Prexuízos e Normativización do Galego: Conflito Lingüístico

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,6 KB

Estereotipos e prexuízos lingüísticos

O normal é que os membros dunha mesma sociedade utilicen a mesma lingua para comunicarse. O uso dunha segunda lingua só será necesario para comunicarse co exterior. No caso da coexistencia galego-castelán prodúcese un conflito lingüístico que dá lugar á diglosia. Este fenómeno prodúcese cando existe un desigual reparto de usos entre dúas variantes ou linguas e cada unha se usa en contextos distintos e cumpre funcións diferentes. Adoitan ter un status social diferenciado, cunha lingua A para contextos importantes e unha B para contextos informais.

O conflito lingüístico defínese como a tensión entre dúas linguas para asumir un maior número de falantes e usos. Unha das solucións é a substitución lingüística, que consiste na implantación dunha lingua foránea como propia, un posterior bilingüismo diglósico e, por último, un abandono da lingua propia. A única solución que permite a supervivencia da lingua é a normalización, a recuperación dos usos e funcións da lingua en subordinación.

Prexuízos Lingüísticos

Os prexuízos lingüísticos son xuízos de valor que presentan trazos negativos sobre unha lingua e os seus falantes para provocar o seu rexeitamento. Fundaméntanse na suposta existencia de linguas “boas e importantes” e outras “non axeitadas”. O galego sofre prexuízos como o de lingua de poucos falantes ou dialecto, outros máis vellos como a vinculación ao rural, atraso e pobreza, e outros máis novos como lingua artificial e marca ideolóxica e nacional. Estes prexuízos provocan o reforzamento do castelán e o uniformismo político e cultural, e cómpre eliminalos para que a normalización teña éxito.

Historia da Normativización

A variedade estándar é o modelo de lingua común, identificada e aceptada polos falantes como o uso correcto do código lingüístico; corresponde ao nivel medio e ao rexistro formal e é a que se debe usar na escola, nos medios, administracións, etc. No proceso de normalización dunha lingua e culturas minorizadas é importante a súa normativización. Esta consiste en elaborar e seleccionar unha variedade estándar determinada como modelo de corrección idiomática a través dunha ortografía, gramática e dicionarios que fixen unha norma.

No caso do galego, este proceso constou de varias etapas:

  • O galego popularizante (ata fins do s. XIX): cheo de castelanismos e vulgarismos e con escasa pretensión codificadora e inadecuación na escoita.
  • O galego enxebrista (ata 1936): que buscou marcar diferenzas co castelán destacando a faceta máis enxebre da lingua.
  • O galego protoestándar (ata fins dos 70): simplificado e punista.
  • O galego estándar: supradialectal, fiel á historia e á actualidade e respectuoso coas linguas da contorna.

O galego vólvese obxecto de estudio filolóxico e atópanse solucións ás deformacións na escrita. En 1982 apróbanse as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, froito do acordo da RAG e o ILGA. Son revisados en 1995 e reformados en 2003.

As interferencias lingüísticas son os cambios que se producen nunha lingua por influencia doutra; no noso caso, a maioría provén do castelán. As desviacións lingüísticas son solucións que se aportan do estándar (vulgarismos, hipergaleguismos…) e que cómpre evitar.

Entradas relacionadas: