Principios e impacto da Ilustración en España no século XVIII

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,56 KB

As ideas fundamentais do pensamento ilustrado

Orixe e principios da Ilustración

A Ilustración foi o movemento intelectual máis característico da Europa do século XVIII. Partindo da crítica ao pensamento tradicional e á sociedade do seu tempo, a Ilustración defendeu o coñecemento baseado na razón para loitar contra a superstición e a ignorancia, así como fomentar as ciencias experimentais que, xunto co desenvolvemento económico e as reformas sociais e políticas, levarían ao progreso e o benestar.

A Ilustración en España: Problemas e propostas

Na procura dos seus obxectivos, os ilustrados españois propuxeron proxectos de reforma que buscaban solucionar os problemas que identificaban na España do século XVIII: a ignorancia, o atraso económico, a debilidade da agricultura, os privilexios estamentais ou as formas de goberno, foron asuntos de reflexión da Ilustración española.

Pilares do pensamento ilustrado: Sociedade, economía e política

Consideraban que todas as persoas buscan a felicidade e que iso debe ser a base dunha organización social racional. Deste xeito, débese respectar a liberdade individual e a igualdade de dereitos e obrigacións de cada persoa. Estas ideas cuestionan os fundamentos da sociedade estamental, baseada na desigualdade e os privilexios.

A defensa da liberdade tamén marcou o pensamento económico e político. Influídos pola fisiocracia e o liberalismo económico apostaron por liberalizacións para fomentar o desenvolvemento. Así foron partidarios da liberdade de comercio e opuxéronse ao réxime señorial que convertía en propiedades invendibles (amortizadas) as que pertencían á Igrexa ou a morgados nobiliarios. A nivel político, as ideas da Ilustración francesa como a separación de poderes influíron nos pensadores españois pero a maioría optou por colaborar coa monarquía e así impulsar as reformas desde o goberno.

O papel da educación na Ilustración

Para os ilustrados o papel do ensino era fundamental para a mellora cultural do país e o seu progreso. Deste modo propuxeron un ensino básico obrigatorio que permitira superar a ignorancia e as supersticións que tanto criticaron autores como Feijoo, defensores dun cristianismo racional e crítico.

Impacto e figuras clave da Ilustración en España

Ao longo do século XVIII estes principios ilustrados inspiraron proxectos reformistas que, con impacto limitado dado que o movemento foi feble en comparación con outros países europeos, renovaron a cultura e a economía española:

Primeira metade do século XVIII

Na primeira metade do s. XVIII destaca o labor intelectual crítico co pensamento tradicionalista de algúns ilustrados como o Padre Feijoo e Mayans.

Segunda metade do século XVIII: O reinado de Carlos III

Na segunda metade do século o reinado de Carlos III (1759-1788) é o exemplo do despotismo ilustrado en España. Esta forma de goberno intentaba desenvolver políticas reformistas inspiradas nos principios ilustrados sen renunciar ao absolutismo político. Carlos III, que tivera contacto coa Ilustración en Nápoles,

Entradas relacionadas: