Política e Sociedade en España: Gobernos de Aznar e Zapatero

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,95 KB

O Terrorismo en España

O goberno solicitou ao resto de gobernos europeos a colaboración contra o terrorismo e promoveu a Lei Orgánica de Partidos Políticos (2002) para ilegalizar aqueles que non condenasen a violencia terrorista.

O terrorismo islamista estivo presente o 11 de marzo de 2004, cando a organización Al Qaeda colocou bombas en Madrid. O goberno acusou a ETA, e isto repercutiu nas seguintes eleccións, que o PP perdeu.

A política exterior

O goberno continuou os compromisos coa OTAN, e España integrouse na súa estrutura militar en 1997. Abríronse relacións con Gran Bretaña sobre Xibraltar.

As relacións con EEUU foron excelentes pola amizade entre Bush e Aznar, plasmadas no apoio español á invasión de Iraq en 2003. O apoio á guerra supuxo un gran desgaste para o PP.

Os Gobernos de Zapatero (2004-2011)

O PSOE gañou as eleccións en 2004.

Unha intensa axenda social

Durante a primeira lexislatura, suspendeu a reforma educativa do PP. Desenvolveu unha intensa política social, con leis como a Lei Integral contra a Violencia de Xénero (2004), e permitiu o matrimonio entre persoas do mesmo sexo.

Coa nova vitoria en 2008, mantivo o goberno paritario no que as mulleres desenvolveron un papel moi significativo.

Zapatero tratou de mellorar as relacións entre as Comunidades Autónomas e o goberno central. Estableceu un novo modelo de financiamento das autonomías.

O terrorismo seguiu sendo unha das principais preocupacións do país. O goberno iniciou en 2005 un proceso de negociación con ETA, que anunciou en 2011 o abandono da actividade terrorista.

Política exterior

O goberno retirou as tropas de Iraq, deteriorando as relacións con EEUU. Zapatero optou polo multilateralismo, a volta á política europea e ao eixo franco-alemán, e abandeirou a chamada Alianza das Civilizacións.

A pesar diso, o papel de España foi moi discreto.

Do crecemento económico á crise

En 2007 produciuse a crise das hipotecas de alto risco ou subprime nos Estados Unidos, provocando a caída das bolsas. O goberno infravalorou o alcance da crise e aumentou o desemprego. A repercusión da crise en España foi maior ca noutros países pola dependencia do sector da construción e da especulación financeira.

Para evitar a bancarrota do sistema financeiro, o Estado procedeu á fusión e rescate destas entidades con axudas públicas multimillonarias.

Aumentou a prima de risco. O goberno seguiu as recomendacións da Troika (organismo formado pola Comisión Europea, o Fondo Monetario Internacional e o Banco Central Europeo, que estuda a economía dun país e propón reformas) para reducir o déficit.

En 2011 houbo unha xornada de protesta contra os recortes en Madrid que se estendeu por boa parte de España: o movemento 15-M.

Entradas relacionadas: