Procesos operativos dun almacén: recepción, ubicación, preparación e expedición
Enviado por Chuletator online y clasificado en Formación y Orientación Laboral
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,41 KB
Procesos operativos dun almacén
Conozcamos a continuación as actividades ou operacións que se realizan en cada un destes procesos operativos:
Proceso Operativo de Recepción de Mercancía
Con este proceso iníciase a fase final do acordo establecido cun proveedor ao emitir un pedido de compra focalizándose, por tanto, nos procedementos de entrada da mercancía adquirida no almacén.
Actividades principais neste proceso:
- Descargar a mercancía do vehículo/transporte contratado polo proveedor/vendedor e introducila ou transportala ao área de recepción de mercancía do almacén.
- Verificar e inspeccionar a mercancía ou produtos recibidos en cantidade, calidade e información que acompaña á mercancía (albarán de entrega, nota de entrega, etc.).
- Identificar e codificar a mercancía recibida para o seu control e xestión a nivel interno.
- Dar “de alta” a mercancía recibida no stock do almacén.
Proceso Operativo de Ubicación de Mercancía
Este proceso operativo fundamental para un almacén estará centrado no percorrido(s) que realizará a mercancía ou os produtos adquiridos dende a zona de recepción e inspección do almacén ata a zona de almacenaxe e reposo final.
Actividades principais deste proceso:
- Recoller a mercancía na zona de recepción.
- Recibir as instrucións de ubicación final.
- Transportar a mercancía á ubicación ordenada.
- Aloxar na ubicación final.
- Confirmar ao SGA ou WMS que a colocación se realizou correctamente.
Proceso Operativo de Preparación de Mercancía
Este proceso fundamental está relacionado cos procedementos de saída da mercancía dun almacén.
Operacións básicas:
- Preparar a orde de picking ou extracción.
- Recorrer o almacén ata os puntos de extracción.
- Extraer a mercancía da súa ubicación.
- Transportar a mercancía á zona de expedición.
Proceso Operativo de Expedición de Mercancía
É o proceso final co cal se procede á saída efectiva da mercancía fóra do almacén.
Operacións típicas:
- Consolidar as unidades de cada pedido.
- Acondicionar convenientemente cada pedido.
- Controlar que cada pedido se realice de forma completa.
- Emitir a documentación que acompañará á mercancía ao longo do transporte.