Pronominais Galegos: Clasificación, Función e Colocación

Enviado por Chuletator online y clasificado en Francés

Escrito el en español con un tamaño de 4,39 KB

Aspectos Clave na Análise de Pronominais Galegos

Para analizar un pronome en galego, considera os seguintes puntos:

  1. Clasificar o pronome en átono ou tónico.
  2. Identificar persoa e xénero, se o ten.
  3. Determinar a función que realiza.
  4. Comentar sobre o alomorfo, se procede.
  5. Razoar a colocación: proclítica ou enclítica.

1. Pronome Tónico

Os pronomes tónicos teñen libre colocación e poden desempeñar diversas funcións:

  1. Suxeito: Aqueles que utilizas cando conxugas un verbo. Tamén cando comparas: é máis alto do que pensas ti.
  2. Termo de preposición ou conxunción: Isto é para ...

2. Persoa e Xénero

Identifica a persoa (1ª, 2ª, 3ª) e o xénero (masculino, feminino) do pronome, cando sexa aplicable.

3. Función que Realiza

Pronominais Tónicos

  • A) Suxeito: (Ver punto 1.a)
  • B) Atributo: Acompañan aos verbos ser, estar, parecer, semellar.
  • C) Complemento Directo (CD) con preposición.
  • D) Complemento Indirecto (CI) con preposición.
  • E) Vocativo.

Pronominais Átonos

Con función específica:

  • Complemento Directo (CD) sen preposición.
  • Complemento Indirecto (CI) sen preposición.
  • Atributo.
  • Reflexivo (sempre CD): Acción sobre a mesma persoa (me, te, se, nos, vos).
  • Recíproco: Varias persoas (se non hai CD é CD, se hai é CI) (me, te, se, nos, vos).

Sen función específica:

  • Pronominal: Morfema integrado na forma verbal (me, te, se, nos, vos).
  • Impersoal: Non ten suxeito. Verbo en 3ª persoa.
  • Pasiva reflexa: Verbos en 3ª ou 6ª persoa. Para diferenciar a pasiva reflexa (P3), se se pode pasar a plural, é pasiva reflexa.
  • Dativo de interese: Uso innecesario (me, che, nos, vos, lle, lles).
  • Dativo de solidariedade: (che, lle, vos, lles) Introducen ao interlocutor na conversa.

4. Alomorfos

Do pronome de 3ª e 6ª persoa de CD (o, a, os, as):

  1. Se o verbo ou pronome ao que se une remata en -R ou -S, aparecen as formas -lo, -la, -los, -las.
  2. Se o verbo ao que se une acaba en ditongo, aparecen as formas -no, -na, -nos, -nas.

5. Colocación do Pronome

Cando se coloca antes do verbo, van en proclise (forma proclítica). Cando se coloca despois do verbo, van en enclise (forma enclítica).

Regras Xerais de Colocación

  • Os pronomes tónicos teñen libre colocación.
  • O pronome átono nunca encabeza unha oración.
  • A posición natural dun pronome átono é despois do verbo e pegado a el (enclise).

1) Cando un pronome depende dun só verbo. Condicións que provocan proclise:

  1. Enunciados exclamativos ou interrogativos.
  2. Negación.
  3. Cando antes do verbo hai un indefinido (excepcións: algún, demasiado, máis, os máis, menos, moi, moito, outro, tal, tan, tanto, un, os demais).
  4. Un adverbio.

(Excepcións: Onte e os relacionados; antes, daquela, agora, despois; ás veces, de cando en vez; enriba, debaixo, diante, detrás; dentro, fóra, preto, lonxe; adverbios rematados en -mente cunha pausa diante).

  1. Cando o pronome que estamos a analizar leva diante unha subordinada.

2) Cando o pronome depende de dous verbos:

Dúas posibilidades: debe-te levar / debe levarte.

Se hai algo que o impida, só afecta ao primeiro verbo: non te debe levar, non debe levarte.

3) Dous verbos unidos por un elemento de relación:

Hai-te que levar / hai que levarte / hai que te levar.

Se hai algo que o impida:

Non te hai que levar / non hai que levarte / non hai que te levar.

Entradas relacionadas: