A Primeira Guerra Mundial: Causas, Etapas e Consecuencias

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,47 KB

A Primeira Guerra Mundial (1914-1918)

En 1914 estalou en Europa a Primeira Guerra Mundial e os países agrupáronse en dous bandos:

Bandos en Conflito

  • Os Imperios Centrais: Alemaña, Austro-Hungría e Turquía, coa incorporación doutros estados posteriormente.
  • A Entente: Francia, Rusia e Reino Unido, coa incorporación de Estados Unidos e outros estados posteriormente.

Causas da Gran Guerra

As causas están nas tensións existentes en Europa antes de 1914:

  • Conflitos políticos e territoriais:
    • Francia reclamaba Alsacia e Lorena a Alemaña.
    • Italia e Austria-Hungría disputaban por Istria e Trento.
    • Conflitos nacionalistas: os imperios austrohúngaro e turco estaban enfrontados nas guerras balcánicas.
    • Enfrontamentos coloniais: entre as potencias imperialistas polo control de territorios.
  • Rivalidades económicas.
  • Sistemas de alianzas militares que desembocaron nunha carreira armamentística chamada Paz Armada.

O Detonante: O Asasinato de Saraxevo

A chispa da guerra foi o asasinato en Saraxevo do arquiduque Francisco Fernando, herdeiro da coroa de Austria-Hungría, por un estudante nacionalista serbio. Como consecuencia, Austria-Hungría declaroulle a guerra a Serbia.

Características do Conflito

As características da guerra que a diferenciaron doutros conflitos foron a súa grande extensión territorial, xa que nela participaron 16 nacións, o emprego de novas armas, de novos sistemas defensivos e de novas modalidades de loita.

Etapas da Guerra

  • A Guerra de Movementos (1914): Alemaña intentou unha vitoria sobre Francia para derrotar a Rusia, pero Francia resistiuse e o rápido avance ruso obrigou a Alemaña a enviar tropas á fronte oriental.
  • A Guerra de Posicións (1915-1916): Ante a falta dunha vitoria, as frontes estabilizáronse ao longo de extensas liñas de trincheiras protexidas desde as cales se lanzaron ofensivas. Nesta fase, a guerra converteuse nun conflito mundial tras a entrada de máis países como Italia e Xapón.
  • O Final da Guerra (1917-1918): 1917 é o ano clave do conflito, xa que é o ano da incorporación dos Estados Unidos xunto aos aliados e da retirada de Rusia tras o triunfo da Revolución Comunista. En 1918 os aliados iniciaron unha ofensiva en todas as frontes e os Imperios Centrais rendéronse.

A Paz e o Tratado de Versalles

Na Conferencia de París os vencidos asinaron tratados que os obrigaban a reducir o seu exército, pagar reparacións de guerra e realizar cesións territoriais. Especialmente, o Tratado de Versalles impuxo a Alemaña a perda de Alsacia e Lorena e de todas as colonias.

Consecuencias da Primeira Guerra Mundial

  • Máis de 9 millóns de mortos.
  • Graves perdas materiais.
  • Agudización dos contrastes entre as clases traballadoras e as clases medias empobrecidas.
  • Promoción dunha ideoloxía pacifista.
  • Abolición das dinastías que gobernaban os Imperios Centrais.
  • Adopción do sufraxio universal masculino na maioría dos países.
  • A hexemonía mundial europea foi substituída pola dos Estados Unidos.

Entradas relacionadas: