A Prosa Galega no Século XX: Continuadores, Irmandades e Xeración Nós
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 11,66 KB
Continuadores do século XIX
Manuel García Barros
Contos da Terra (1932): serie de relatos breves de temática costumista e ton cómico que se axustan á estética decimonónica. As aventuras de Alberte Quiñoi (de forma póstuma): libro que narra as peripecias dun rapaz labrego. Ken Keirades destaca polo seu galego próximo á fala popular, manexado con mestría e cunha gran variedade de léxico concreto.
Francisca Herrera Garrido
As súas obras destacan a submisión da muller, a defensa do seu papel maternal e a idealización do mundo rural. Estilo: depurado e rico, pero con certas doses de artificiosidade. Néveda (1920), A ialma de Mingos (1922) e Martes de antroido (1925).
Gonzalo López Abente
Fixo novelas curtas de ambiente mariñeiro: O deputado por Beiramar (1919), O escándalo (1920), O novo xuez (1922), Buserana (1926) e Fuxidos (1926).
A prosa das Irmandades
A prosa galega tivo avances na época das Irmandades demostrados por estes feitos:
- Aparición por primeira vez do ensaio, un medio de difusión da ideoloxía nacionalista.
- Desenvolvemento da prensa en galego. Destacamos: A Nosa Terra (1º director: Antón Vilar Ponte e colaboradores: Johán Vicente Viqueira, Vicente Risco, Castelao…)
- Difusión de diferentes coleccións de narrativa. Como nas editoriais Céltiga ou Lar que serviron de soporte para moitas creacións dos novelistas deste período.
Os ensaístas máis importantes
Johán Vicente Viqueira
Colaborador de A Nosa Terra.
Antón Vilar Ponte
Artífice da renovación ideolóxica das Irmandades e exerceu como grande animador da vida política e cultural. Os seus artigos, discursos, ensaios… foron recollidos en 1971 no volume Pensamento e sementeira.
Ramón Vilar Ponte
Foi un dos máis brillantes e o seu libro Doctrina nazonalista (1921) constitúe o primeiro tratado teórico do nacionalismo galego.
Entre os prosistas de ficción destacaron
Leandro Carré Alvarellos
Escribiu varias novelas, algunhas publicadas na colección Lar: Naiciña (1926) ou O xornal de Mavi (1927).
Xosé Lesta Meis
Autodidacta e o narrador máis salientable das Irmandades. Obras máis importantes:
- Manecho o da rúa (1926): novela breve que conta a vida dun emigrante na Habana que volve a Galicia para morrer.
- Estebo (1927): novela que trata da emigración en Cuba, con escenas que recrean dun xeito exótico o traballo duro nas plantacións de cana e azucre.
- Abellas de ouro (1928): conxunto de 13 descricións de arquetipos femininos rurais. É unha homenaxe ás mulleres galegas, representadas polas da súa aldea.
A xeración Nós: a prosa
Periodización da Xeración Nós
Pregaleguismo (anterior a 1918)
Xurdiu en Ourense. Coñecido como o “cenáculo ourensán”. Están Risco, Cuevillas, Pedrayo e Arturo Noguerol.
Características
- Procedían da clase acomodada (fidalguía e pequena burguesía) → acceso a boa educación e unha formación cultural profunda.
- Rexeitan o modelo de sociedade que ven e amosan unha postura elitista e de aristocraticismo intelectual.
- Estaban desvinculados da nosa cultura e do movemento nacionalista.
- Os seus presupostos ideolóxicos e estéticos baseábanse na defensa do individualismo e na procura do exótico.
A evolución do pregaleguismo ao galeguismo: Nós, os inadaptados (Vicente Risco), Arredor de si (Pedrayo) e Dos nosos tempos (Cuevillas).
Galeguismo (1918-1936)
Primeiros contactos coas Irmandades da Fala (con Antón Losada e Castelao). A adhesión ao galeguismo foi case inmediata.
Características
- Concluíron que o camiño da universalidade pasaba primeiro pola asunción e o coñecemento da propia cultura.
- Co fin de romper co illamento de Galicia e de incorporala á Europa, desenvolveron un intenso labor político e cultural.
- No eido político, interviñeron no movemento nacionalista a través das Irmandades da Fala, e xa en 1931 participaron na fundación do Partido Galeguista.
- No eido cultural, a revista Nós (voceiro da xeración), creada en 1920, supuxo a actualización das nosas letras.
A etapa de posguerra (ata a morte dos autores)
Supuxo a ruptura da unidade do grupo e o remate da súa actividade como tal: Risco acabaría renunciando, Pedrayo e Cuevillas víronse obrigados ao silencio intelectual e político, Castelao tomou o camiño do exilio e outros como Arturo Noguerol ou Ánxel Casal foron executados.
(Pedrayo e Castelao terán un compromiso co galeguismo ata a súa morte)
Trazos comúns dos compoñentes da Xeración Nós
- Son de procedencia social acomodada.
- Posúen unha gran formación intelectual.
- Viven a mesma evolución ideolóxica.
- A súa ideoloxía caracterízase por sintetizar o tradicionalismo e o pensamento progresista e liberal.
- Gran vocación pedagóxica, pois coa súa obra pretenden modificar o pensamento e as actitudes da sociedade galega.
- Creadores da prosa galega moderna e amosan un estilo persoal inconfundible.
A madurez da nosa literatura
A renovación da lírica viría dada polas figuras como Risco, Pedrayo e Castelao propiciarán a madureza definitiva do noso teatro e, sobre todo, da nosa prosa.
Renovación na prosa da Xeración Nós
Prosa de ficción: novela
- Diversifícase a temática: novela realista urbana, novela histórica, novela psicolóxica…
- Incorpóranse técnicas narrativas dos autores máis destacados da narrativa europea do momento: introspección e monólogo interior, ruptura da secuencia temporal…
Obras representativas
- O porco de pé - Risco (realista)
- A romeiría de Xelmírez - Pedrayo (histórica)
- Arredor de si - Pedrayo (psicolóxica)
- Os dous de sempre - Castelao (realista)
Prosa científica: ensaio
- Axéitase o idioma para a expresión científica moderna.
- Abránguense todas as áreas do saber: política, historia, literatura, etnografía, arte…
Obras representativas
- Teoría do nacionalismo - Risco (política)
- Ensaio histórico sobre a cultura galega - Pedrayo (historia da cultura)
- As cruces de pedra na Galiza - Castelao (arte)
Prosa de ficción: conto
- Consolídase o conto literario caracterizado pola busca da brevidade e a síntese.
- Diversifícase a temática na procura da orixinalidade.
Obras representativas
- Do caso que lle aconteceu ó Dr. Alveiros - Risco
- Contos do camiño e da rúa - Pedrayo
- Cousas e Retrincos - Castelao
Vicente Risco
Produción narrativa
- Do caso que lle aconteceu ó Dr. Alveiros: foi a súa primeira creación narrativa, un relato situado no mundo extraordinario de ultratumba e cargado dun humor macabro. Nesta obra, Risco deixa constancia da súa ideoloxía, facendo patente a súa oposición ao pensamento racionalista.
Supón un importante avance xa que coa súa temática rompe os tópicos da tradición do século XIX e incorpora á nosa literatura asuntos como o esoterismo ou o mundo máxico e marabilloso que atraería a autores como Castelao, Pedrayo, Cunqueiro… - O porco de pé: única novela de Risco que conta a historia de don Celidonio, un comerciante foráneo que se instala na cidade de Auria. A figura do protagonista, caracterizado coma un porco, sérvelle a Risco para criticar desde a vulgaridade e o materialismo da nova burguesía ata a perda da galeguidade.
A ironía é un recurso moi usado en Risco nesta obra, seguido da enumeración e as imaxes paródicas e caricaturescas.
Outras obras: O lobo da xente (relato), O trabe de ouro (relato), A coutada (historia dialogada) e Os europeos en Abrantes (novela inacabada).
Produción ensaística
Risco, gran teorizador e posuído dun innegable afán didáctico, atopou no ensaio o seu mellor medio de expresión.
- Nós, os inadaptados (publicado na revista Nós) expoñe a evolución ideolóxica da súa xeración.
- Leria: recompilación de ensaios xa publicados acrecentados con novos textos como “O sentimento da terra na raza galega”.
Outras obras: Teoría do nacionalismo galego e Mitteleuropa.
Lingua e estilo
Estilo narrativo funcional, caracterizado pola claridade, a agudeza e a sobriedade expresivas e con apenas recursos retóricos.
Ramón Otero Pedrayo
Produción narrativa
- O purgatorio de D. Ramiro: relato que trata nun ton de humor, a temática de ultratumba: as peripecias do esqueleto dun fidalgo. Segue as liñas iniciadas por Risco (Do caso que lle aconteceu ó Dr. Alveiros) e Castelao (Un ollo de vidro).
- Contos do camiño e da rúa: volume de contos na preguerra que é unha recompilación de 7 narracións nas que ofrece unha visión entre melancólica e humorística das vivencias de diversos personaxes ligados á fidalguía.
Outras obras: Pantelas, home libre (relato histórico-realista), Escrito na néboa (novela psicolóxica), Os camiños da vida (novela histórico-realista), Arredor de si (novela psicolóxica), A romeiría de Xelmírez (novela histórico-culturalista), Fra Venrero (novela histórico-culturalista) e Entre a vendima e a castañeira (contos histórico-realistas).
Produción ensaística
- Pelegrinaxes: crónica da marcha a pé que fixeron el, Risco e outros amigos desde Santiago ao santuario de Santo André de Teixido mesturada con reflexións sobre a vida aldeá e descricións da paisaxe galega.
Outra obra: Ensaio histórico sobre a cultura galega.
Castelao
Produción narrativa
- Un ollo de vidro: novela breve das memorias dun esquelete. O protagonista, un esqueleto, narra as peripecias dos seus compañeiros de camposanto. Castelao consegue desenvolver dúas das constantes da súa obra: o compromiso social e o humor. O efecto humorístico conséguese grazas á visión distorsionada, distanciada e crítica que introduce o punto de vista do esqueleto que, co seu ollo de vidro, contempla o mundo dos vivos.
- Cousas: relato formado por 45 narracións líricas que apareceron en dúas recompilacións, considerada a súa creación máis orixinal. Trazos básicos: unidade perfecta entre debuxo e texto, carácter sintético e carente de artificiosidade, combinación de realismo, lirismo e humor e protagonismo do pobo, co que se busca a complicidade.
Outras obras: Retrincos (relato) e Os dous de sempre (novela).
Produción ensaística
- Sempre Galiza: ensaio histórico-político que consta dun Adro, no que Castelao compara a realidade galega coa estremeña, e catro libros. Desde unha perspectiva de nacionalismo progresista, Castelao expón nesta obra as súas reflexións sobre múltiples temas: autogoberno, defensa do idioma, exilio, sentimento de Galicia…
Outras obras: As cruces de pedra na Bretaña e As cruces de pedra na Galiza.