Prevención de Riscos Laborais: Obrigas e Dereitos

Formación y Orientación Laboral5,73 KB

Obrigas do empresario

Deber de protección do traballo: deber de garantir a protección do traballo fronte aos riscos laborais que poidan ocorrer no traballo.

Obriga de planificar a prevención de riscos: elaborar un plan de prevención de riscos.

Obriga de avaliar os riscos laborais: existe unha avaliación inicial e outras periódicas.

Obriga de proporcionar equipos de traballo e medios de protección: equipos de traballo que sexan seguros.

Obriga de proporcionar equipos de protección individual (EPI): de forma gratuíta, adecuada ao danho que protexen, con marca CE como garantía de calidade, ergonómicos e de uso persoal, e debe informar e formar.

Obriga de elaborar un plan de emerxencia: analizar as posibles situacións de emerxencia, deseñalo ao persoal, coordinarse cos servizos externos.

Obriga de adoptar medidas en caso de risco grave e inminente: adoptar medidas e dar instrucións para que os traballadores poidan interromper a actividade e abandonar inmediatamente o posto de traballo; facultar aos representantes dos traballadores para comunicar inmediatamente ao empresario e autoridade laboral en 24 horas.

Obriga de informar e formar: debe informar aos traballadores dos riscos xerais, ofrecer información teórica e práctica, e adaptar os riscos ao posto de traballo.

Obriga de consulta e participación: recoñecemento do dereito a ser consultados e participar na decisión do empresario en materia de prevención de riscos, a través dos delegados de prevención e do comité de seguridade e saúde.

Obriga de vixilancia da saúde: obriga a realizar recoñecementos médicos periódicos, probas imprescindibles e necesarias, e comunicar a condición de apto ou non apto.

Obriga de protección de grupos especialmente sensibles a determinados riscos: protección de mulleres embarazadas e en período de lactación, protección de menores e traballadores sensibles, traballadores contratados por ETTs.

Obrigas do traballador

Obriga de traballar: usar adecuadamente os equipos de traballo, informar de inmediato ao seu superior e cooperar co empresario.

Responsabilidades en materia de prevención

Responsabilidades

Empresa: as infraccións que cometa son obxecto de sancións administrativas, que poden conlevar responsabilidade administrativa, civil e penal, e recargo de prestacións da Seguridade Social.

Traballador: pode ser sancionado por falta leve, grave ou moi grave que sinale o convenio, desde unha amonestación verbal ata o despido disciplinario; ter responsabilidade civil ou penal polas súas accións ou omisións a outras persoas.

Inspección de Traballo: vista a empresa para comprobar o cumprimento da normativa, actas de infracción e sancións, advertencias e requirimentos, paralización inmediata da actividade, elaboración de informes.

Organización da prevención na empresa

Asunción por parte do propio empresario: menos de 10 traballadores.

Designación de uno ou varios traballadores: capacidade suficiente, dispoñibilidade de tempo e medios, e gozar de garantías.

Servizo de prevención propio: máis de 500 traballadores, ou entre 250 e 500 en riscos especiais, debido á perigosidade.

Funcións: elaborar o plan de prevención, avaliar riscos, priorizar accións, formación e información, vixilancia da saúde, actuacións de emerxencia.

Servizo de prevención allea: entidade especializada contratada polas empresas.

Participación dos traballadores en materia de riscos

Delegados de prevención: son designados polos propios representantes entre eles.

Comité de seguridade e saúde: centros de máis de 50 traballadores, formado polos delegados de prevención e igual número de representantes da empresa.

Competencias e facultades: ser consultados e participar na planificación, efectuar propostas, ser informados, documentación, inspección e paralización.

Xestión da prevención

Xestión da prevención: evitar riscos, avaliar os riscos que non se poidan evitar, combater os riscos na orixe, substituír o perigoso, planificar a prevención e a protección, antepoñer a protección colectiva, dar instrucións, adaptar ao traballo, e ter en conta a evolución da técnica.

Avaliación e acción en materia laboral

Avaliación de riscos laborais: o método de avaliación de riscos do INSST consiste en valorar a probabilidade e as consecuencias.

Xestión de accidentes de traballo: deben investigarse para coñecer as circunstancias e causas que os producen, de maneira que se poidan evitar outros accidentes futuros. Investigación de accidentes; rexistrar e notificar accidentes (Ministerio de Traballo e notificación dos accidentes de baixa laboral).

Descargar

PDF Word HTML