Prosa Galega: Realismo Social e Tradición Literaria (1936-1976)

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,41 KB

A Prosa Galega entre 1936 e 1976: Un Período de Recuperación e Transformación

A prosa galega producida entre 1936 e 1976 desenvólvese nos primeiros anos da recuperación da literatura galega, nos anos 50, e precede á aparición da Nova Narrativa Galega. Tras a Guerra Civil, houbo un período de silencio editorial obrigado que se prolongou ata a década dos 50.

Figuras Destacadas e Obras Clave

  • Otero Pedrayo: Destacou con Entre a vendima e a castañeira (1957).
  • Ricardo Carballo Calero: Publicou A xente de Barreira (1950), unha obra que narra a evolución e decadencia dunha familia fidalga rural na fronteira do século XIX.

As Figuras Máis Importantes:

  • Blanco Amor:
    • Destacou no ámbito narrativo, sendo un dos máximos representantes do realismo social.
    • Despois de A esmorga (1959), explorou ambientes urbanos subdesenvolvidos, con protagonistas extraídos das clases populares, empobrecidas e marxinadas.
    • A esmorga, ambientada nos baixos fondos ourensáns, céntrase en tres personaxes transgresores incapaces de ser donos do seu destino.
    • Técnicamente, é innovadora ao constituírse por un diálogo do que só se recollen respostas a preguntas que o lector debe supoñer.
    • Presenta un perspectivismo obxectivista, onde o relato adopta a visión do protagonista.
    • Utiliza vulgarismos e dialectalismos, cun estilo coloquial e sinxelo acorde cos personaxes.
    • No ano 1962 publicou Os biosbardos, un relato en primeira persoa cun protagonista e narrador infantil.
    • En 1972, publicou Xente ao lonxe, que retrata a sociedade de Ourense a principios do século XX.
  • Ánxel Fole:
    • Publicou Á lus do candil (1953), Terra brava (1955), Contos da néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1981).
    • As súas obras son unha reprodución literaria e culta do conto popular.
    • Destaca o uso do humor, temas misteriosos e esotéricos, aparicións, premonicións, telepatía e medo.
    • Emprega unha lingua coloquial con dialectalismos e vulgarismos, defendendo o"galego oral, aínda que sexa escrit".
    • Utiliza interpelacións aos oíntes e os seus finais adoitan ser didácticos.
  • Alvaro Cunqueiro:
    • A súa obra narrativa divídese en dous grupos:
    • Novelas: Merín e familia (1955), As crónicas do sochantre (1956), Si o vello Sinbad vólvese ás illas (1961). Nestas novelas aparece o mundo mítico de Cunqueiro, unha mestura de realismo e fantasía, incorporando mitos doutras tradicións e o uso da paisaxe da Galicia tradicional e rural.
    • Relatos breves: Escola de menciñeiros (1960), Xente de aquí e de acolá (1971) e Os outros feirantes (1979). Nestes relatos empréganse técnicas extraídas do relato oral, baseados na descrición de personaxes con peculiaridades. Cunqueiro desbota a temática social nestas obras.
  • Neira Vilas:
    • As súas obras aparecen nos anos 60, introducindo innovacións semellantes ás da Nova Narrativa Galega.
    • Aínda que vivindo emigrado, non mantivo contacto directo con estes autores.
    • A súa obra céntrase na descrición realista dos modos de vida da Galicia rural e no mundo da emigración.
    • As súas obras agrúpanse en tres eixos temáticos:
    • Vivencia infantil do mundo da aldea: Memorias dun neno labrego (1961), Cartas a Lelo (1971), Aqueles anos de Moncho (1977).
    • Mundo rural observado desde a perspectiva dun adulto: Xente non rodicio (1965), Querido Tomás (1980).
    • Centradas na emigración: Camiño de brétemas (1967), Historias de emigrantes (1968) e Remuiños de sombras (1973).

Temática Xeral da Prosa do Período

A temática predominante na prosa deste período céntrase no retrato da Galicia tradicional. Observamos unha dobre vertente:

  • Realidade material: Descrición da paisaxe e da comunidade que interactúa con ela.
  • Realidade inmaterial: Recreación da complexidade psicolóxica do ser humano galego.

Entradas relacionadas: