A Prosa Galega de Posguerra (1936-1976): Autores e Obras
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,53 KB
A Prosa Galega entre 1936 e 1976
Debido a diversos factores, entre eles á situación política xerada, a prosa galega perde continuidade e o traballo iniciado pola Xeración Nós vese así truncado. Só a partir dos anos 50 se vai iniciar unha recuperación grazas, principalmente, ao labor dos homes de Galaxia. Entre os seus membros destaca un grupo de narradores caracterizados pola súa orixinalidade e homoxeneidade. Referímonos concretamente a Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor e Xosé Neira Vilas.
Ánxel Fole
As obras de Fole teñen fontes diversas (tradición oral, acontecementos vividos polo autor ou da súa propia imaxinación), variada tipoloxía (relatos fantásticos, policíacos, de aventuras…) e unha serie de características:
- Apelación aos oíntes
- Apariencia real
- Moraliña final
En canto á técnica empregada, destacamos a do conto oral. Na súa obra destacan:
Á luz do candil e Terra brava (narradas ao xeito dos contos orais), Contos na néboa e Historias que ninguén cre (presentan diferenzas coas obras anteriores: ambientación urbana ou ter como argumento mesmo unha anécdota).
Álvaro Cunqueiro
Podemos dividir a súa prosa en dúas liñas:
Narrativa longa
- Merlín e familia: Historias relacionadas polo protagonista, Merlín.
- As crónicas do sochantre: Novela cuxo personaxe principal é o sochantre de Pontivy.
- Se o vello Sinbad volvese ás illas: Protagonizada polo mítico personaxe d'As mil e unha noites, presentado coma un mariñeiro vello que, xa retirado, ten que inventar historias para manter o prestixio.
Semblanzas
Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá e Os outros feirantes.
Eduardo Blanco Amor
A súa obra desenvólvese en Auria (Ourense). Escribe en primeira persoa e emprega temas recorrentes: o mundo da infancia e a adolescencia, o mundo da violencia, a soidade…
Dentro da súa obra podemos destacar:
- A esmorga: Comeza cun pretexto titulado «Documentación» no que un narrador explica como chegou a coñecer a historia que vai contar. O seu protagonista, Cibrán, conta como el e mais os seus amigos, o Milhomes e o Bocas, acabaron declarando ante un xuíz.
- Os biosbardos: Sete narracións protagonizadas por un grupo de rapaces de condición humilde nas que o autor nos presenta a Auria de principios de século.
- Xente ao lonxe: Constitúe unha visión da sociedade ourensá de principios do s. XX. É a crónica da familia Villar, de clase traballadora e formada por activos sindicalistas, desde o nacemento do fillo máis novo ata unha inminente morte do pai.
Xosé Neira Vilas
Podemos clasificar a súa obra en catro liñas temáticas:
Protagonista infantil
- Exemplos: Memorias dun neno labrego (maniféstanse as inquedanzas e a frustración do protagonista, que vive nun mundo labrego de miseria e represión) ou Aqueles anos do Moncho.
Protagonista adulto
- Exemplos: Xente no rodicio ou A muller de ferro.
Tema da emigración
- Exemplos: Camiño bretemoso ou Historia de emigrantes.
Literatura infantil
- Exemplos: Espantallo amigo ou Contos vellos para rapaces novos.