Procesos Xeolóxicos: Modelaxe e Dinámica da Terra

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geología

Escrito el en español con un tamaño de 3,62 KB

Os Procesos Xeolóxicos

Todos aqueles fenómenos que cambian o relevo da superficie terrestre.

Procesos Xeolóxicos Endóxenos

Están producidos pola enerxía interna da Terra. Son os fenómenos do magmatismo e as forzas que deforman as rochas, elevan as cordilleiras, causan terremotos, etc.

Procesos Xeolóxicos Exóxenos

Impulsados pola atmosfera e pola hidrosfera que, á súa vez, dependen da enerxía solar e da gravidade. Son os procesos da modelaxe do relevo.

Evolución do Relevo

Os procesos endóxenos adoitan asociarse coa creación de novos relevos, xa que producen a elevación das cordilleiras ou a aparición de terreos volcánicos. Os procesos exóxenos adoitan asociarse á destrución ou á modelaxe de relevos xa existentes por desgaste.

Formación e Transformación de Rochas

Rochas Magmáticas

Proceden da solidificación de magmas, que son masas de rochas que se funden no interior da codia e do manto.

Rochas Metamórficas

Orixínanse a partir da transformación en estado sólido doutras rochas que son sometidas tanto a presións coma a temperaturas elevadas.

Rochas Sedimentarias

Fórmanse pola compactación e a cementación de sedimentos.

Enerxía Interna da Terra

Contén unha gran cantidade de enerxía, denominada enerxía xeotérmica, que mantén as capas máis profundas do planeta a temperaturas de miles de graos centígrados.

Movemento das Rochas polo Calor

A enerxía xeotérmica transfírese desde o núcleo cara ao exterior en forma de calor, e pode causar desprazamentos das rochas do manto, que teñen un comportamento plástico debido á presión e á temperatura que soportan.

A Litosfera e as Placas Tectónicas

A Litosfera

A capa máis superficial do planeta non é unha capa continua, senón que se atopa dividida en fragmentos que se denominan placas litosféricas ou placas tectónicas.

Tipos de Bordos de Placas

  • Bordos Diverxentes

    Límites entre dúas placas que se separan unha da outra.

  • Bordos Converxentes

    Son límites entre dúas placas que se aproximan unha á outra.

  • Bordos Transformantes

    Límites entre dúas placas que se moven lateralmente, unha con respecto á outra.

Fenómenos Xeolóxicos

Orixe dos Magmas

En zonas da litosfera ou do manto superior onde se xeran unhas condicións que provocan a fusión das rochas. A formación das rochas magmáticas intrusivas ou plutónicas, como os granitos, prodúcese por arrefriamento lento do magma. A actividade volcánica implica a formación de rochas magmáticas extrusivas ou volcánicas, como o basalto ou a pedra pómez.

Actividade Volcánica

Un volcán é unha greta da litosfera por onde sae ao exterior o magma. Todos os volcáns teñen cámara magmática, cheminea, cráter e edificio volcánico. A saída de magma a través dun volcán denomínase erupción.

Metamorfismo

Procesos xeolóxicos que causan aumentos de presión e temperatura transforman as rochas noutras diferentes chamadas rochas metamórficas.

Deformación das Rochas

  • Deformacións Plásticas (Dobras)

    Son as dobras.

  • Fracturas (Fallas)

    Son roturas da masa de rocha; así se orixinan as fallas.

Terremotos

Vibracións do terreo que se producen ao romper grandes masas de rocha. Cando as ondas sísmicas chegan á superficie fan que o terreo se ondule. Tamén orixinan enormes ondas chamadas tsunamis se acontecen no fondo mariño.

Entradas relacionadas: