máis íntima e social.
- A súa ampla produción divídese en tres liñas temáticas:
Liñas Temáticas de Cabanillas
- Poesía lírica: Sentimentos de amor, saudade, ou de dor.
- Poesía civil/de reivindicación: Na liña de Curros, con poemas que recollen os postulados do agrarismo e das Irmandades.
- Poesía costumista: Introduce novidades das correntes europeas (exóticos) ou o humor.
- Narrativa en verso: Noite estrelada (poema longo e simbólico) e as súas sagas épicas ("A espada escalibor", "O cabaleiro do Sant Grial" e "O soño do rei Artur").