Prosa de fins do XX

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,76 KB

11. PROSA DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI. TEMAS E AUTORES DOS 80 E DOS 90. PROSISTAS E TENDENCIAS ACTUAIS RELEVANTES.
A autonomía política e as súas consecuencias cambiaron os vectores culturais de Galicia, saíndose a literatura dos estreitos círculos. Incorpóranse novos autores, os de máis idade formados nos ambientes culturais ideolóxicos do franquismo, publican as súas obras a fins dos 60 e principio dos 70, cunha poesía na liña de herdanza de Celso Emilio Ferreiro, e despois pasaranse á narrativa. Unha xeración máis nova, aporta novos acentos á poesía, ó mesmo tempo produce importantes aportacións a outros xéneros.
Nos 70 ábrese un novo período na narrativa, caracterizado polo abandono do experimentalismo da Nova Narrativa Galega. A aparición de diferentes premios na narrativa propicia a aparición de novos valores e a diversificación de estilos: Pedrón de Ouro, Premio Blanco Amor, Premio Xerais.
Na narrativa actual, hai unha dispersión de estilos e tendencias. Temos elementos caracterizadores do conxunto: menor tendencia ós elementos simbólicos, ampliación temática e novos subxéneros, carácter urbano, vocación cosmopolita , tendencia ó culturalismo e escepticismo social e político, produción editorial masiva.
Pódense establecer uns agrupamentos nos últimos anos:

··A narrativa a partir de 1970, un grupo de autores que se iniciaron como poetas nos últimos anos dos 60. Descubríronse como narradores, promovidos polos importantes premios de relato ou novela. Neste panorama podemos sinalar tendencias:
··Realismo ruralista e etnográfico, explora o imaxinario popular do medio rural galego, toman como modelo a Anxel Fole. Autores como: Xosé Fariña Jarmado, A feira do Carballiño, Ánxel Sevillano, Historias do canizo, Xº M. Del Caño, O mal tempo, Carlos Reigosa, Homes de tras da corda.
·Narrativa memorialista, centrada na guerra civil e na inmediata posguerra. Autores como Ramón Valenzuela, Era tempo de apandar, Silvio Santiago, O silencio redimido, Alonso Ríos, O siñor Afranio.
·Narrativa histórica, recrea momentos do pasado. O principal cultivador é Xoán Bernández Vilar, Un home de Vilameán, No ano da cometa.
·Realismo sociolóxico, reflicte os conflitos da sociedade galega. Autores como Alfredo Conde, Xavier Alcalá, Xosé Fernández Ferreiro, Morrer en Castrelo de Miño, e Carlos Durán, Galegos de Londres.
·Narrativa alegórico-social, resulta da evolución do realismo sociolóxico, ó incorporar a reflexión sobre a identidade e a historia do pais. Nas obras mostrase de forma alegórica a situación do pobo galego, cunha base realista, elementos fantásticos. Autores como Xavier Alcalá, Fábula, Paco Martín, E agora un ceo de lama, Daniel Cortezón, A vida sulagada.
·Narrativa de xénero, resultado dos ensaios de Xosé Fernández Ferreiro có western e a ciencia-ficción. Autores como Lois Fernández Marcos, Homes do espacio, e Lois Diéguez, Galou z-28.
·Narrativa renovadora e experimental, os textos rompen cas tendencias dominantes, crean formulas narrativas persoais e experimentalistas. Autores como Carlos Casares, Xoguetes para un tempo prohibido, Rei Ballesteros, Dos anxos e dos mortos, e Alfonso Pexegueiro, Relatos para salferir.
··Novos narradores dos 80, autores contribuíron a consolidar a variedade da narrativa. Algúns danse a coñecer como poetas, e non abandoaron a poesía cando empezaron ca narrativa. As principais tendencias:
··Narrativa de xénero, no experimentalismo cabe citar as tentativas da ciencia-ficción de Ramón Caribe Ogando, Manuel Seixas ou Lois Fernández Marcos; narrativa erótica de Bieito Iglesias, Xulio L. Valcárcel ou César Cunqueiro; novela sentimental, Ramiro Fonte, Miguel Suárez Abel; western, Carlos Reigosa ou Isidro Novo. Pero o xénero que consegue maior difusión é a novela policiaca con Carlos Reigosa, Crime en Compostela, e Raña Lama. A novela negra introduciu notas de costumismo urbano e crítica social, Xelís de Toro, Antón Risco, Xavier Manteiga...
·Narrativa humorística, unida a critica social e de costumes, incluíndo a Joel R. Gómez, Xavier Alcalá... O humorismo convértese en elemento definidor do mundo narrativo de Bieito Iglesias e Alfonso Álvarez Cáccamo.
·Novela histórica, adcribense obras de Xesús Rábade Paredes, Darío Xohán Cabana ou María Gándara.
·Narrativa fantástica e marabillosa, o modelo de Cunqueiro e a tradición artúrica e valores connotativos,inflúen a Darío Xohán Cabana ou Marica Campo.
·Narrativa urbana e experimental, móvense autores e tendencias caracterizados pola experimentación formal e a exploración de mundos narrativos infrecuentes.Iniciou o camiño Suso de Toro, seguido por Xelís de Toro ou Xosé Ballesteros. Con estas formulacións literarias hai que sinalar a literatura bravú con Xurxo Souto e Santiago Jaureguízar.
··A estes autores podemos engadir outros, que publican na mesma época de fins dos 80 e principios dos 90:
··Marilar Alexandre, incorpora á literatura a narrativa infantil, A formiga coxa, logo trata novos temas,o misterio en Tránsito dos Gramáticos,intriga A compaña clandestina de contrapublicidade, novela policiaca, Unha presa de terra.
·Darío Xohán Cabana, achegase a narrativa a fins dos 80 con Galán en Saor, que define as características do mundo narrativo. As súas últimas novelas pretenden unha interpretación ideolóxica da historia, con dúas direccións: política ficción, O cervo na torre e a novela histórica, Morte de rei.
·Suso de Toro, proposta que serviu de modelo de distintas liñas narrativas de fin de século, dende o realismo sucio á novela experimentalista: Polaroid, Land Rover, Ambulancia.
·Manuel Rivas, acada o éxito con Un millón de vacas, relatos de humor e lirismo, e elementos que definen os seus relatos e as súas novelas: As chamadas perdidas, Os comedores de patacas.
·Outros autores son: Xosé Carlos Caneiro, Luís Rei Núñez, Manuel Veiga, Xosé Ramón Pena.
··A comezos do século XXI, podemos indicar algunhas tendencias e fenómenos característicos da narrativa: consolidación de certas liñas temáticas da etapa anterior: novela policiaca, An Alfaya e Diego Ameixeiras, humorística, Martinez Pereiro, Hector Carré, a fantástica, Xabier López, a gótica e de terror, Carlos Vila, Anxo Franco, a sentimental, Miguel Sande ou a ciencia.ficción, Mariña Pérez. A proliferación da narrativa histórica con Xabier Alcalá, Suso de Toro, Manuel Veiga... O conflito idiomático como tema con Manuel Veiga, Sechu Sende. O experimentalismo con Xurxo Borrazás e Antón Dobao. A eclosión da narrativa de mulleres con Ros Arneiros, Uxía Casa, Teresa Moure.

Entradas relacionadas: