A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas).
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 7,46 KB
A Prosa entre 1936 e 1975: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro E Neira Vilas)
Desde 1936 a literatura galega
Deixa de existir durante máis dun decenio. No exilio publícanseA
Esmorga, deBlanco
Amorou Memorias dun neno labrego deNeira
Vilas.
Principais liñas:1.
Continuación da prosa da Xeración Nós
Carballo Calero, autor da primeira novela de posguerra, A xente da Barreira, 1951.2.
Realismo fantástico:Álvaro Cunqueiro
Trátase dunha literatura que mestura elementos
Culturalistas de orixe árabe (Simbad), greco-latina (Orestes) ou nórdica
(Merlín) con recursos da cultura popular.3.
Realismo popular:Ánxel Fole
O popular ascende á categoría
De culto a través dun texto que nunca se afasta do relato oral, da xeografía
Luguesa, da lingua dialectal.4.
Realismo social
Eduardo Blanco Amor
Situadas no Ourense (Auria) de principios do s.
XX, plasman a vida das clases obreiras ou marxinais, denunciando as inxustizas
Que padecen.5.
Realismo rural: Xosé Neira Vilas
As penurias da vida labrega, non exentas de denuncia.6.A Nova Narrativa Galega da
Man dos autores máis novos, comoMéndez FerrínouCarlos
Casares, unha prosa totalmente diferente e moderna./Principais
Autores da etapa:
I
Álvaro Cunqueiro (1911-1981).
Características:
*Mestura de Realismo e fantasía: personaxes da literatura universal
(Merlín, Sinbad...) comparten con xentes do pobo galego vivencias e
Preocupacións.
*Predominio da oralidade no estilo: coma os
Contos de súa nai e na botica do pai, o que influíu no seu gusto pola maneira
Tradicional de contar, cheo de apelacións ao oínte, comentarios do narrador,
Alusións ás fontes...
*Tendencia á disgregación da novela: Non hai unha estrutura clásica de
Presentación, desenvolvemento e desenlace, senón unha técnica de relato dentro
Do relato, ou relatos sucesivos cun débil fío argumental.Merlín e familia(1955) é a máis coñecida: recreación
Da materia de Bretaña desde a particularidade dunha perspectiva galega.
Escribiu tamén libros con breves retratos de personaxes populares con toda a
Aparencia de seres reais, aínda que ás veces os seus poderes ou aventuras sexan
De natureza marabillosa, relacionados coas crenzas da nosa cultura tradicional.
II
Ánxel Fole (1903-1986). A súa obra está formada case exclusivamente por
Libros de contos (Á lus do
Candil, 1953 e Terra
Brava, 1955) ambientados nesas montañas de Lugo e escritos coa lingua
Que alí se fala. Seguen a técnica dos contos populares, que se contaban antes
“á luz do candil” entre varias persoas. Tamén os temas seguen esa tradición
Oral: contos de lobos, de aparecidos e premonicións da morte; de lendas
Populares (a Santa Compaña...) combinados cun agudo sentido do humor.
III
Eduardo Blanco Amor(1897-1979). Toda a súa narrativa é en Ourense (que el chama Auria) a
Principios de século. Dúas das súas novelas están consideradas do mellor da
Narrativa galega./-A esmorga (1959) participa da renovación na narrativa galega da época, tanto
Na temática (protagonismo compartido, das clases populares) como na forma
(técnica telefónica). É a declaración perante un xuíz dun acusado que relata a
Historia tráxica del e dous compañeiros, todos homes marxinais, en 24 horas de
Bebedela e que acabará coa morte de todos./-Xente
Ao lonxe (1972) é unha radiografía do Ourense de principios de
Século a través da experiencia dun grupo de traballadores, vinculados a
Organizacións de carácter obreiro e sindical, que loitan por unha escola laica
E popular fronte á burguesía que pretende unha escola relixiosa. O personaxe
Principal é Suso, neno de 12 anos que vai madurando ao longo da obra.
IV
Xosé Neira Vilas(1928-2015): Liñas:
-Galicia interior: a sociedade campesiña, marcada pola opresión e pola pobreza económica,
Cultural e ideolóxica. Destaca Memorias
Dun neno labrego (1961), o libro máis lido da literatura
Galega e traducido a moitas linguas. Trátase dunha novela de estrutura sinxela,
En boca dun neno que non se conforma con esa vida e se ve obrigado a
Emigrar. -Galicia emigrante: mostran os problemas xerados a causa da emigración forzosa: a morriña
Da terra, o illamento e as dificultades de adaptación ao mundo urbano, a loita
Por saír da miseria... Historias
De emigrantes (1968)./Na década dos 50, cando se inicia a
Recuperación da literatura galega , xorde un grupo de mozos que incorpora á
Nosa narrativa novos motivos e novas técnicas relatoras, son os integrantes
Da Nova
Narrativa Galega(estudada noutro tema
): intención innovadora e desexo de ruptura formal coa tradición
Narrativa./O autor máis destacado é Xosé
Luís Méndez Ferrín(1938), cunha obra moi variada e moi relacionada entre si, formada por
Novelas e relatos curtos que comparten a creación dun mundo fantástico, con
Forte presenza de violencia e elementos políticos tratados de forma alegórica.O
Crepúsculo e as formigas (1961) é un conxunto de relatos nos
Que deforma a realidade facéndonos dubidar se o que narra é real ou imaxinario./Outro autor que comezou coa Nova
Narrativa Galega foi Carlos
Casares (1941-2002), pero as súas mellores
Novelas son posteriores e de feitura moito máis clásica. Nesta corrente
Inscríbense o libro de relatos Vento
Ferido (1967) e a novela Cambio
En tres (1969).