A Prosa Galega do Primeiro Terzo do Século XX: As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,56 KB
Introdución
Coas Irmandades da Fala (A Coruña, 1916), a cultura galega inicia un período de desenvolvemento e consolidación.
- Integrantes: Irmáns Villar Ponte, Cabanillas, Castelao, Losada Diéguez, Risco, Otero, etc.
Consciencia das eivas da prosa: narrativa tradicional (temática labrega), ensaio inexistente e xornalismo desaproveitado na súa capacidade de normalización.
Crean unha infraestrutura cultural: revistas (A Nosa Terra, Nós) e editoriais ("Nós", novela longa; "Céltiga" e "Lar", novela curta).
Cultivan un xornalismo e ensaio de carácter político, construíndo o pensamento nacionalista e galeguista da época.
A narrativa ten un papel determinante, desenvolvido polo Grupo Nós (Grupo Ourensán).
A denominación procede da revista Nós (Ourense, 1920). Revista cunha tripla dimensión: científica, literaria e política.
- Integrantes do Grupo Nós: Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas.
Características:
- Evolución de "inadaptados" ao descubrimento de Galicia. Os tres escriben obras nas que explican as causas da súa evolución.
- Rigorosa formación cultural que eles aportaron á cultura galega.
Vicente Risco
Biografía
Ourense (1884).
Obra Ensaística
Teoría do Nacionalismo Galego (1920):
- Marca o pensamento galeguista antes da Guerra Civil.
- Defensa da tradición e do catolicismo. Exaltación do ser de Galicia a través da lingua e a paisaxe.
Obra Narrativa
O Porco de Pé (1928): Cume da narrativa de Risco.
- Don Celidonio (representa o materialismo e a vulgaridade) ascende socialmente.
- Visión satírica da sociedade.
- Humor. Ironía. Expresionismo.
- Síntese do seu pensamento filosófico.
Importancia de Risco na Literatura
- Marca o pensamento nacionalista da preguerra.
- Axitador cultural. Movementos vangardistas.
- Renovador da narrativa (primeira novela urbana. Humor crítico e intencionalidade didáctica).
Otero Pedrayo
Biografía
Ourense (1888). Familia liberal e culta.
- Contacto coa natureza. Marco espacial das súas novelas.
- Vasta cultura que proxecta sobre a cultura galega.
- Calidade de polígrafo: narrador, ensaísta, dramaturgo, poeta, conferenciante, orador.
Obra Narrativa
A. Narracións Histórico-Realistas:
Relatan cun visión obxectiva a vida e sociedade rural da Galicia do século XIX.
- Os Camiños da Vida.
B. Narracións Culturalistas ou de Introspección Psicolóxica:
Os personaxes perden protagonismo fronte á expresión de ideas e as referencias culturais para interpretar a Galicia.
- Arredor de Si (1930). Adrián Solovio retrata a conversión ao galeguismo do propio Otero e dos homes do Grupo Nós.
Temas e Estilos Recorrentes da Narrativa Oteriana
- Temas: a tradición, a fidalguía e a paisaxe. (Coincidencia ideolóxica con Risco).
- Estilos: épico e lírico.
O Ensaio
Difícil marcar a barreira entre algunhas páxinas das súas novelas e do seu ensaio.
Temática preferentemente histórica e cultural.
Importancia de Otero na Literatura e Cultura Galega
- Creador, xunto con Risco, da prosa galega moderna.
- Grande variedade na súa obra.
- Labor como xeógrafo e como político.
Castelao
Biografía
Rianxo, 1886.
- Infancia: experiencia da emigración. Regreso: estudos de medicina.
- Fronte ao Grupo Nós, sempre mantivo unha actitude de servizo a Galicia.
- Exilio.
- Simbiose literatura-pintura.
Obra Narrativa
Cousas (1926, 1929, 1934).
- Conxunto de prosas con ilustracións de temática variada. Desenvolvidas en ambiente labrego ou mariñeiro.
- Fórmula máis orixinal e característica de Castelao.
Características da Prosa de Castelao
- Visión dignificada do pobo galego.
- Técnica narrativa: dominio da forma breve e sinxela. Emprego de riscos selectivos que denotan o fundamento da historia, o resto: información condensada ou suxerida.
- Mestura de lirismo con humorismo.
- Arte popular.
Ensaio
- Sempre en Galiza (Bos Aires, 1944). Marca o pensamento galeguista de posguerra.
Castelao na Historia da Cultura Galega
- Labor como político.
- Comprensión da "alma" galega.
- Personaxe polifacético: narrador, autor teatral, ensaísta e artista (pintor, debuxante).
Rafael Dieste
Achega á Literatura Galega
Inclúese neste tema por compartir unha idea semellante á que os homes de Nós tiñan da prosa, que respectase a tradición, pero que á vez fose innovadora.
Biografía
Rianxo (1899).
- Obra en galego antes da Guerra Civil.
- Exilio en Arxentina. Regreso a Galicia onde retoma o vínculo coa lingua galega.
Obra Narrativa
Dos Arquivos do Trasno (1926).
- Presenta un dobre eixo temático:
- Psicoloxía da xente galega.
- Experiencias extraordinarias. Finais abertos suxiren explicación racional.
- Características formais:
- Presenza do elemento popular (punto de partida dos relatos nos temas ou simple ambientación) adaptado e estilizado á modernidade (narrador en primeira persoa, finais abertos...).