A Prosa Galega do Século XX: Irmandades da Fala e Grupo Nós
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,94 KB
A prosa do primeiro terzo do século XX
Coa aparición das Irmandades da Fala en 1916, a cultura galega inicia un período de espallamento e consolidación que se manifesta en diferentes ámbitos. Centrándonos na prosa, aínda perviven rexistros da estética do Rexurdimento, pero a medida que avanzamos no século, comeza a rexistrarse un progresivo proceso de modernización coa Xeración Nós. Desta maneira, teriamos no tempo das Irmandades da Fala tres promocións diferentes: os epígonos do Rexurdimento, os membros do Grupo Nós e a chegada dos novos.
O labor das Irmandades da Fala
Foi decisivo para o desenvolvemento da prosa galega. Polo que se refire á prosa non ficcional, a figura de Antón Villar Ponte resulta fundamental, non só por marcar a transición ao nacionalismo, senón tamén por iniciar o ensaio político. A prosa de Vicente Viqueira está recollida en artigos e conferencias de carácter galeguista e republicano. Este manifestouse partidario dunha reforma pedagóxica que incluíse a incorporación do galego ao ensino. En canto á prosa ficcional galega, as Irmandades iniciaron un proceso de renovación. Á beira da revista Nós, resultaron decisivas para a consolidación da prosa as primeiras coleccións da novela curta, como a colección "Celtiga", da editorial Lar. Lograron que os autores máis significativos do momento participasen neste proxecto de nove novelas breves cun prezo módico que servirían como achegamento á cultura popular. Os autores continuadores das liñas estéticas decimonónicas e outros chegaron a ser figuras destacadas. Tras a desaparición de Lar, será a editorial Nós a que seguirá na tarefa de modernización da literatura galega.
O Grupo Nós
Ao entusiasmo nacionalista xurdido en Galicia a partir das Irmandades da Fala sumáronse varios grupos de intelectuais, arredor da figura de Vicente Risco, principal impulsor da liña culturalista das Irmandades, e levou o nome da revista Nós. Nela colaboran Vicente Risco como principal ideólogo e etnógrafo, Otero Pedrayo como historiador, xeógrafo e prosista, e Florentino Cuevillas como prehistoriador. O Grupo Nós supuxo a consolidación e modernización da prosa galega nos seus máis variados rexistros. Dentro do seo do seu grupo distínguese o cenáculo ourensán Nós, no que se recoñece unha pequena procedencia pequeno burguesa e non están contentos cos seus tempos, o que os leva a buscar fóra da cultura galega algo co que sentirse identificados, e posteriormente danse de conta de que o que procuran está en Galicia. En estreita relación con este núcleo está a figura de Castelao, que será decisiva para a cultura galega. Nun primeiro momento ligado ao nacionalismo culturalista de Risco, participando activamente na revista Nós como director artístico, pero a partir dos trinta vaise distanciando ao elaborar a súa propia teoría nacionalista, cuxos obxectivos serán o autogoberno e o progreso en todas as ordes do pobo galego. O sistema ideolóxico do pobo galego baseábase na europeización e universalización da cultura galega tomando como base as propias raíces, e a terra e a paisaxe serán o factor catalizador do especificamento galego.
A narrativa dos novos
Outro dos grupos importantes anteriores á guerra civil creouse arredor do Seminario de Estudos Galegos, fundado en 1923 co obxectivo de promover o estudo científico da realidade galega. Este feito, unido a unha clara vontade rupturista, propiciou que recibisen o nome de novecentistas, entre os que destaca Rafael Dieste, xa que a súa actividade a prol da república motiva que, finalizada a guerra, teña que exiliarse e vai residir en Bos Aires, Inglaterra e México. Finalmente, en 1961 regresa a Galicia e morre 20 anos despois. A súa obra máis importante é Dos arquivos do trasno.
Hai que ter en conta escritores daquela época como Castelao, Vicente Risco ou Ramón Otero Pedrayo.