Prexuízos Lingüísticos e a Realidade do Galego

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,74 KB

Esta desigual repartición de usos entre ambas as linguas provocou que se asentase en boa parte da sociedade un fondo complexo de inferioridade denominado autoodio, un sentimento de rexcitamento e de desprezo polos sinais de identidade propios. Xurdiron así, os prexuízos lingüísticos, valoracións e actitudes negativas cara ao idioma galego co obxectivo de provocar o seu rexeitamento. Están baseados en estereotipos, ideas simplificadoras e irracionais sobre a nosa lingua e sobre os seus falantes.
A desfavorable situación sociolingüística do galego a partir do século XV favoreceu a conformación dun estereotipo que asocia o galego cunha persoa de clase baixa e do hábitat rural, xa que efectivamente a maioría da poboación rural contaba con poucos recursos económicos e non tiña, maioritariamente, acceso á educación, que era en castelán. Pola contra, xerouse un estereotipo de carácter positivo cara aos falantes do castelán, que se consideran persoas de clase media-alta e do hábitat urbano.
Na actualidade, aínda que a lingua galega superou moitos destes atrancos e é empregada en todos os ámbitos, aínda subsisten algúns destes prexuízos:
  • Prexuizos vellos: Debido á realidade histórica derivada da imposición do castelán en Galicia a partir do século XV e da forte marinación que o noso idioma padeceu desde entón, naceron determinados prexuízos que podemos clasificar en:
    • Prexuízos socioeconómicos: que asocian o galego coa pobreza e co atraso, como unha lingua rural fronte ao progreso do mundo urbano, polo que o seu estudo é unha perda de tempo e illanos do exterior e da modernidade. A pesar de que o castelán foi tradicionalmente asociado ao ascenso social, nin no pasado nin na actualidade podemos asociar o galego a unha clase social concreta nin cunha situación de precariedade económica.
    • Prexuízos socioculturais: segundo os cales o uso do galego é un sinal de descortesía ou mala educación ante a xente que non o fala. Ademais, non é apto para a cultura ou ciencias como as Matemáticas.
    • Prexuízos estéticos: aqueles que fan referencia á característica "agradable" ou "desagradable" do idioma en conxunto ou dalgún dos seus trazos: "Os chistes en galego son máis graciosos", "O galego é unha lingua bruta e mal soante", "A gheada soa mal", "O galego é unha lingua doce e agarimosa"...
Algúns destes exemplos son prexuízos falsamente positivos, xa que todas as linguas son doces e ásperas, todas son graciosas e melodiosas, etc. En definitiva, todas as linguas teñen capacidade de expresaren os múltiples matices que esixe a comunicación humana.

Entradas relacionadas: